ABANCA incrementa o seu capital en 120 p.b. tras aprobar o BCE os seus modelos internos
- A decisión do BCE acredita as capacidades técnicas, de xestión e de avaliación de riscos da entidade, proporcionando unha maior eficiencia no uso do capital
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
O Banco Central Europeo (BCE) outorgou a ABANCA a autorización para utilizar os seus propios modelos avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital. Esta validación aplícase á práctica totalidade da carteira minorista en España, que abrangue particulares, autónomos, negocios e PEMEs minorista. Esta resolución chega tras un exhaustivo e rigoroso exame de cinco meses por parte dos supervisores europeos.
Este logro representa a culminación dun ambicioso proxecto estratéxico para converter a ABANCA nunha entidade de modelos avanzados (IRB). O proxecto rematou coa aprobación do 100% das carteiras presentadas. Este pleno supón un fito de gran relevancia, dada a excepcional complexidade técnica e o volume de segmentos validados de forma simultánea.
Solvencia e fortaleza financeira
A adopción do enfoque IRB (Internal Ratings-Based), unida ao sólido desempeño do negocio, proxecta a ABANCA cara ao liderado en solvencia dentro do ranking bancario nacional. A entidade estima que no cuarto trimestre, con esta primeira aplicación dos modelos, xunto ao beneficio retido e a evolución do último trimestre do exercicio, se producirá unha mellora do cociente de Capital Total de arredor de 120 p.b. fully-loaded.