ABANCA lanza unha hipoteca para financiar vivendas eficientes
- A nova solución de financiamento bonifica o tipo de xuro durante o primeiro ano se o inmoble conta cunha cualificación enerxética A ou B
- Con este lanzamento, o banco dá un paso adiante na súa estratexia para apoiar con produtos sostibles a transición cara un modelo con menor impacto ambiental

Vista interior da oficina de ABANCA Espazo Serrano 45, construída en base aos criterios de sostibilidade máis esixentes.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA acaba de lanzar ao mercado unha hipoteca con condicións especiais para o financiamento de vivendas enerxeticamente eficientes. Con esta nova solución de financiamento o banco amplía a súa oferta de produtos sostibles e dá un novo paso na liña marcada no seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024.
A hipoteca eficiente de ABANCA está destinada a favorecer o acceso ao financiamento para a compra, autopromoción ou rehabilitación de vivendas con certificado de eficiencia enerxética A ou B, valor que acredita un alto grao de eficiencia no seu consumo de enerxía primaria (non renovable) e redución de emisións de CO2. Dispoñible a tipo variable, mellora a tarifa base da hipoteca de referencia na entidade, a hipoteca Mari Carmen, mediante unha bonificación de 0,10 puntos porcentuais durante o primeiro ano do préstamo.
O cliente poderá seguir mellorando o tipo de xuro da súa hipoteca e rebaixar o diferencial ata un 1% adicional se engade outros produtos ou servizos bonificados, como a domiciliación de nómina, o pago de compras coa tarxeta de crédito ou a contratación dun seguro de fogar ou de vida, entre outros.
Sen comisión de apertura
Ademais, a hipoteca de ABANCASerás redirixido a outro sitio web para financiar vivendas eficientes carece de comisión de apertura e, ao igual que no resto de hipotecas Mari Carmen, o cliente non paga tampouco os gastos de notaría, rexistro nin xestoría. Pode contratarse a un máximo de 30 anos e permite financiar ata o 80% do valor de taxación da vivenda ou do prezo de compravenda.
Esta nova hipoteca reforza o catálogo de produtos e servizos sostibles de ABANCA. Entre estas opcións, destacan fondos de investimento responsable para xestión discrecional de carteiras, emisión de bonos verdes, préstamos para a compra de coche ecolóxico e produtos de financiamento vinculados ao programa Next Generation EU, como anticipos de axudas do Plan Moves III, solucións para a rehabilitación de edificios dirixidas a comunidades de propietarios ou liñas de financiamento para enerxías renovables.
“Coa hipoteca eficiente seguimos progresando no obxectivo de ofrecerlles aos clientes alternativas para os nosos produtos e en acompañalos na transición cara un novo modelo económico e enerxético sostible, no marco do noso compromiso para reducir a pegada ambiental e propiciar un consumo eficiente dos recursos”, afirma Saray Cendón, directora de Desarrollo de Negocio de ABANCA.
Compromiso co medio ambiente
O compromiso de ABANCA de impulsar un modelo económico e social respectuoso co medio ambiente e descarbonizado está tamén patente nos seus centros de traballo. Desde 2020, toda a enerxía consumida nas sedes e oficinas do banco en España procede de fontes renovables con certificado de garantía de orixe (GdOs). Este esforzo por mellorar a eficiencia e sostibilidade dos seus edificios reflíctese tamén na obtención de distintos selos medioambientais, como os certificados Residuo Cero de AENOR, que avalan o sistema de xestión de residuos implantado xa en distintos centros, ou as certificacións internacionais que recoñecen á sede de Recoletos 4 e ao centro Espazo Serrano 45, en Madrid, no ámbito da sostibilidade no deseño e a construción.