• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA gaña 902,4 millóns de euros, cunha rendibilidade do 15,1%

  • A entidade mantén unha sólida rendibilidade sustentada polo crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance
  • Contención de gasto derivada da obtención de sinerxías e a aplicación de medidas de eficiencia
  • ABANCA eleva o seu volume de negocio por enriba dos 136.000 millóns de euros
  • Intenso crecemento comercial: 160.000 novos clientes captados no conxunto do mercado ibérico no ano
  • Canalizados máis de 17.500 millóns de euros en novo financiamento a familias e empresas
  • Ratio de capital CET1 do 14,1%, o que supón máis de 2.200 millóns de euros de folgura en capital e 850 millóns de folgura en MREL
  • Mantense a elevada calidade do activo, cun cociente Texas do 20,2%, á cabeza do sector
  • Culminada con éxito a integración tecnolóxica de EuroBic, décima en 10 anos e a de maior alcance
  • O banco supera as liñas mestras do seu plan estratéxico 2025-2027 e reforza a súa contribución á sociedade
Imaxe da presentación de resultados de 2025

De esquerda a dereita, o CEO de ABANCA, Francisco Botas, o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o director xeral financeiro, Alberto de Francisco, durante a presentación dos resultados do 4T2025.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Principais magnitudes do exercicio 2025

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación de resultados ABANCA 2025 Presentación de resultados ABANCA 2025 Ver ficheiro PDF
  • Principais magnitudes ABANCA 2025 Principais magnitudes ABANCA 2025 Ver ficheiro PDF
28-01-2026
Resultados

ABANCA obtivo no ano 2025 un beneficio atribuído de 902,4 millóns de euros, cunha rendibilidade ROTE do 15,1%. O resultado obtido baséase no crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance.

Con iso a entidade supera con claridade os seus obxectivos de negocio e resultado para o ano, acreditando a súa capacidade para xerar ingresos recorrentes a través do seu modelo de negocio. Así, a entidade presentou ratio CET1 do 14,1%, por enriba do 13% definido como obxectivo; taxa de morosidade do 2,1%, mellorando o obxectivo do 2,5%; crecemento do volume de negocio do 6,1%, por enriba da media do mercado, e con iso gaña cota de mercado tanto no negocio de financiamento como no de prestación de servizos; e ROTE do 15,1%, superior á banda do 10-15% esperada.

A entidade logrou en xeración de resultado recorrente un desempeño superior ao resto das entidades españolas comparables: sitúase nos postos 1 ou 2 nos rankings por variación da marxe de intereses, por variación de ingresos por prestación de servizos e por variación da marxe básica.

As axencias de rating respaldan a boa evolución e desempeño do banco con melloras continuas das súas cualificacións. ABANCA suma sete subidas de rating financeiro en doce meses, a última este mesmo mes de xaneiro por parte de Fitch. En 2025 entrou no bloque de cualificacións de nivel A de dúas axencias.

Intensa captación de novos clientes

En 2025 a entidade elevou o seu volume de negocio por enriba dos 136.000 millóns de euros e o seu negocio continúa amosándose robusto no conxunto da Península Ibérica.

O exercicio pechouse cun forte ritmo de captación de novos clientes en España e Portugal. Un total de 160.000 novos clientes incorporáronse á base de clientes de ABANCA, con máis do 70% destas altas producidas fóra da zona na que é líder do mercado, o que supón un 17% máis que no ano anterior.

Este crecemento produciuse grazas, entre outros factores, ao elevado estándar de calidade de servizo ao cliente da entidade: o 64% dos novos clientes valoran a súa relación co banco cunha nota de 9 ou máis (sobre 10) e o índice de prescrición neta (IPN) subiu 4 puntos respecto a un ano antes.

Portugal supón xa o 16% do volume de negocio total da entidade. Cumprindo o calendario previsto, ABANCA culminou no último trimestre do ano a integración de EuroBic, unha exitosa operación que reforza as súas capacidades de crecemento no país. As novas formalizacións de crédito a particulares e empresas superaron os 7.000 millóns de euros no ano, máis do dobre que en 2024, co que a cota de formalizacións creceu en 82 puntos básicos no mercado portugués.

B100, a marca de banca dixital de ABANCA, amosou tamén unha elevada capacidade de crecemento e tracción de novos clientes. Con este innovador modelo, co que a entidade creou unha nova categoría de banca, The Healthy Banking, B100 logrou captar máis de 100.000 novos clientes ao peche de 2025.

Durante 2025 B100 logrou fitos no ámbito medioambiental e social como a alianza con Gravity Wave e Ayúdame3D para producir próteses a partir de redes de pesca recicladas. Superáronse ademais as 9 toneladas de plásticos recollidas polo proxecto medioambiental apoiado a través de Pay to Save (ingresos xerados polo uso das tarxetas de B100).

Sólida capacidade de xeración de resultados

O resultado obtido por ABANCA en 2025 reflicte a súa capacidade de xeración de resultados de alta calidade de xeito recorrente, cunha marxe bruta que se incrementou grazas á boa evolución do negocio con clientes. A marxe de intereses mantén o seu papel como motor do resultado e mellorou no último trimestre do ano por efecto do dinamismo comercial e a boa xestión de prezos.

Pola súa banda, os ingresos por prestación de servizos reforzan a xeración de resultado core tras crecer un 13,5% no ano. Todos os seus compoñentes contribúen ao impulso, con crecementos do 8,8% en contratos de seguros, do 7,5% en servizos bancarios, do 10,4% en cobros e pagos, e do 18,7% en fóra de balance e seguros.

Os gastos de explotación redúcense trimestre a trimestre grazas á obtención de sinerxías post-integracións e á mellora da eficiencia, que foi mellorando trimestre a trimestre ata situarse no 50,8% ao peche de ano (49,0% no 4º trimestre estanco).

A entidade mantén a súa habitual prudencia na identificación de riscos e a dotación de provisións a pesar dos seus elevados niveis de cobertura. O custo do risco mantense controlado, nun nivel do 0,21%, cunha ratio de morosidade do 2,1%, unha taxa de cobertura deses activos do 83,7% e 116 millóns de euros de exceso sobre provisións contables.

Crecemento en todos os negocios e xeografías

O volume de negocio xestionado por ABANCA supera os 136.000 millóns de euros, o que supón un crecemento do 6,1% en termos interanuais. Este volume supón unha cota de mercado do 3,3% en España e do 3,2% en Portugal. O crédito á clientela situouse en 52.939 millóns de euros, mentres que os recursos totais alcanzaron os 83.339 millóns.

A carteira de crédito en situación normal incrementouse nun 7,7%, ata os 52.662 millóns de euros. O crédito á clientela está centrado de xeito claro no sector privado: o 84% do total corresponde ao conxunto de empresas e particulares. Destacan os crecementos da carteira de hipotecas, dun 6,5% no ano, e de crédito ao consumo, dun 10,1%.

A captación de recursos de clientes amosou un dinamismo similar: creceron un 5,4%, ata os 83.339 millóns. Na estrutura de recursos de clientes do banco, o 76% do total corresponde a saldos á vista e a prazo, mentres que o 24% restante a recursos fóra de balance.

A incorporación de novos clientes permitiu o crecemento dos depósitos. A carteira de ABANCA ten un perfil netamente minorista: un 94% dos depósitos corresponde a familias e empresas, e a maioría ten un saldo inferior aos 100.000 euros. Os saldos á vista incrementáronse nun 6,3% respecto a decembro de 2024.

A entidade rexistrou tamén significativos incrementos en recursos fóra de balance e primas de seguros. Cun crecemento do 22,6% no ano, os recursos fóra de balance alcanzan os 20.003 millóns de euros, cunha cota de mercado do 7,0% en subscricións de fondos de investimento.

Pola súa banda, as primas de seguros xerais e de vida risco aumentaron un 13,0% no mesmo período, ata os 661 millóns de euros. Destacaron as achegas dos produtos de decesos (crecemento do 46%), vida risco (17%), empresas (15%) e pagos protexidos (11%).

Sólidez do perfil financeiro

ABANCA segue posicionada como unha das entidades máis sólidas do mercado ibérico. A ratio de capital total situouse no 18,9%, 180 puntos básicos máis que ao peche de 2024, nivel que supón máis de 2.200 millóns de euros de colchón sobre o requisito esixido, un 25,7% máis que hai un ano. Pola súa banda, a ratio de capital CET1 creceu 130 puntos básicos e situouse no 14,1%. A ratio MREL está situada no nivel do 24,3%, o que supón un colchón de 850 millóns de euros.

Ademais da xeración orgánica de capital e a estrita disciplina na súa asignación aos negocios máis rendibles, unha panca relevante na mellora da solvencia foi a aplicación de modelos propios avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital (IRB), tras obter a preceptiva autorización por parte do Banco Central Europeo (BCE).

Esta autorización logrouse para a práctica totalidade da carteira minorista en España, abranguendo hipotecas, consumo, autónomos, negocios e pemes minoristas, e chegou tras un exhaustivo e rigoroso exame por parte dos supervisores europeos. O impacto positivo sobre as ratios de capital cífrase en incrementos de 83 p.b. na ratio CET1, de 105 p.b. en capital total e de 134 p.b. na ratio MREL.

ABANCA logrou no ano 2025 reducións relevantes nos seus saldos dubidosos e activos adxudicados, do 14,2 e o 13,7% respectivamente. Ao mesmo tempo, rexistrou incrementos nas súas coberturas, que quedaron situadas en niveis do 83,7% no caso da taxa NPL, no 79,5% para a NPA e no 66,7% a de adxudicados.

A ratio NPL está situada no 2,1%, con homoxeneidade entre España, cun 2,0%, e Portugal, cun 2,2%. A ratio NPA, pola súa banda, está situada no 2,7%, mentres que os adxudicados supoñen unicamente o 0,1% sobre balance.

En materia de liquidez, ABANCA dispón de 23.294 millóns de euros en activos líquidos, cifra equivalente a 4,9 veces os seus vencementos previstos de emisións. Adicionalmente dispón dunha capacidade de emisión de cédulas de 7.100 millóns de euros, o que eleva a súa posición total ata os 30.393 millóns de euros. Os activos líquidos de alta calidade (HQLA) totalizan 15.418 millóns de euros.

A súa estrutura de financiamento é netamente minorista: 86% de depósitos minoristas e ratio LTD minorista do 83,6%. En liquidez, o banco presenta ratios do 142% en financiamento neto estable (NSFR) e do 207% en cobertura de liquidez (LCR).

A entidade mantén a súa folla de ruta en 2026

Tras o peche do exercicio 2025, ABANCA continúa co desenvolvemento, segundo o previsto, do seu Plan Estratéxico 2025-27. A entidade mantén os seus obxectivos de rendibilidade, volume de negocio, calidade do activo e solvencia para o período, situados nun ROTE de entre o 10 e o 15%, unha taxa de crecemento acumulada superior á do mercado, unha taxa de morosidade na contorna do 2% e unha ratio de capital CET1 superior ao 13%. Neste momento o banco mantense por riba dos seus obxectivos en todos eles.

Usando como pancas a eficiencia e o uso da IA, a entidade marcouse tres prioridades estratéxicas para garantizar o cumprimento dos seus obxetivos: o impulso ao crecemento diversificado como clave para unha rendibilidade sostida, a proximidade e vinculación do cliente, e a transformación eficiente e recorrente, todo iso orientado ás persoas e á contorna na que desenvolve a súa actividade.

Banca responsable e sostible

En conexión con todo iso, o compromiso coa súa contorna e coas persoas constitúe un elemento clave no modelo ABANCA. Ao longo do exercicio 2025, o banco desenvolveu diferentes accións que reforzan o seu perfil de sostibilidade e contribución ao desenvolvemento social. Este esforzo permanente é recoñecido polas axencias máis relevantes do mercado en temática ESG, que sitúan a ABANCA na mellor categoría posible.

A principal iniciativa do ano é o lanzamento do Plan de Acción contra os incendios, deseñado tras un proceso de escoita aos colectivos afectados pola vaga do pasado verán. O Plan inclúe un amplo paquete de 150 millóns de euros en financiamento e outras axudas para a recuperación da actividade. Tamén se deseñaron accións de prevención e concienciación, a través de Afundación, como a doazón de equipos de vixilancia avanzada aérea e kits de emerxencia, formación á poboación e colectivos profesionais, e investigación sobre incendios e xestión do territorio por parte da UIE. En terceiro lugar abórdase a restauración medioambiental das zonas danadas a través de accións de voluntariado e da achega de axudas ao tecido local das zonas afectadas.

En materia de financiamento e investimento, o banco dedicou máis de 7.000 millóns euros de volume de negocio formalizado en 2025 para apoiar a transición cara á sostibilidade. Máis do 50% do crédito concedido por ABANCA destínase aos sectores menos sensibles á transición.

A través da súa inversión crediticia, evitáronse emisións cuantificadas en 228.139 tn CO2eq/ano por financiamento de proxectos de enerxía renovable e outras 2.102,34 tn CO2eq/ano por financiamento de vivenda verde.

No ámbito da educación financeira, no que o banco actúa da man da súa Obra Social, Afundación, destaca a participación en accións como a Global Money Week, o proxecto de fomento do emprendemento Young Business Talents, a exposición didáctica ´Ítaca´ ou o programa educativo ´Segura-Mente´.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

RESULTADOS 3T 2025: ABANCA gaña 670 millóns de euros, cunha rendibilidade do 15,1%

28-10-2025
Financiero Resultados

O resultado obtido baséase no crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance.

Principais cifras de resultados de ABANCA no terceiro trimestre de 2025

ABANCA gaña 427 millóns de euros, cunha rendibilidade do 14,6%

28-07-2025
Resultados

ABANCA obtivo no primeiro semestre de 2025 un beneficio atribuído de 427,1 millóns de euros, cunha rendibilidade do 14,6% baseada no crecemento eficiente do negocio e a boa xestión do balance.

Presentación de resultados do segundo trimestre de 2025
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .