• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA obtén un BAI de 342 millóns antes de impostos e aumenta un 14% o negocio con familias e empresas

Terceiro trimestre 2015: O resultado susténtase na mellora dos ingresos recorrentes e da calidade do risco

  • Rendibilidade: O beneficio neto alcanza os 266 millóns de euros Mellora a marxe comercial por segundo trimestre consecutivo O ROE sitúase no 8,82%
  • Calidade do risco: O ratio de mora segue mellorando e sitúase no 9,5%, cun descenso do 31% interanual A cobertura sitúase no 58%, unha das máis altas do sector
  • Solvencia: Sólida posición de capital, cun ratio CET1 situado no 15,68% e unha folgura de máis de 1.670 millóns sobre o mínimo requirido As tres axencias de rating melloraron a súa cualificación de fortaleza financeira
  • Liquidez: Cunha liquidez superior aos 10.700 millóns, ABANCA cumpre en setembro de 2015 os requirimentos máis esixentes de Basilea III
  • Dinamismo comercial con familias e empresas: O negocio con clientes aumenta un 14% A venda de produtos de valor engadido como seguros ou fondos increméntase nun 19%

Imaxe 1: Fortaleza do negocio e mellora da calidade dos activos

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 2: Aumento da marxe comercial durante o 2015

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 3: Conta de resultados consolidada

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 4: Datos cotas familias e empresas. Último dato dispoñible: BdE xuño 2015

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 5: Ratio de morosidade e saldo dubidosos setembro 2015

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 6: Ratio de solvencia do 15,7%, con máis de 1.670 millóns de folgura

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe 7: Folgada posición de liquidez superior a 10.700 millóns de euros

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Resultados 3T 2015 Principaiss magnitudes e cifras de negocio 3T 2015 Ver ficheiro PDF
28-10-2015
Financiero Resultados

ABANCA obtivo ata setembro un resultado antes de impostos de 342 millóns de euros. Este resultado susténtase no crecemento dos ingresos recorrentes, a boa evolución da marxe comercial, a melloría da calidade do crédito e a fortaleza dos ratios de capital e liquidez. O beneficio neto sitúase en 266 millóns de euros.

O terceiro trimestre estivo marcado por novos crecementos da actividade con clientes minoristas, tanto na concesión de crédito como na captación de depósitos, e na comercialización de fondos de investimento, plans de pensións e seguros.

A intensa actividade do negocio principal da entidade traduciuse nunha mellora dos ingresos recorrentes: a marxe comercial aumenta por segundo trimestre consecutivo e os ingresos por prestación de servizos elévanse a 126 millóns de euros.

Rendibilidade: fortaleza do núcleo do negocio

O banco logrou aumentar un 10% a marxe comercial respecto ao primeiro trimestre apoiado no incremento do volume e o control dos prezos. Os ingresos por prestación de servizos aumentan un 7,5% ata os 126 millóns de euros grazas ao bo ritmo de comercialización dos principais produtos de valor engadido. Os ingresos por comercialización de seguros incrementáronse nun 43% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Os ingresos por pasivos fóra de balance avanzaron un 27% e por activos, un 19%. A rendibilidade do banco (ROE) sitúase no 8,82%.

Ver imaxe 2

Conta de resultados consolidada

Ver imaxe 3

Crecemento do negocio con familias e empresas

ABANCA deu un novo impulso á concesión de crédito a empresas e familias. A entidade concedeu 7.889 millóns de euros en financiamento durante os nove primeiros meses do ano, o que supón un 84% máis respecto ao terceiro trimestre do exercicio anterior.

O dinamismo na concesión de crédito permitiu un crecemento do 11% interanual no saldo da carteira crediticia en situación normal. Este aumento contrasta coa caída do -12% rexistrada no mesmo período de 2014.

A captación de recursos de clientes minoristas tamén consolida o seu crecemento, cun avance interanual do 16%.

Como resultado, ABANCA aumentou en 53 puntos básicos a súa cota de crédito no mercado galego e en 45 puntos básicos a cota de depósitos.

Ver imaxe 4

Calidade do risco: a morosidade recórtase en 1.257 M€ e baixa ao 9,5%

A taxa de morosidade continúa o seu descenso como consecuencia das medidas de recuperación dos clientes e do mellor contexto económico. Tras unha melloría do 31% interanual, a morosidade quedou situada no 9,5%.

O saldo de créditos dubidosos reduciuse en 1.257 millóns desde setembro de 2014, o que supón unha melloría interanual do 29,7%. A cobertura destes créditos, situada no 58%, segue sendo unha das máis altas do sector, grazas á política conservadora seguida pola entidade no provisionamento de riscos.

Ver imaxe 5

Solvencia: un dos niveis de capitalización máis elevados do sector

Grazas á súa política de énfase na solidez, ABANCA mantén a súa posición como unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo.

O ratio de capital de máxima calidade, CET1 (Common Equity Tier 1), sitúase no 15,68%, 278 puntos básicos máis que no mesmo período do ano anterior. Todo o crecemento do capital é orgánico.

Este nivel de capitalización supón un exceso de máis de 1.670 millóns de euros sobre o mínimo regulatorio que previsiblemente se requirirá ás entidades de acordo coas directrices de Basilea III.

Ver imaxe 6

As axencias de rating recoñecen a evolución do banco

As cualificacións das axencias de rating reflicten a evolución da entidade. Fitch, Standard and Poor´s e DBRS apoian a melloría dos fundamentais de ABANCA con subidas do seu rating de fortaleza financeira. As axencias destacan a melloría da calidade dos seus activos, o incremento do seu nivel de capitalización e a aplicación dos novos procesos de xestión do risco.

Liquidez: folgada posición, con máis de 10.700 millóns de euros

ABANCA mantén unha folgada posición de liquidez, ao dispor de máis de 10.700 millóns de euros entre activos líquidos dispoñibles e capacidade de emisión. Estas cifras avalan a estratexia de sostibilidade a longo prazo desenvolvida pola entidade, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito. O banco financia a súa carteira de crédito cos seus depósitos, de maneira que os créditos representan o 90% dos depósitos de clientes.

Á data de setembro de 2015, a entidade financeira con sede en Galicia cumpre xa de maneira ampla os requirimentos que se esixirán aos bancos en termos de liquidez a finais de 2018 de acordo coa norma Basilea III. O ratio de cobertura de liquidez a curto prazo (LCR) sitúase no 327%, triplicando o mínimo esixido, mentres que o ratio de liquidez a longo prazo (NSFR) supera o 132%.

Ver imaxe 7

Outros fitos

  • Creación de novos produtos. Tras a mellora das condicións da Hipoteca Mari Carmen a tipo variable, ABANCA lanzou unha versión deste préstamo hipotecario a tipo fixo que permitirá aos clientes pagar a mesma cota todos os meses, sen gastos de estudo nin de apertura. A hipoteca ten un tipo de xuro de 2,49% para un prazo de 20 anos, 2,65% para un prazo de 25 anos e 2,69% a 30 anos. A contratación deste produto e a maior parte das xestións poderán facerse a distancia, e concertarase unha cita na sucursal de ABANCA que o cliente seleccione para finalizar o proceso.
  • ABANCA impulsa a súa estratexia dixital con novos produtos e servizos online. Ademais de poder facerse cliente desde www.abanca.com e contratar a Conta online, a partir de agora calquera usuario poderá tamén contratar a distancia a Hipoteca Mari Carmen, tanto a tipo fixo como variable, o Préstamo 24 horas e o Préstamo 24 horas Auto. Ademais, os clientes con banca electrónica poden contratar a través deste servizo depósitos, fondos, seguros e investimentos en bolsa. Como parte desta iniciativa, ABANCA impulsou a súa páxina web con espazos para os novos produtos e ferramentas como simuladores, comparadores ou vídeos.
  • Presentación da xestora de fondos de investimento Imantia Capital. Imantia Capital é unha compañía xurdida a partir da antiga AC Xestión, unha das xestoras históricas do mercado español. Actualmente xestiona un patrimonio de 3.000 millóns de euros e está situada no posto 13º do ranking nacional. Tras a súa adquisición por parte de ABANCA, que é o seu principal accionista e comercializador, a compañía enfronta unha profunda transformación do seu modelo dentro do seu novo proxecto de crecemento e internacionalización.
  • Reforzo da presenza internacional de ABANCA coa apertura da nova oficina de representación en México D.F. No ámbito internacional ABANCA está presente en México, Panamá, Venezuela, Francia, Alemaña e Reino Unido (en todos eles a través de oficinas de representación), Portugal (con ficha bancaria propia) e Suíza (ambas as modalidades). Desde as súas novas instalacións na capital do país americano, ABANCA operará co obxectivo de seguir prestando servizo aos seus clientes actuais e incrementar a súa actividade no tecido empresarial vinculado a eses clientes.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

MSCI eleva o rating ESG de ABANCA ata AA e sitúao na categoría ‘Leader’

01-04-2025
Financiero

Esta categoría é a mellor das posibles na escala de MSCI, e con iso ABANCA sitúase á cabeza do sector bancario español.

Standard and Poor’s mellora un chanzo o rating de ABANCA

27-03-2025
Financiero

A subida aplicada por Standard and Poor’s é a cuarta recibida por ABANCA desde o pasado mes de novembro, despois das aplicadas por Moody´s, Fitch e DBRS.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .