ABANCA organiza un torneo de fútbol solidario entre empresas da Coruña
- O diñeiro recadado no ‘I Torneo Solidario ABANCA Obra Social’ destinarase integramente á Asociación de Dano Cerebral da Coruña e á Fundación Entreculturas
- O torneo enfrontará o sábado 24 de setembro en Abegondo aos equipos de empregados de distintas empresas da cidade de A Coruña
- Os partidos serán arbitrados por ex xogadores do R.C. Deportivo
ABANCA Obra Social, en colaboración co R.C. Deportivo, Coca-Cola e Cruz Roja, organiza o vindeiro sábado, 24 de setembro, na cidade deportiva de Abegondo, o primeiro ‘Torneo Solidario ABANCASerás redirixido a outro sitio web Obra Social’ de fútbol 7.
Trátase dun torneo benéfico no que participarán seis equipos de fútbol 7 de distintas empresas da Coruña. O diñeiro recadado destinarase á Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECOSerás redirixido a outro sitio web) e á Fundación EntreculturasSerás redirixido a outro sitio web.
As entradas, que teñen un prezo simbólico de cinco euros, poden adquirirse nos despachos de billetes do R.C. Deportivo en Abegondo. Ademais, toda persoa que queira colaborar pero non poida asistir ao evento, pode facer unha achega á fila 0 no número de conta: 2080 7208 3385 3000 7122.
‘Por ti, por eles, por unha boa causa’ é a lema escollido pola entidade financeira galega para promocionar este encontro que forma parte do programa de acción social da dirección xeral de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA. “O que buscamos é recadar fondos para estas dúas organizacións que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas organizando un encontro deportivo co que esperamos mobilizar a moitas persoas por esta boa causa”, sinala Tatiana Suárez, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCASerás redirixido a outro sitio web.
En total, xogarán seis equipos: ABANCA, Emalcsa, Grupo Work, Repsol, o Colexio de Avogados da Coruña e o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, que se dividirán en dous grupos de forma que cada un xogue dous partidos. Os dous mellores equipos, un de cada grupo, disputarán a final. Os partidos serán arbitrados por ex xogadores do Deportivo. Entre cada quenda de partidos sortearanse balóns e camisetas do Deportivo asinados polos xogadores entre todos os asistentes que comprasen a súa entrada.