ABANCA inicia o terceiro Programa para startups ABANCA Innova
- O programa de apoio ao emprendemento tecnolóxico arranca de manera inminente y estará orientado a cualquier tipo de startup en el sector Fintech, Insurtech, Regtech o Cibersecurity
- Como novidade nesta edición, a convocatoria para startups estará abierta ao longo de todo o ano
- A segunda edición culmina do desenvolvemento da proba de concepto en maior profundidade da idea de DooingIT, startup gañadora
ABANCA vén de abrir a terceira edición do Programa para startups ABANCA Innova, orientado a calquera tipo de startup no sector de Fintech, Insurtech, Regtech ou Cibersecurity, desde aquelas que estean en etapas moi temperás até aquelas máis desenvolvidas. O obxectivo deste programa é realizar unha proba de concepto con ABANCA na que se valide o encaixe da proposta de valor da startup tanto coa entidade como co mercado.
O Programa culminou a súa segunda edición co desenvolvemento dunha proba de concepto en maior profundidade da idea da startup gañadora DooingIT, que consiste nunha plataforma de recomendación de investimento en ciberseguridade e comercialización de seguros de ciberrisco
Arranca a terceira edición
A terceira edición do Programa para startups ABANCA Innova arranca hoxe con bastantes novidades. A convocatoria para startups estará aberta todo o ano e iranse abrindo distintos prazos para apuntarse.
O primeiro prazo será desde hoxe ata o vindeiro 19 de novembro e as empresas interesadas poderán apuntarse a través da seguinte páxina web http://abancainnova.com/es/programa-para-startups-abanca-innova/. O límite de startups que poden entrar no programa é de 20 e seleccionaranse por orde de inscrición, tras unha análise da startup por parte do equipo de Innovación.
As empresas emerxentes seleccionadas recibirán Bootcamps intensivos de formación con expertos en emprendemento e persoal de ABANCA, que lles axudarán a definir cal será a maneira de colaborar coa entidade financeira en busca da proba de concepto. Outros beneficios que o programa proporciona ás startups son a utilización de espazos de coworking nas instalacións de ABANCA Innova, o uso de Amazon Web Services, Google Cloud ou ferramentas de marketing dixital, comunicación ou recursos humanos valorados en máis de 150.000 euros.
Cada Bootcamp terminará cun evento, denominado Startup Day, no que poderán explicar ante directivos e outro persoal de ABANCA a proposta da startup. Tras esta sesión, decidirase a continuación ou non do desenvolvemento das probas de concepto. Se a súa proposta segue adiante, pasarán a desenvolvela coa axuda do equipo de ABANCA Innova e da empresa HubIN.
Formación e recursos económicos
Nas dúas primeiras edicións, o Programa para startups ABANCA Innova recibiu 67 candidaturas de proxectos empresariais de base tecnolóxica orientados aos sectores fintech, Insurtech e Regtech.
Tras superar a fase de selección, nove delas iniciaron un proceso de acompañamento deseñado por ABANCA Innova co obxectivo de axudarlles a construír o seu proxecto. Este proceso articulouse a través de diferentes tipos de accións como: píldoras informativas, mentorización, estratexia, networking e participación en eventos.
Senseitrade na primeira edición e DooingIT na segunda foron as dúas startup que chegaron á fase final do programa.
Dous anos ao servizo da innovación
Con este segundo programa na súa fase final e a posta en marcha da nova edición, ABANCA Innova consolida a súa vocación como centro de actividade multipolar destinado a fomentar o desenvolvemento da innovación e a tecnoloxía en Galicia. Xunto a esta liña de traballo impulsou tamén outras actividades como un programa de intraemprendimiento dentro do banco ou o Observatorio de Tecnoloxías Emerxentes.
Desde a súa creación en 2017, ABANCA Innova organizou uns 170 eventos con máis de 2.000 asistentes nos que participaron 710 empresas, 441 delas emerxentes.