ABANCA ratifica o seu apoio ao campo estremeño coa renovación da súa colaboración coas principais organizacións agrarias en Agroexpo
- Na 38ª edición da Feria Internacional Agroexpo, o banco reafirma a súa presenza en Estremadura cun estand propio
- A entidade financeira ofrece produtos e servizos deseñados a medida para o campo e unha ampla experiencia e rede comercial na rexión
O equipo de ABANCA Agro e da dirección territorial Centro Oeste da entidade no estand durante a celebración de Agroexpo.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA continúa dando pasos no seu apoio e compromiso ao sector primario en Estremadura e, un ano máis, coincidindo coa celebración da feira Agroexpo, renova os acordos de colaboración que mantén coas principais organizacións de agricultores e explotacións agrarias da rexión. Ofrece a todas elas un amplo catálogo de produtos e servizos adaptados e deseñados a medida pola súa unidade especializada ABANCA Agro co obxectivo de responder ás demandas e necesidades actuais do campo.
Os acordos foron renovados durante a celebración da 38ª edición da Feria Internacional Agroexpo, que ten lugar estes días en Don Benito (Badaxoz), e na que ABANCA, un ano máis, conta cun estand propio con profesionais do sector para dar a coñecer a súa proposta de valor, escoitar as súas necesidades e trazar alianzas. Durante o evento, o banco aproveitou para destacar a súa unidade especializada ABANCA Agro, que conta cunha ampla experiencia e cercanía no sector, e poñer en valor a súa rede de oficinas na comunidade estremeña, que facilita o acceso aos servizos bancarios e contribúe á inclusión financeira na rexión.
O director territorial Centro Oeste de ABANCA, Marcos Lamas, foi o encargado de firmar os respectivos convenios con varios dos axentes máis relevantes do sector en Estremadura. Nas firmas participaron os representantes de ASAJA Badajoz, ASAJA Cáceres, UPA-UCE Extremadura, La Unión de Agricultores y Ganaderos de Extremadura, CAVE San José, S.C.L. San Lucas de El Torno y S.C.L. San José de Piornal y San Juan Alonso de Ojeda Sociedad Cooperativa, así como o director de Banca Sectorial, Jesús Combarro, os directores de zona de ABANCA en Cáceres y Badaxoz, Julián Serrano e Francisco Guillén, respetivamente, e outras persoas representantes de ABANCA.
Tras as firmas, todas as partes destacaron a relevancia de manter este tipo de alianzas, especialmente tendo en conta o momento que atravesa o campo, no que preocupan a viabilidade do acordo con Mercosur, por agora paralizado, e os recortes previstos para a próxima PAC.
Unificación do financiamiento e sostibilidade
Unha das propostas clave dos convenios é a Liña de Financiamento Agro Multidestino. Trátase dun produto creado para dar resposta ás necesidades do campo e a través do que se poderán unificar nun único contrato o financiamento do día a día das explotacións agrarias co conseguinte aforro que supón nos custos e a simplificación dos trámites administrativos.
Os convenios rubricados ofrecen tamén unha serie de propostas para reforzar un sector clave e esencial en Estremadura, como fórmulas de financiamiento flexible a longo prazo para impulsar novas inversións e modernizar as actuais, outorgando especial importancia ás vinculadas coa sostibilidade e as enerxías renovables, entre as que destacan solucións como o leasing ou os préstamos.
Tamén destacan os anticipos de subvencións, devolucións de impostos e gastos de campaña ou os anticipos da PAC. Para necesidades puntuais, os profesioanis do campo contarán cos anticipos, o préstamo de campaña, a póliza de crédito ou a liña específica de financiamento de seguros agrarios, entre outros.
Con estes acordos de colaboración, ABANCA mantén o seu compromiso e colaboración co sector e os retos aos que se enfronta nesta campaña e fai especial fincapié no relevo xeracional, no apoio ás organizacións agrarias e os seus asociados e asociadas, e aos e ás cooperativistas.