• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inaugura no Museo de León a exposición ‘Pintura escrita. Arte e Literatura. Colección ABANCA’

  • O proxecto achega ao público leonés 29 obras da Colección ABANCA
  • Juan Carlos Escotet Rodríguez agradeceu a colaboración institucional que fai posible a mostra e o agarimo do público leonés
  • A exposición estará aberta ao público ata o 30 de xuño

De esquerda a dereita, o director xeral de RSS e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet; a xefa do Servicio Territorial de Cultura da Junta de Castilla y León, Amelia Biaín; o alcalde de León, José Antonio Diez; o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o director territorial de ABANCA en Castilla y León, Asturias e Cantabria, Marcos Lamas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-03-2024
RSC

ABANCA inaugurou en León a exposición ‘Pintura escrita. Arte e Literatura. Colección ABANCA’. O proxecto reúne 29 obras da súa colección de arte que, na súa maioría, non se mostraron ata o momento na cidade. A mostra, que conta coa colaboración da Junta de Castilla y León e o Concello da cidade, poderá visitarse no Museo de León ata o próximo 30 de xuño.

O acto de inauguración convocou no Edificio Pallarés a preto dun centenar de persoas de todos os sectores da sociedade leonesa, que puideron gozar en primicia da exposición. Entre elas, o alcalde de León, José Antonio Dez, e a xefa do Servicio Territorial de Cultura da Junta de Castilla y León, Amelia Biaín.

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, destacou durante a súa intervención que esta exposición dá continuidade ao ciclo iniciado en 2016 e agradeceu tanto a colaboración institucional como a magnífica resposta recibida nas tres ocasiones anteriores por parte do público leonés. “Grazas por abrirnos as portas deste espazo impecable; grazas por facilitar este novo regreso a León; grazas por permitirnos cumprir coas promesas que fixemos aos leoneses hai xa oito anos”, afirmou ante as persoas asistentes.

A xefa do Servicio Territorial de Cultura, Amelia Biaín, tamén fixo fincapé na suma de esforzos institucionais. “Cabe destacar a importancia da colaboración publico-privada que posibilita, de novo, expoñer no Museo de LeónSerás redirixido a outro sitio web esta serie de obras, abrindo ao público da provincia a arte de grandes autores", sinalou.

O alcalde de León, José Antonio Dez, subliñou no seu discurso que “ABANCA foi unha das entidades bancarias cooperadoras e son decenas as mostras da súa responsabilidade social en axudas aos clubs deportivos, financiamento de eventos de todo tipo e participación na sociedade leonesa. Para nós contar con entidades que van máis aló do que sería a súa responsabilidade que, neste caso, é atender aos seus clientes e facelo dunha forma adecuada e satisfactoria para eles, manter o emprego e as oficinas na cidade, é un valor destacable”.

Invitación a mirar e a ler

Como indica o propio título da mostra, arte e literatura comparten protagonismo neste novo proxecto expositivo que promove ABANCA en León. As 29 obras seleccionadas entre os numerosos fondos da Colección ABANCA pertencen a creadores de diferentes épocas e estilos, que, dalgunha maneira, remítennos ou inclúen referencias ao campo das letras e a literatura. Así, as obras expostas, compleméntanse con fragmentos escritos que nacen de diversos poemas, novelas ou ensaios. Convídase ao espectador a mirar, pero tamén a ler.

Na relación de artistas escollidos para esta proposta expositiva atopamos creadores con gran recoñecemento nacional e internacional, como André Lhote, Urbano Lugrís, Manuel Viola, Luis Seoane, José Frau ou Carlos Alcolea, xunto con outros máis contemporáneos como Juliâo Sarmento, Antón Lamazares ou Pamen Pereira. As citas literarias que acompañan aos cadros pertencen a grandes autores da literatura universal, como Platón, Thomas Mann, Paul Auster, Valle Inclán ou Lewis Carrol, que comparten protagonismo con algúns dos escritores máis sobresalientes das letras leonesas: Julio Llamazares, Antonio Gamoneda, José María Merino, Luis Mateo Díez ou Juan Pedro Aparicio, entre outros.

Este proxecto dá continuidade ao primeiro ciclo de exposicións organizado por ABANCA en León entre os anos 2016 e 2019, no marco dun acordo subscrito coa Junta de Castilla y León e o Concello de León. En concreto, realizáronse tres proxectos que presentaron ao público leonés os grandes bloques nos que se organiza a Colección ABANCASerás redirixido a outro sitio web: Picasso e as vangardas internacionais e a arte española e internacional da segunda metade do século XX.

‘Pintura escrita. Arte e Literatura. Colección ABANCA’ estará aberta ao público no Museo de León en horario de martes a sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Os domingos poderá visitarse de 10 a 14 horas e os luns permanecerá pechada.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .