ABANCA presenta no Museo de Bellas Artes de Asturias dúas obras de Joan Miró da súa Colección de Arte
- La pinacoteca asturiana acollerá durante os próximos tres meses as dúas pinturas do xenio catalán no marco do programa Obra Convidada
- A Colección ABANCA é unha das coleccións de arte privado máis relevantes do país e foi declarada Ben de Interese Cultural en 2015
Dúas pinturas de Joan Miró da Colección ABANCA, un dos conxuntos artísticos privados máis interesantes do país para coñecer a evolución da historia da arte do século XX, son as novas obras convidadas que poderán contemplarse no Museo de Bellas Artes de Asturias entre os meses de xullo e outubro.
Tête d’homme III e Tête, oiseaux foron realizadas por Miró con máis de catro décadas de separación. A partir da montaxe confeccionada pola pinacoteca asturiana, as dúas obras da Colección ABANCA non só poderán dialogar entre elas, evidenciando dous momentos creativos distintos dentro da propia traxectoria do artista catalán, senón tamén con outras obras procedentes da colección permanente do Museo, entre as que destacada a litografía La grande Écaillère, obra realizada por Miró en 1975. Xunto ás citadas pezas, o espazo expositivo dedicado ás obras convidadas complétase coa presenza de importantes artistas contemporáneos tales como Pablo Picasso, María Blanchard, Salvador Dalí, Joaquín Torres García e Tsuguharu-Léonard Forjita, mostrando o rico panorama polo que transitou a obra de Joan Miró.
A Colección de Arte ABANCA está conformada por máis de 1.300 obras entre pinturas, esculturas, fotografías, gravados, debuxos e instalacións de máis de 200 artistas, tanto españois como internacionais, cuxo nexo de unión é a súa pertenza á arte moderna e contemporánea.
A colección ten as súas orixes na Galicia da década dos anos 70, momento no que se prestou especial atención ao traballo dos artistas galegos. Da recompilación desa primeira etapa, a colección conta na actualidade cun conxunto de nomes e obras da talla de Castelao, Laxeiro, Luís Seoane, Urbano Lugrís, Leopoldo Nóvoa ou Francisco Leiro que, sen dúbida, simbolizan traxectorias e etapas da propia historia artística de Galicia.
Xunto a eles, pero xa nunha segunda fase, a colección foise completando con obras de artistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, entre os que destacan creadores como Picasso, Leger, Miró, Dalí, Braque, Millares, Chillida, Tàpies, Juan Muñoz ou Barceló, entre outros.
O resultado destes anos de coleccionismo é un fondo de grande interese artístico a través do cal pódese coñecer a evolución e os movementos que definiron a historia da arte do século XX. Unha colección de gran importancia que no ano 2015 foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
Tête d’homme III pertence a unha serie de catro obras realizadas por Miró no ano 1931. Todas elas comparten a elección do fondo branco e, sobre el, a presenza dunha cabeza esquemática que, sen dúbida, lembra a unha máscara. Unha referencia moi habitual entre os artistas da mesma xeración de Miró para quen a arte primitiva foi unha constante inspiración. Tête d’homme III evidencia, así mesmo, o afastamento que o creador catalán experimentou con respecto á pintura mimética máis tradicional no que, con todo, conservou restos figurativos que lle separaron da abstracción máis pura.
Pola súa parte, Tête, oiseaux (Cabeza, paxaros) corresponde a un momento en que figuras humanas, cabezas, astros e paxaros dominan a temática mironiana. Se a obra anterior caracterizábase polo fondo branco, Tête, oiseaux funciona case como un oposto ao situar as formas sobre un fondo negro. Unha elección buscada que suxire o mundo da noite e, por tanto, tamén dos soños.
Dúas obras coas que, en definitiva, podemos revisar unha parte da dilatada traxectoria de Joan Miró introducíndonos nun mundo repleto de signos cos que o artista buscou plasmar unha realidade absoluta na que o mundo interior foi tan importante como a realidade externa.
O programa Obra Convidada ten como obxectivo traer ao Museo de Bellas Artes de Asturias destacadas obras procedentes de coleccionistas particulares ou doutras institucións nacionais e internacionais que contribúan a reforzar o discurso da colección permanente, ben porque permitan afondar en aspectos xa contemplados pola colección, ben porque permitan cubrir lagoas que nela poidan detectarse. Nesta ocasión, Tête d’homme III e Tête, oiseaux chegan para enriquecer os fondos dedicados á vangarda intencional e expostos no primeiro andar do edificio Ampliación.
Ao redor das obras convidadas prestadas por ABANCA, o Museo de Bellas Artes de Asturias programou unha serie de visitas guiadas baixo o título “Diálogos con la Obra invitada… Joan Miró” que comezarán o martes 21 de xullo.