ABANCA permite aos seus clientes o pago presencial co móbil en comercios mediante Bizum Pay
- O banco pon ao dispor da súa clientela o novo servizo para pagar en tendas físicas con Bizum ou con tarxeta de forma rápida, cómoda e segura, con só achegar o móbil ao TPV
- Para poder utilizar este novo método de pago nas súas compras diarias, os clientes só teñen que configurar a nova carteira dixital de Bizum desde a banca móbil e vincular as súas tarxetas ABANCA
- Toda a rede de terminais intelixentes do banco en puntos de venda xa acepta esta innovadora solución, pioneira en Europa
Bizum Pay permite pagar presencialmente en comercios con cargo á conta ou con taxeta de forma rápida, sinxela e segura, con só achegar o móbil ao TPV.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
21.09.2026. ABANCA xa ofrece a todos os seus clientes Bizum Pay, a nova carteira dixital de Bizum que permite pagar presencialmente en comercios con cargo a conta ou con tarxeta de forma rápida, sinxela e segura. Así mesmo, o 100% dos comercios con TPV intelixente do banco aceptan esta innovadora funcionalidade de pago móbil. ABANCA convértese así nunha das primeiras entidades financeiras en poñer ao dispor dos seus clientes este innovador método de pago presencial impulsado por Bizum, que é pioneiro en Europa.
Bizum Pay funciona como un moedeiro dixital (wallet) no que o usuario pode enrolar as súas tarxetas para pagar as compras en tendas e establecementos, con só achegar o seu móbil ao TPV. Pero, ademais, fronte aos wallet das grandes plataformas internacionais, con esta innovadora solución de pago móbil da banca española o cliente pode pagar directamente desde a súa conta bancaria ao comercio, de forma instantánea e coa mesma facilidade e seguridade que ofrecen os pagos con Bizum entre particulares.
Configuración desde a app de banca móbil
Os clientes de ABANCA poden configurar este novo wallet desde as aplicacións de banca móbil de ABANCA e de B100, de forma segura, intuitiva e en poucos minutos. Desde o menú de personalización, deben clicar na funcionalidade de Bizum (é necesario ter activado este servizo), seguir os pasos para a descarga de Bizum Pay desde as tendas Android e iOS, e engadir as súas tarxetas á carteira virtual. Unha vez configurada, poderá establecerse como aplicación de pago por defecto no móbil.
Ademais, ABANCA habilitou Bizum Pay na totalidade da súa rede de TPVs intelixentes. Por tanto, os comercios que contan con esta modalidade de datáfonos -a gran maioría- xa poden cobrar con este novo método de pago móbil, sen necesidade de substituír os seus dispositivos actuais nin de solicitar a súa activación á entidade.
En España, o despregamento de Bizum Pay avanza de forma progresiva, tanto en pequenos e medianos negocios como en grandes cadeas. Hoxe por hoxe, tres de cada catro terminais bancarios xa aceptan esta nova modalidade de pago presencial.
Innovación en medios de pago
ABANCA é unha das entidades financeiras españolas máis salientables no desenvolvemento tecnolóxico, de innovación e de transformación dixital en medios de pago, cun claro enfoque cara ao cliente. Coa incorporación de Bizum Pay, a entidade financeira reforza a súa oferta de produtos e solucións de pago dixital adaptadas ás necesidades de particulares, negocios e empresas, que destacan pola súa innovación, sinxeleza, axilidade e seguridade.