ABANCA lidera a domiciliación das axudas da PAC en Galicia cunha cota do 49%
ABANCA é a primeira entidade financeira na domiciliación e tramitación de axudas da Política Agraria Común Europea (PAC) a agricultores e gandeiros galegos, cunha cota de mercado superior ao 49%. En 2014 domiciliáronse en ABANCA 17.800 solicitudes de agricultores e gandeiros galegos por un importe de 78,5 millóns de euros, o 44% do que chega a Galicia.
ABANCA inicia a campaña da PAC para o campo coa posta en marcha dun dispositivo especial para axudar aos agricultores e gandeiros na tramitación e xestión destas subvencións. A entidade financeira galega porá a disposición do sector a 161 xestores especialistas nas zonas rurais do catro provincias galegas e 46 en León. Todo a persoal conta con anos de experiencia na xestión destas axudas e con máis de 1.700 horas de formación específica na PAC e en produtos e servizos para o sector.
“Queremos estar cercar dos nosos agricultores e gandeiros e apoialos financeiramente nun momento de cambios e restos importantes. Por iso, poñemos a disposición dos nosos clientes unha ampla rede de xestores especializados en produtos para o campo, reforzando así a nosa posición de liderazgo no sector agrogandeiro”, sinala Gabriel González Eiroa, director de Banca Minorista de ABANCA.
Produtos específicos para o sector
A entidade galega vén de deseñar un catálogo de produtos específicos para reactivar o fluxo de crédito para aqueles sectores e segmentos empresariais que xeran máis valor en Galicia e, entre eles, destaca o sector agrícola e gandeiro.
Entre os produtos adaptados ás necesidades financeiras deste tipo de clientes, a entidade dispón dunha conta específica de Crédito Agrícola, un préstamo ou Leasing Agrogandeiro, o Aval Supertasa, anticipos de colleita, anticipo de ata o 90% da subvención da PAC ou seguros específicos para a maquinaria agrícola ou a colleita.
En 2014 ABANCA destinou preto de 1.000 millóns de euros a financiar ao sector primario. O volume de negocio da entidade con este sector ascende a 1.800 millóns de euros.