• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA Innova estrea instalacións na sede corporativa do banco en Vigo

  • O edificio de García Barbón incorpora un espazo de apoio ao ecosistema emprendedor de máis de 400 metros cadrados con postos de traballo, salas de reunións e espazos multiusos
  • A apertura permite multiplicar as capacidades de ABANCA Innova, que aterra no corazón do centro financeiro da cidade logo de ter establecido lazos con máis de 1.000 proxectos innovadores desde a súa creación
Foto de familia da presentación de ABANCA Innova en Vigo

De esquerda a dereita, Águeda Ubeira, CEO e fundadora de Vanetta Food e presidenta de AJE Vigo; José Antonio Suárez, responsable de ABANCA Innova; Eduardo Aldao, director de Solucións de Medios de Pago e Innovación de ABANCA; José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA e Walter Álvarez, director territorial de ABANCA en Vigo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Presentación de ABANCA Innova en Vigo

De esquerda a dereita, Águeda Ubeira, CEO e fundadora de Vanetta Food e presidenta de AJE Vigo; José Antonio Suárez, responsable de ABANCA Innova; Eduardo Aldao, director de Solucións de Medios de Pago e Innovación de ABANCA; Walter Álvarez, director territorial de ABANCA en Vigo e José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

ABANCA Innova estrea instalacións en Vigo

De esquerda a dereita, José Antonio Suárez, responsable de ABANCA Innova; Águeda Ubeira, CEO e fundadora de Vanetta Food e presidenta de AJE Vigo; Walter Álvarez, director territorial de ABANCA en Vigo e José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

23-10-2025
Corporativo

ABANCA estrea un novo espazo de innovación e emprendemento na súa sede corporativa de Vigo. A entidade financeira inaugurou esta mañá as instalacións de ABANCA Innova na cidade, situadas no edificio que o banco ten en pleno centro financeiro e comercial en García Barbón.

Para dar a coñecer a nova sede de ABANCA Innova, o banco organizou unha xornada de traballo na que participaron unha vintena de representantes do mundo do emprendemento e a innovación da área de Vigo. O evento contou coa intervención do director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, José Manuel Valiño, e do director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez. O responsable de ABANCA Innova, José Antonio Suárez, foi o encargado de conducir a visita polas novas instalacións.

As recentemente estreadas instalacións do espazo de innovación e emprendemento de ABANCA ocupan aproximadamente 410 metros cadrados na planta baixa, con acceso directo desde a entrada principal en García Barbón. Unha gran zona de coworking áxil na entrada articula un espazo que suma tres zonas modulares con 32 postos de traballo, tres salas de reunións e un espazo multiusos cunha pantalla de grandes dimensións. As instalacións complétanse cun espazo de pícnic equipado con electrodomésticos e mobiliario.

Todo o espazo, que destaca pola súa amplitude e pola luz natural que entra a través das súas amplas fiestras ás rúas Colón, García Barbón e Rosalía de Castro, combina un deseño moderno cos máis altos estándares de confort para traballar.

Onde nace a innovación

A chegada de ABANCA Innova á sede corporativa do banco supón un impulso tanto ao compromiso da entidade coa apertura do edificio á economía e á sociedade como ao propio proxecto da aceleradora fintech da entidade financeira.

ABANCA Innova comezou a súa andaina en 2016 na Coruña coa misión de apoiar a creación e o desenvolvemento de empresas emerxentes nadas ou radicadas en Galicia. Aínda que desde o principio se centrou en sectores como fintech, insurtech, regtech, sostibilidade e ciberseguridade, ao longo dos anos a súa contribución foi clave para o avance doutras áreas con impacto na industria financeira.

Nos últimos nove anos, ABANCA Innova converteuse nun actor clave no ecosistema innovador de España e Portugal, transformándose dun programa de aceleración nun proxecto máis amplo que colabora directamente con compañías emerxentes. Arredor de 1.000 empresas participaron nas diversas actividades organizadas por ABANCA Innova, en máis de 250 eventos e en máis de 50 probas de concepto executadas a través dos seus propios programas de startups e en colaboración con Lanzadera. Na actualidade, e ata o vindeiro 7 de novembro, está aberto o prazo de inscripción para participar na undécima edición do seu Programa para Startups.

A estrea de ABANCA Innova no edificio tamén permitirá ao banco reforzar aínda máis o seu apoio ao sector produtivo de Vigo e a súa contorna. A proximidade física destas novas instalacións á Oficina de Empresas e a experiencia acumulada neste campo serán claves para configurar un novo ecosistema startup na sede de García Barbón e erixirse como polo de atracción de innovación.

Un edificio aberto ao futuro

A estrea destes máis de 400 metros cadrados abertos á innovación non só busca fomentar os proxectos de ABANCA Innova, xa que as instalacións están deseñadas tamén para acoller emprendedores a través de diversas fórmulas onde prima a flexibilidade. Para iso, a entidade financeira puxo en marcha varios plans que permiten dispoñer de postos de traballo por periodos, acceder a salas de reunións e mesmo a organización de eventos no espazo multiusos. En virtude destes acordos, desde principios de outubro, xa hai emprendedores traballando nestas instalacións.

A apertura de ABANCA Innova supón para a entidade financeira culminar un novo fito no seu proxecto de transformación do histórico edificio de García Barbón para abrilo á economía e á sociedade de Vigo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, Afundación e AGEF reforzan o seu compromiso co tecido empresarial e o emprendemento en Galicia

17-10-2025
Corporativo

ABANCA mantense como patrocinador principal das actividades que organice a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) durante o próximo exercicio e Afundación apoiará as novas convocatorias do programa ‘Empresa familiar nas aulas’ e o concurso ‘Emprender é soñar, apúntaste?’.

O presidente de AGEF, o conselleiro delegado de ABANCA e o presidente de Afundación, renovan o seu acordo de colaboración

ABANCA e Afundación súmanse á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama

17-10-2025
Corporativo

Tres dos edificios corporativos da entidade e a súa Obra Social iluminaranse de cor rosa do 17 ao 20 de outubro como mostra de apoio

Edificio de ABANCA en Riego de Agua iluminado
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .