• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta os novos servizos centrais da súa sede de Vigo

  • O investimento do banco no proxecto de transformación supera os 25 millóns de euros
  • A entidade financeira estrea tres plantas que albergan a 550 profesionais de servizos centrais, da dirección territorial de Vigo e de ABANCA Conecta
  • Este proxecto, que abrangue 6.500 m², complétase logo de abordar previamente a reforma integral da oficina principal e a creación das novas instalacións de ABANCA Innova. En total, 8.400 m2, modernizados
  • Os novos espazos foron creados baixo o deseño open space, que reforza o traballo en equipo, a flexibilidade e a sostibilidade
  • O banco reforza a súa presenza en Vigo, onde se mantén como a entidade financeira de referencia, e continúa a dotar de novas capacidades á sede de García Barbón
Foto de familia co equipo de García Barbón

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o conselleiro delegado, Francisco Botas; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero; xunto ao equipo de García Barbón.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Visita ás plantas do edificio de García Barbón

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o conselleiro delegado, Francisco Botas; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero; visitan as distintas plantas do edificio de García Barbón.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Visita ao patio central do edificio

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o conselleiro delegado, Francisco Botas; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero; no patio interior do edificio de García Barbón.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-11-2026
Corporativo

ABANCA estreou as súas novas instalacións corporativas en Vigo, situadas no emblemático edificio que a entidade financeira posúe en García Barbón. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, deron a coñecer esta mañá o novo aspecto dunha sede con sete décadas de historia, nunha presentación á que asistiu o alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e arredor de 550 profesionais do equipo de ABANCA.

A finalización desta fase supón un paso adiante na transformación da sede viguesa do banco. Tras abordar previamente a reforma integral da oficina principal e a creación das novas instalacións de ABANCA Innova na cidade, a actuación que agora se desvela centrouse en transformar por completo a aparencia e o uso dos espazos que albergan aos profesionais dos servizos centrais, da dirección territorial de Vigo e de ABANCA Conecta. O investimento total de ABANCA no proxecto de remodelación da súa sede de García Barbón supera os 25 millóns de euros.

Con esta presentación conclúe unha nova fase na transformación do inmoble, a máis significativa tendo en conta a superficie sobre a que se actuou, os usos definidos dos novos espazos e o número de profesionais que alberga. As obras seguen nas plantas superiores para habilitar novas áreas institucionais e de banca privada e onde tamén, de maneira exclusiva, se situarán socios de primeiro nivel de diversos sectores, co obxectivo de xerar sinerxías. Tamén no último andar do inmoble, en comercialización para proxectos de restauración e cunha localización privilexiada e unha vista panorámica exclusiva e inédita da ría.

O espazo ao servizo das persoas

A transformación destas tres novas plantas da sede de García Barbón levouse a cabo coa mesma idea: garantir que os espazos estean ao servizo das persoas. En total, actuouse sobre máis de 6.500 metros cadrados nesta fase, que permiten acadar os 8.400 metros cuadrados xa transformados, que incorporan o novo modelo corporativo: as instalacións están deseñadas para promover o traballo colaborativo e flexible, crean espazos máis abertos, incorporan a última tecnoloxía e son decididamente máis sostibles, tanto na súa construción como no seu uso diario. Ademais, as obras compatibilizaron o seu avance cos propios usos do edificio, baixo a premisa de reducir ao máximo o seu impacto na actividade administrativa e comercial.

Os postos de traballo distribuíronse a través de mesas compartidas situadas xunto ás fiestras, co co obxectivo de favorecer a iluminación natural e aproveitar o feito de que todas as fachadas do edificio dan a rúas amplas. A escolla de cores neutras, xunto coa iluminación LED complementaria, crean un ambiente de traballo acolledor.

Precisamente o compromiso coa sostibilidade é un dos vectores da actuación no edificio. Máis alá da transformación do espazo, implementáronse novos protocolos de acordo co Plan Estratéxico de Sostibilidade de ABANCA, que resultaron nunha redución da pegada ambiental. Trátase de medidas tanxibles destinadas a reducir o consumo de papel, auga e outros recursos, pero tamén do consumo de enerxía e o uso de fontes renovables.

No espazo interior do edificio, arredor do amplo patio central que culmina nun impresionante atrio acristalado a uns 40 metros de altura, dispuxéranse 34 salas de reunións de diferente capacidade, a maioría equipadas para videochamadas. Uns recursos funcionais permiten a conexión remota con outros equipos, que se complementan con 35 cabinas individuais distribuídas polas tres plantas. Todo iso sen esquecer 16 salas de reunións abertas que fomentan o traballo colaborativo máis informal.

Cada un dos tres novos niveis foi equipado con espazos pícnic, dotados de electrodomésticos e mobiliario, para facer pausas e comer.

Máis comprometidos con Vigo

O avance da transformación integral da sede de García Barbón é unha nova mostra do compromiso de ABANCA con Vigo. A finalización das distintas fases do proxecto desenvolvidas ata o momento serven para facer tanxible a conexión do banco non só coa cidade, senón tamén co seu tecido empresarial e cos profesionais que traballan no edificio.

ABANCA segue sendo a entidade financeira de referencia para familias, empresas, autónomos e administracións públicas da cidade e da súa área metropolitana. Conta coa maior capacidade comercial dun banco na área metropolitana, grazas ás súas 81 sucursais e aproximadamente 1.000 profesionais. Unha presenza destacada que lle permite ofrecer un servizo integral que abrangue todos os segmentos da banca minorista, a banca corporativa e a banca especializada, sen esquecer a súa unidade de xestión personalizada a distancia, ABANCA Conecta. Todo isto para dar servizo a uns 320.000 clientes e xestionar un volume de negocio superior aos 17.400 millóns.

A proximidade e o coñecemento da realidade económica desta área ten a súa continuidade tamén nas decenas de acordos de colaboración que o banco mantén vixentes con algúns dos principais axentes que máis decisivamente impactan no tecido produtivo vigués. Un impulso económico que tamen ten a súa continuidade na labor educativa, social e cultural que desenvolve Afundación na cidade, co apoio decidido de ABANCA. E, por suposto, que segue a través da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), unha institución académica consolidada que conta cunha ampla oferta formativa de programas de grao e posgrao no seu campus da Avenida de Madrid.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA incorpora a Mário Centeno como novo conselleiro independente de ABANCA Vida y Pensiones

08-10-2026
Corporativo

O ex gobernador do Banco de Portugal, expresidente do Eurogrupo e exministro de Finanzas achegará a súa visión económica e a súa ampla traxectoria en regulación e gobernanza.

ABANCA adquire a sede do British Council para impulsar o seu proxecto estratéxico en Madrid

25-09-2026
Corporativo

ABANCA chegou a un acordo co British Council para a compravenda da súa sede en Madrid, situada no Paseo del General Martínez Campos, no barrio de Almagro (distrito de Chamberí).

O novo edificio adquirido por ABANCA en Madrid.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .