• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta o ciclo ‘Diálogos poéticos con Rafael Cadenas’ en Galicia

  • O poeta venezolano manterá encontros co público en Santiago, Vigo e A Coruña
  • Con este ciclo, o banco homenaxea ao escritor, gañador do Premio Internacional de Poesía García Lorca

De esquerda a dereita, Ubaldo Rueda, director do I.E.S. Rosalía de Castro, Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Rafael Cadenas, poeta venezolano, e Miriam Reyes, poetisa galega.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

23-05-2016
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web presentou esta mañá en Santiago de Compostela o ciclo de recitais poéticos ‘Diálogos poéticos con Rafael Cadenas’ que se celebrarán ao longo desta semana en Galicia como homenaxe ao poeta venezolano recentemente galardoado co [Premio Internacional de Poesía García Lorca.]((http://www.premiogarcialorca.es/)

Tras a presentación do ciclo, no que Cadenas estivo acompañado polo director de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, a poetisa Miriam Reyes e o director do I.E.S. Rosalía de CastroSerás redirixido a outro sitio web, Ubaldo Rueda, tivo lugar o primeiro encontro poético, no que participaron estudantes do centro educativo compostelán.

Durante a súa intervención, Rafael Cadenas repasou os seus referentes poéticos, entre os que se atopan autores españois como Antonio Machado, Pedro Salinas ou Juan Ramón Jiménez. Ademais, compartiu a súa visión sobre a vida e a sociedade, que se reflicte fielmente na súa obra, resaltando que neste momento “calquera ideoloxía parece perversa, aínda que estea guiada pola boa intención, porque separa aos seres humanos”, e nese sentido fixo unha “aposta polo sentido común fronte aos egos”.

A poetisa galega Miriam Reyes situouno entre os autores máis importantes e destacou a importancia que lle dá ao sensorial, primando a natureza e fuxindo da hexemonía da mente, polo que a súa lectura “pódenos axudar a vivir mellor e ser máis felices”.

Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, sinalou que con esta iniciativa o banco e Afundación avanzan nun dos obxectivos que comparten, “xeneralizar o acceso á cultura a todos os públicos, xa que coñecer diferentes expresións artísticas e culturais contribúen ao desenvolvemento individual da persoa e a construír unha sociedade máis libre e máis crítica”.

O ciclo que comezou esta mañá no I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago continuará o martes 24 en Vigo, ás 20.00 horas, no auditorio do Teatro de AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web. Na cidade olívica, Rafael Cadenas compartirá mesa co xornalista e editor Manuel Bragado e o escritor Anxo Angueira.

O mércores 25 a cita será na Coruña. O recital terá lugar tamén ás 20.00 horas no auditorio da sede AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web na cidade herculina e participarán, ademais do poeta venezolano, a escritora Dores Tembrás e o xornalista Luís Pousa.

Rafael Cadenas

Rafael Cadenas (Barquismeto, Venezuela, 1930) é un poeta, ensaísta e tradutor venezolano que foi tamén profesor na Escola de Letras da Universidad Central de Venezuela, onde impartiu clases de poesía española e norteamericana.

É considerado un dos clásicos vivos na historia da literatura venezolana. Recibiu numerosos recoñecementos, o último deles o Premio Internacional de Poesía García Lorca 2015, que recolleu hai poucos días en Granada.

Este galardón súmase a unha longa lista de premios, entre os que podemos destacar o Premio Nacional de Literatura de Venezuela en 1985, o Premio San Juan de la Cruz en 1992 e o Premio FIL de Literatura en Lenguas Romances de Guadalajara (México) en 2009.

É coñecido como membro da xeración da década de 1960 dentro da literatura venezolana. Un dos seus poemas desa época, 'Derrota', é considerado como a obra que mellor define a esa xeración venezolana, a xuventude que sentía que o fracaso da revolución no seu país era o seu propio fracaso.

Nesa época era militante comunista e tivo que exiliarse en Trinidad fuxindo da ditadura de Marcos Pérez Jiménez. En 1957 regresa a Venezuela e publica a que se converterá na súa obra máis famosa 'Los cuadernos del destierro' (1960).

A súa poesía e a súa prosa están recollidas en 'Obra entera', publicada primeiro polo Fondo de Cultura Económica de México e, máis tarde, pola editorial española Pre-Textos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .