• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta ‘Alavuelta’, un servizo dixital de big data, venda online e marketing para comercios

  • A ferramenta consta de tres módulos que apoiarán ao comercio en todo o proceso de xeración de negocio
  • ‘Alavuelta’ permitirá ao comercio coñecer as claves do seu negocio, atraer a novos clientes, fidelizar aos que xa ten e dispoñer dunha completa plataforma de comercio electrónico
  • ABANCA porá a disposición dos negocios todas as súas capacidades de análise de datos para que poidan optimizar o éxito das súas ofertas comerciais

O director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, Jorge Mahía, o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, e a coordinadora de Analítica Avanzada, Marta Pou, durante a presentación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, o director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, Jorge Mahía, e o especialista de Innovación de ABANCA, Ángel Fernández Vidal, durante a presentación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, durante a presentación ás asociacións de comerciantes e hostaleiros.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Alavuelta by ABANCA Alavuelta permitirache coñecer as claves do teu negocio mellor que nunca, atraer novos clientes e fidelizar os que xa tes. Serás redirixido a outro sitio web
20-11-2018
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web vén de presentar hoxe en Santiago ‘Alavuelta’, un novo servizo dixital que achegará aos seus clientes os beneficios do big data, o comercio electrónico e do mobile marketing. Trátase dunha solución completa formada por tres módulos, ‘Alavuelta descubre’, ‘Alavuelta atrae’ e ‘Alavuelta fideliza’, que apoiará aos comercios en todo o proceso de xeración de negocio.

O director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, o director de Marketing, Intelixencia e Dixital da entidade, Jorge Mahía, e Marta Pou, coordinadora de Analítica Avanzada de ABANCA, foron os encargados de explicar o funcionamento deste novo servizo dixital do banco. Previamente, a entidade financeira reuniu a representantes de máis de 40 asociacións de comerciantes e hostaleiros para presentarlles a iniciativa.

“O que queremos é pór a disposición dos comercios a tecnoloxía de última xeración e as técnicas de big data que usan as grandes empresas para tomar as súas decisións e, así, dotar aos comercios galegos de capacidades dixitais para xerar máis beneficio. O obxectivo é axudarlles a crecer proporcionándolles ferramentas que llo faciliten”, asegurou Jorge Mahía durante a súa intervención.

Para iso, a entidade financeira galega deseñou ‘Alavuelta’, unha completa ferramenta para negocios que lles permitirá coñecer mellor á súa clientela a través das súas compras, coidar as súas necesidades e captar novos clientes. Ademais, contarán cunha plataforma de xestión que permitirá ao comercio ofrecer programas de fidelización, tarxetas regalo e unha tenda de comercio electrónico.

Tres maneiras de xerar máis negocio

‘Alavuelta’ está formado por tres módulos con distintas funcionalidades. Cada comercio poderá contratar un ou varios servizos segundo as súas preferencias e necesidades.

Con ‘Alavuelta descubre’ os comercios accederán a información estatística sobre os seus clientes, as súas vendas e o seu negocio. Entre outras cousas, poderán coñecer a evolución das vendas con respecto ás da competencia ou saber o posto de facturación do comercio con respecto ao sector. Ademais, o dono do negocio disporá de información agrupada do sexo e a idade dos grupos de clientes que compran no comercio e poderá coñecer cando compran máis os clientes.

Se queren dar un paso máis, o servizo ofrece a posibilidade de contratar ¡Alavuelta atrae’ que lles permitirá conectar cos seus clientes actuais e potenciais. Mediante unha web, o comercio poderá enviar notificacións a todos os seus clientes potenciais cando teña unha oferta, novidade ou comunicación que queira compartir con eles. ABANCA conectará este servizo cos seus modelos de recomendación de compras ao cliente final, conseguindo así afinar o público obxectivo ao que cada comercio se dirixe.

Por último, o servizo dixital de ABANCA complétase con ‘Alavuelta fideliza’, unha ferramenta que lles permitirá aos comercios fidelizar aos seus clientes. Con ela, o dono do negocio disporá de programas de fidelización dixitais, tarxetas regalo e outros servizos. Este módulo incorporará unha completa plataforma de comercio electrónico, de tal maneira que o cliente final poderá realizar o proceso completo: construír o seu propio escaparate, recibir ofertas personalizadas e realizar a compra online do produto seleccionado.

“Con esta información poderán tomar mellores decisións sobre como xerar oportunidades de negocio e, ademais, terán ferramentas para conectar cos seus clientes máis fieis e atraer a outros novos. Non só lles ofrecemos datos, senón tamén unha aplicación de mobile marketing para conectar e comunicarse directamente cos seus clientes, e completar todo o ciclo co servizo de venda online na aplicación móbil, incluíndo a loxística de envío do produto”, explicou Jorge Mahía.

Unha aplicación móbil para o cliente

Os clientes dos comercios tamén poderán descargarse unha aplicación móbil que personalizarán en base aos seus gustos e intereses. Nesta app poderán ter todos os programas de fidelización dos seus comercios favoritos, comprar tarxetas regalo dixitais, personalizar as ofertas e novidades que queren recibir e realizar a compra de maneira dixital.

ABANCA conectará desta maneira ao comercio con miles de potenciais clientes, que gozarán dun Marketplace no seu móbil dos produtos máis afíns ao seu perfil e do comercio de proximidade, sen perder a posibilidade de realizar a compra de maneira presencial ou online.

Deseñada integramente por ABANCA

‘Alavuelta’ deseñouse completamente en ABANCA e está ideada desde o seu inicio pensando en comercios e negocios. “Matemáticos, físicos, enxeñeiros e xestores financeiros de ABANCA traballaron no desenvolvemento desta solución global para os negocios”, sinalou Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA.

O funcionamento é moi sinxelo, ‘Alavuelta’ analiza a información de toda a operativa dos TPVs de ABANCA e o patrón de compra de todos os seus clientes con cartón, sen esquecerse de garantir en todo momento o anonimato dos mesmos. Ademais, tamén se utilizan datos estatísticos agregados dos clientes do negocio e da competencia. “A ferramenta selecciona e interpreta os datos e a información realmente útiles para cada negocio, e móstrallos cunha linguaxe familiar e sinxela para o cliente”, explicou Marta Pou, coordinadora de Analítica Avanzada de ABANCA.

Mediante algoritmos matemáticos automaticamente seleccionará o público obxectivo do produto e da oferta e finalmente, cunha ferramenta moi sinxela, o comercio poderá deseñar e manter as súas ofertas e a súa propia tenda de comercio electrónico na aplicación móbil do cliente final.

Este novo servizo lánzase cun piloto nun número reducido de comercios e en poucas semanas ABANCA iniciará a súa comercialización en todos os comercios galegos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .