• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA inicia o seu programa de educación financeira 2022-2023 coincidindo co Día da Educación Financeira

  • O programa de educación financeira de ABANCA e Afundación superou o curso pasado os 130.000 beneficiarios
  • O banco e a súa Obra Social reforzan a iniciativa cunha nova proposta centrada na ciberseguridade titulada ‘Pon o teu diñeiro a salvo’
  • Máis de 200 voluntarios e voluntarias de ABANCA e Afundación participaron nas actividades de educación financeira durante o último curso

Escolares do CEIP San Francisco Javier da Coruña que participaron no Gran Prix Financiero coas monitoras que guiaron a actividade.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Parte dos asistentes á sesión formativa sobre caixeiros automáticos que tivo lugar no Concello de Moraña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

03-10-2022
RSC Sostenibilidad

ABANCA iniciou hoxe, coincidindo coa celebración do Día Nacional da Educación Financeira que promoven o Banco de España e a CNMV, as actividades do programa de educación financeira que desenvolverá ao longo do curso 2022-2023. Esta iniciativa que impulsan desde 2015 o banco e a súa Obra Social, Afundación, superou o ano pasado cifra récord de 130.000 beneficiarios.

Durante o último curso, ABANCA e Afundación contaron coa colaboración de máis de 200 persoas voluntarias que se implicaron de maneira activa para mellorar a cultura financeira da poboación.

A nova edición do programa comeza con catro propostas diferentes que reflicten o espírito inclusivo e integrador que caracteriza desde os seus inicios ao programa, recoñecido o ano pasado co premio ‘Finanzas para todos’ polo proxecto Segura-Mente ABANCA.

A actividade central desta xornada será a mesa redonda ‘Claves para levar a ciberseguridade á túa aula’, dirixida á comunidade educativa, que terá lugar esta tarde, ás 16.30 horas, no Centro Territorial de Innovación e Formación Madrid-Sur e poderá seguirse en directo en Afundación TV.

Ademais, esta mañá, voluntarios de ABANCA e Afundación impartiron unha sesión de formación e capacitación de persoas maiores no Concello de Moraña (Pontevedra), 60 escolares do CEIP San Francisco Javier (A Coruña) gozaron aprendendo co Gran Prix Financeiro e ofreceuse aos estudantes do Centro de Formación Profesional de Afundación na Coruña unha conferencia sobre opcións e produtos de investimento.

Durante este mes organízase tamén o concurso ‘A Galaxia Financeira’ no blogue de ABANCA ‘Cuentas claras’, no que as persoas interesadas poden poñer a proba os seus coñecementos financeiros e gañar ata tres tarxetas regalo.

As actividades vinculadas ao programa prolongaranse ao longo de todo o curso escolar. Combinaranse iniciativas presenciais con outras en formato dixital para poder chegar ao maior número de beneficiarios, independentemente de onde residan.

Ciberseguridade e emprendemento

O programa amplíase este ano cunha nova actividade, denominada ‘Pon o teu diñeiro a salvo’, que estará centrada en concienciar aos estudantes sobre os riscos existentes hoxe en día en materia de ciberseguridade, axudándolles a desenvolver novas competencias que favorezan a súa responsabilidade dixital e financeira.

Esta nova proposta é unha das iniciativas impulsadas polo banco no marco da súa adhesión ao ‘Programa Funcas Educa’ da Fundación de los Bancos y Cajas de CECA. Nesta colaboración encádrase tamén o patrocinio de ABANCA ao programa Young Business Talents, un xogo de simulación empresarial que ofrece aos participantes a oportunidade de vivir a experiencia de xestionar unha empresa.

Programas dixitais e híbridos

O banco e Afundación promoverán este curso escolar outros proxectos xa consolidados, como pode ser o programa Segura-Mente ABANCA, que chega á súa quinta edición. A través dun gran xogo de taboleiro dixital exponse ao alumnado unha aventura inmersiva na que teñen que asumir o reto de planificar unha viaxe.

Tamén en formato dixital desenvólvese ‘A tola aventura do aforro’, unha actividade lúdica na que, a través de operacións matemáticas e situacións cotiás, os escolares toman conciencia da importancia de xestionar correctamente o diñeiro, de aforrar e de ser solidarios, mentres se preparan financeiramente para a vida adulta.

Actividades presenciais

O programa complétase con actividades presenciais entre as que destacan o Gran Prix Financeiro e a representación da obra de teatro ‘Ciclope’, que se poñerá en escena nos teatros galegos pero que poderá seguirse tamén en streaming desde centros de todo o territorio nacional.

Para os estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos a oferta inclúe os ciclos de conferencias: ‘As túas finanzas, o teu futuro’, en colaboración con Junior Achievement, no que se abordan temas como o orzamento doméstico, o consumo responsable ou a ciberseguridade, e ‘Preparados para dar o salto’, centrado en cuestións financeiras que os máis novos deben coñecer para afrontar o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Tamén se impartirá unha vez máis o programa ‘Como elaborar unha tenda virtual con ferramentas de pago dixitais’, dirixido a estudantes dos Ciclos Formativos de Comercio e Marketing, Administración e Xestión, e Sanidade.

Por último, en colaboración coa Asociación Galega da Empresa Familiar, desenvolverase a terceira edición do programa ‘Empresa familiar na aula’, que ten como finalidade fomentar o emprendemento entre os mozos a través do contacto directo co mundo empresarial.

Capacitación dixital e financeira de persoas maiores

Promover a inclusión financeira das persoas maiores e ofrecerlles o apoio necesario para afrontar o proceso de dixitalización é outro dos piares estratéxicos do programa.

As propostas dirixidas este colectivo, que se desenvolven fundamentalmente nos Espazos +60 de Afundación e noutros espazos en colaboración con municipios de zonas rurais de Galicia e León, céntranse en capacitar a estas persoas para o uso da banca móbil e os dispositivos de autoservizo, co fin de que poidan gañar seguridade e autonomía para realizar as operacións financeiras máis habituais e mellorar o control da súa economía persoal e familiar.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .