ABANCA impulsa a mellora competitiva das confrarías do sur da Coruña con alternativas de crédito
- A entidade financeira busca dar solucións ás necesidades do colectivo e presentar a súa oferta de financiamento
- O banco apoia cuestións clave para o sector como a mellora competitiva ou a renovación da flota
ABANCA avanza no seu compromiso coas confrarías de Galicia e reimpulsa o seu traballo conxunto cos principais pósitos do sur da provincia da Coruña. Un acordo estratéxico renovado esta tarde en Santiago con 14 confrarías e que permite á entidade financeira trazar novas opcións de financiamento para o mundo do mar na comunidade.
No acto celebrado na Dirección territorial de ABANCA en Santiago participaron, por parte da entidade financeira, o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, así como diversos directores de zona e de oficina do sur da provincia da Coruña. Tomaron partido tamén Tomás Fajardo, patrón maior da Confraría San Telmo de Porto do Son; Miguel Ángel Iglesias, patrón maior da Confraría de Rianxo; Iván Carreño, patrón maior da Confraría San Andrés de Portosín; Juan Miguel Iglesias, patrón maior da Confraría da Pobra; Dolores Bermúdez, patroa maior da Confraría de Camariñas; José Antonio Santamaría, patrón maior da Confraría de Aguiño; José Manuel Martínez, patrón maior da Confraría de Fisterra; José Domínguez, patrón maior da Confraría Virxe do Carme de Corcubión; José Mariano Lago, patrón maior da Confraría de Lira; David S. Martínez, patrón maior en funcións da Confraría do Pindo; Miguel Antonio Franco, patrón maior da Confraría de Palmeira; Manuel Adelino Freire, secretario da Confraría de San Bartolomé de Noia; José Antonio Pérez, patrón maior da Confraría de San Pedro de Ribeira; e Raquel Souto, patroa maior da Confraría de Cabo de Cruz.
Á firma do convenio de colaboración de maneira simultánea con todas as confrarías seguiulle unha mesa redonda. Os responsables dos pósitos compartiron cos representantes da entidade financeira as súas preocupacións e retos de futuro e formularon peticións para seguir ampliando o texto de colaboración. Está previsto organizar novas reunións de traballo nos vindeiros meses para analizar as necesidades do sector e os principais desafíos.
Máis produtos e máis beneficiarios
O acordo firmado en Santiago dá continuidade á senda iniciada o pasado ano. Isto permite ás confrarías acceder á oferta especializada de ABANCA para o sector pesqueiro, que nesta edición mellora ás condicións de contratación, incrementa o catálogo con novos produtos e amplía os beneficiarios.
Entre esas novidades destaca a hipoteca naval, un produto moi demandado e que pode converterse nunha peza imprescindible para acometer renovacións de flota. Trátase dunha alternativa de financiamento flexible, con amplos prazos de amortización e adaptada a importes elevados.
Outra das novidades desta renovación é a ampliación dos beneficiarios potenciais, xa que ademais dos pósitos e empresas do mar, esténdese tamén aos traballadores das confrarías.
O texto rubricado inclúe solucións xa coñecidas como a póliza de crédito para o sector pesqueiro (con anticipo para paros biolóxicos), préstamo persoal, desconto comercial, confirming, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais, anticipos a subvencións ou pago de impostos e financiamento oficial a través do Igape e ICO.