• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA ingresa 288 millóns por venda de participadas, un 58% por riba do seu obxectivo

  • A entidade seguirá desprendéndose de paquetes accionariais ao ritmo que obteña as mellores ofertas no mercado
28-01-2015
Financiero

ABANCA obtivo desde xuño de 2012, data de inicio do seu plan de desinversións, un importe total de 288,17 millóns de euros por venda de participadas. O banco con sede en Galicia ingresou 105,32 millóns de euros -un 57,6%- por riba dos seus obxectivos.

A entidade realizou nos últimos dous anos e medio un total de 57 operacións de venda de paquetes accionariais (desinversión completa ou redución de porcentaxe de participación) en compañías e fondos da súa carteira de participadas. Esta cifra inclúe tamén operacións de reordenación da carteira como, por exemplo, liquidación de sociedades vehículo.

As operacións de desinversión realizáronse dacordo coas propias sociedades participadas e seguindo dous criterios básicos: a rendibilidade económica para ABANCA e a procura dos accionistas/socios industriais máis adecuados para as compañías en función da súa actividade e plan estratéxico.

Na segunda metade de 2012 ABANCA realizou 14 operacións, tres delas de desinversión parcial, por importe total de 64,11 millóns de euros (21,03 por encima das previsións).

En 2013 a cifra de operacións situouse en 26, dúas delas parciais, por un importe de 189,60 millóns (77,13 sobre o obxectivo inicial.

En 2014 ABANCA vendeu ou liquidou a súa participación noutras 17 compañías por un importe conxunto de 34,46 millóns (7,16 millóns por encima da previsión).

Nova estratexia

O plan de desinversións de ABANCA ten como obxectivo rendibilizar os activos existentes na súa carteira de participadas, reducíndoa progresivamente en liña coa reorientación cara á banca minorista tradicional para empresas e familias que a entidade está a levar a cabo na súa nova etapa.

Quedarán fóra do proceso de venda as sociedades directamente relacionadas coa operatoria da entidade financeira no seu negocio bancario e parabancario. Ademais, coa finalidade de favorecer o desenvolvemento empresarial de Galicia, tamén se manterán en carteira participadas galegas baixo os criterios de rendibilidade e boa xestión.

De cara aos próximos anos, ABANCA mantén o seu plan de venda de participadas, pero sen prazos temporais prefixados. As operacións iranse producindo segundo se detecten no mercado as mellores ofertas posibles polas participacións. Nestes momentos ABANCA estuda varias ofertas por diferentes paquetes accionariais.

Xestión de participadas

ABANCA realiza a xestión e venda da súa carteira industrial desde a súa división de Participadas, encadrada na dirección xeral de Desenvolvemento de Activos Singulares. Ademais da realización de desinversiones, entre as funcións da división de Participadas figura a xestión da carteira co obxectivo de incrementar o seu valor.

Nos últimos meses a división participou na resolución de acordos con outras compañías, na compra de accións para a autocarteira de ABANCA e no proceso de refinanciamento de sociedades participadas.

O portfolio de participadas de ABANCA está composto na actualidade por 180 sociedades pertencentes a unha vintena de sectores. Entre elas destacan Tecnocom (20,05%), R Cable y Telecomunicaciones de Galicia (30%), Norvento (20%), Transmonbús (33,96%), Itínere (23,82%), Cupire Padesa (20%), Plásticos Ferro (17,76%), CLH (5%), Sogevinus (100%), Lazora (8,1%), Empresa Naviera Elcano (16%) e Grupo Empresarial Copo (28,8%).

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

MSCI eleva o rating ESG de ABANCA ata AA e sitúao na categoría ‘Leader’

01-04-2025
Financiero

Esta categoría é a mellor das posibles na escala de MSCI, e con iso ABANCA sitúase á cabeza do sector bancario español.

Standard and Poor’s mellora un chanzo o rating de ABANCA

27-03-2025
Financiero

A subida aplicada por Standard and Poor’s é a cuarta recibida por ABANCA desde o pasado mes de novembro, despois das aplicadas por Moody´s, Fitch e DBRS.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .