• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA, primeiro banco español en empregar a intelixencia artificial xenerativa para atender ás consultas dos seus clientes

  • Os primeiros usuarios poderán acceder ao novo servizo, denominado SOFia, a través da páxina web do banco e estará totalmente dispoñible durante o mes de decembro
  • O desenvolvemento nútrese de toda a información sobre produtos e servizos dispoñibles na web y ofrece respostas precisas e adaptadas ás consultas de cada usuario

Un cliente emprega o novo servizo de intelixencia artificial xenerativa para resolver unha consulta.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Que fai SOFia.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-12-2024
Negocio

ABANCA convértese na primeira entidade financeira española en integrar a intelixencia artificial xerativa (IAX) na atención das consultas dos seus clientes e non clientes. Este servizo pioneiro arrancou xa de xeito limitado para un grupo de clientes e estenderase nas vindeiras semanas coa vista posta en estar totalmente dispoñible para calquera usuario, sexa cliente ou non, no mes de decembro.

Esta solución avanzada confirma a aposta do banco por esta tecnoloxía, que xa foi incorporada e probada nos últimos meses noutros procesos e canles internas da entidade. O desenvolvemento está dispoñible en todos os dispositivos a través da páxina web do banco e súmase ao resto de alternativas presenciais e remotas que ofrece a entidade, como a asistencia telefónica ou a través das principais redes sociais.

As respostas que ofrece esta nova canle de comunicación están dirixidas a axilizar a atención ás dúbidas e consultas dos usuarios sobre a información dispoñible na web dun xeito próximo. Este servizo de intelixencia artificial xerativa non opera directamente nin ofrece información sobre os produtos contratados nin datos persoais dos usuarios. En termos prácticos, recibirán unha resposta afinada sobre o que demandan e, se precisan ampliar a información recibida, serán dirixidos aos diferentes espazos da páxina web de ABANCA, onde poderán continuar coa operación con total seguridade.

Unha resposta inmediata e sempre dispoñible

Calquera usuario que queira utilizar o servizo simplemente ten que iniciar unha conversación co asistente, utilizando unha linguaxe natural. O novo desenvolvemento é capaz de interpretar o significado e o contexto da consulta e buscar entre miles de páxinas ou repositorios de preguntas frecuentes do banco. Non ofrece contestacións predefinidas, senón que crea unha resposta inmediata segundo as necesidades expresadas por cada cliente e o contexto.

O servizo está dispoñible en calquera momento e permite aos clientes chatear en diferentes idiomas. Ao utilizar contidos continuamente renovados, as respostas son precisas e sempre actualizadas.

Dentro do proceso de lanzamento, nas últimas semanas realizouse unha enquisa con usuarios. Nas súas respostas deron unha puntuación media de 4,23 sobre 5. Ademais, máis da metade valorou a SOFia coa puntuación máis alta. Entre os puntos fortes do desenvolvemento destacaron a coherencia, a utilidade, a linguaxe empregada e a facilidade para atopar o chatbot dentro de la web.

A implantación desta tecnoloxía é o resultado do compromiso estratéxico do banco por ofrecer aos seus clientes a mellor experiencia. Despois de implantar con éxito nos últimos meses esta ferramenta internamente, o banco busca agora abrir unha nova canle de comunicación máis directa e accesible, coa que os usuarios poidan interactuar en calquera momento e lugar.

En 2024 implantáronse en ABANCA máis de 25 iniciativas de intelixencia artificial xenerativa e o 60% do equipo profesional da entidade utiliza habitualmente algunha aplicación baseada nesta tecnoloxía. Ademais, o 32% dos principais procesos do banco incorporan IA e a produtividade dos servizos que se transformaron con IA aumentou nun 35%.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .