• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA lanza a 12ª edición do seu Programa para Startups

  • As candidaturas poden presentarse ata o 12 de maio a través da web de ABANCA Innova
  • A convocatoria diríxese a startups con ideas innovadoras en intelixencia artificial, criptomoedas e procesos de tokenización con potencial para transformar o sector financeiro
Portátil en el que se muestra la web de la 12ª edición do Programa para Startups de ABANCA Innova

12ª edición do Programa para Startups de ABANCA Innova

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

08-04-2026
Corporativo

ABANCA acaba de abrir o prazo de inscrición para participar na duodécima edición do Programa para Startups de ABANCA Innova. Todas as startups interesadas en postularse a esta convocatoria teñen de prazo ata o próximo 12 de maio para presentar a súa candidatura a través da web de ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web.

De acordo coas bases, as startups candidatas deben contar cunha sociedade constituída e un produto no mercado, aínda que sexa en etapas temperás. Ademais, deben dispoñer dun equipo formado con capacidade para escalar e facer crecer o seu proxecto, e adaptalo a contornas reais de proba.

Nesta nova convocatoria, o programa de Venture ClientSerás redirixido a outro sitio web de ABANCA Innova pon o foco en propostas tecnolóxicas que incorporen as últimas tendencias en intelixencia artificial, criptomoedas e procesos de tokenización, con potencial para transformar o sector financeiro. En concreto, abre oportunidades para innovar, a través de formación e contornas de proba controladas, en ámbitos como a xestión de riscos e compliance, marketing, procesos de tecnoloxía, mellora de eficiencia, ciberseguridade e sostibilidade. No entanto, tamén se valorarán solucións que, aínda que non encaixen directamente con estes desafíos, poidan xerar impacto na industria bancaria.

Proba de concepto

As startups seleccionadas participarán nun workshop, xa durante o mes de maio, onde traballarán xunto a equipos internos de ABANCA na exploración de posibles casos de uso das súas propostas. Posteriormente, aquelas que superen esta etapa inicial pasarán á fase de bootcamp -do 26 de maio ao 16 de xuño-, onde se definirá en detalle o piloto, estudaranse os custos asociados e analizaranse as necesidades técnicas para a implementación dunha proba de concepto (PoC, polas súas siglas en inglés) co banco.

Os proxectos que resulten viables poderán testar a súa achega de valor de forma rápida e a baixo custo mediante esta proba de concepto, que se desenvolverá nunha contorna real e controlada xunto a unidades de negocio de ABANCA.

Un milleiro de propostas para un programa consolidado

O Programa para Startups de ABANCA Innova chega á súa duodécima edición tras consolidarse como unha das principais iniciativas de innovación aberta do noroeste peninsular. Desde a súa posta en marcha, aplicaron a este programa de Venture Client un total de 986 startups. Delas, 443 propostas foron analizadas por directivos e profesionais de ABANCA, obtendo como resultado 25 probas de concepto co banco.

Alén do acompañamento por parte de profesionais de distintas áreas do banco e da colaboración de HubIN, compañía especializada en innovación e emprendemento, o programa ofrece acceso aos espazos de coworking de ABANCA Innova na Coruña e Vigo, así como a posibilidade de participar en eventos e actividades de investimento dentro do ecosistema nacional de emprendemento.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA recibe a máxima cualificación en Bo Goberno Corporativo

12-02-2026
Corporativo

ABANCA obtivo a certificación do Índice de Bo Goberno Corporativo (IBGC) de AENOR co nivel G++, a máxima cualificación posible.

ABANCA obtén a máxima cualificación en Bo Goberno Corporativo

ABANCA incrementa o seu capital en 120 p.b. tras aprobar o BCE os seus modelos internos

14-01-2026
Corporativo Financiero

O Banco Central Europeo (BCE) outorgou a ABANCA a autorización para utilizar os seus propios modelos avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .