• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA habilita financiamento por importe de 375 millóns para as áreas empresariais da contorna da Coruña

  • A entidade abre unha nova liña de crédito adicional, en condicións preferentes, para financiar investimentos na industria coruñesa e apoiar a modernización e competitividade do seu tecido produtivo
  • Este plan diríxese ás empresas dos polígonos de Agrela, Pocomaco, Sabón, Bergondo, Río do Pozo, As Pontes – Seara, Carballo, Espírito Santo - Cambre, Os Capelos – Carral e Alvedro

O director territorial de ABANCA na Coruña, Óscar Salgado (sétimo pola esquerda), xunto aos portavoces das áreas empresariais e outros representantes da entidade financeira que participaron no encontro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

30-03-2023
Negocio

ABANCA acaba de activar unha liña adicional de crédito dotada con 325 millóns de euros, ampliable ata 375 millóns, para atraer proxectos de investimento que reforcen a competitividade das áreas empresariais da Coruña e a súa contorna. Este importe, que se sumará ás operacións de financiamento xa concedidas por ABANCA, supón un paso adiante no compromiso da entidade financeira co desenvolvemento do tecido económico do norte de Galicia.

O plan diríxese, en concreto, ás empresas dos polígonos de Agrela, Pocomaco, Sabón, Bergondo, Río do Pozo, As Pontes – Seara, Carballo, Espírito Santo - Cambre, Os Capelos – Carral e Alvedro, coas que o banco mantén unha sólida colaboración financeira.

Este novo acordo, que inclúe unha oferta financeira adaptada, foi subscrito na sede da Universidade Intercontinental da EmpresaSerás redirixido a outro sitio web(UIE) na Coruña, nun encontro con distintos representantes das principais áreas empresariais da provincia. O director territorial de ABANCA na Coruña, Óscar Salgado, foi o encargado de expoñer os eixos desta iniciativa e de explicar a oferta financeira que comprende o plan ante os portavoces destes espazos industriais.

En representación das áreas empresariais participaron no encontro Ana María López, presidenta da Asociación de Empresarios de Agrela; Lucía López, presidenta da Asociación de Empresarios do Polígono de Pocomaco; Rebeca Rojano, presidenta da Asociación de Empresarios de Bergondo; José Castro, presidente da Asociación de Empresarios Seara; José Martínez, tesoureiro da Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo; Baudilio Brantuas, administrador da Comunidade de Propietarios do Polígono Industrial do Espírito Santo; Juan Vega, presidente da Entidade de Conservación Polígono Os Capelos, e Emilio Fernández, presidente da Comunidade de Propietarios do Polígono de Alvedro.

Charla sobre a contorna macroeconómica e ciberriscos

Tras a firma do acordo, os representantes das empresas destas áreas empresariais recibiron unha charla sobre a “Contorna macroeconómica e ciberriscos” a cargo de Pablo Monjardín, xerente de Asignación Global de Activos en ABANCA, e David Fernández Machí, Partnerships & Affinities en Hiscox España. Nela, abordáronse distintos temas da actualidade económica para coñecer de primeira man as inquietudes deste colectivo e abordar os desafíos do contexto actual. Ademais, recalcouse a importancia da prevención dos ciberdelitos a través de diversas ferramentas que están ao alcance das empresas.

Oferta integral

As operacións de financiamento correspondentes a esta iniciativa de apoio aos empresarios realizaranse a través dunha oferta financeira deseñada por ABANCA para cubrir, mediante diferentes produtos financeirosSerás redirixido a outro sitio web, as necesidades das compañías, desde a liquidez para o desenvolvemento das actividades do día a día ata o financiamento de investimentos a longo prazo. Neste sentido, as empresas destas áreas industriais poderán acceder a financiamento flexible a través de préstamos, leasing e distintas alternativas de financiamento oficial.

Do mesmo xeito, terán á súa disposición produtos deseñados para dar resposta ás necesidades correntes, como pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais, así como fórmulas para xestionar o pago a provedores ou adiantar a cobranza de facturas. A oferta financeira inclúe tamén solucións específicas para comercio exterior.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .