ABANCA reafirma a súa colaboración cos regantes do Páramo e Los Payuelos e impulsa a sostibilidade e o seu compromiso para facer fronte aos retos do sector
ABANCA vén de renovar acordos de colaboración que mantén coa Comunidad de Regantes de Los Payuelos e coa Comunidad de Regantes del Canal del Páramo co obxectivo de dar resposta ás demandas actuais do sector, entre as que destacan a sostibilidade e a mellora da xestión dos recursos hídricos nos cultivos.
O acordo foi asinado, por un lado, polo coordinador de ABANCA Agro, Alfonso García, e o presidente da Comunidad de Regantes de Los Payuelos, Jorge Fernando Álvarez; e por outro polo director de zona de ABANCA en Castela e León, Pedro Vidal, e Roberto San Martín, presidente da Comunidad de Regantes del Canal del Páramo, e Ángel González,, presidente do Sindicato Central del Embalse de Barrios de Luna.
Durante as firmas, os representantes conversaron sobre os problemas e retos actuais aos que se enfronta o sector, principalmente os climatolóxicos, caracterizados polas fortes sequías e o exceso de choivas; pero tamén os causados polo aumento dos custos dos insumos e a necesidade de modernización e mellora da sostibilidade e eficiencia enerxética.
Ambos representantes de ABANCA recalcaron o compromiso que a entidade mantén co sector do regadío desde fai varios anos e que ten especial relevancia na provincia de León. “Para ABANCA é importante apoiar esta actividade, imprescindible no sector primario leonés. Con este acordo queremos mellorar a competitividade dos regantes e impulsar aspectos esenciais como a sostibilidade”, explicou o coordinador de ABANCA Agro.
Pola súa parte, o presidente da Comunidad de Regantes de Los Payuelos destacou a relevancia da firma nun momento importante para os regantes, no que se está a traballar para mellorar a xestión dos recursos hídricos a través do amoblamento de fincas e que está contando tamén coa incorporación de moita xente moza, favorecendo así o relevo xeracional.
Os convenios contan cunha serie de produtos e servizos deseñados especificamente pola unidade especializada ABANCA Agro que permitirán aos regantes facer fronte a estes retos, poñer en marcha novos proxectos e mellorar aspectos fundamentais dos actuais. Tamén cobran especial relevancia nos acordos outros aspectos, como o leasing mobiliario, préstamos para anticipos de impostos, subvencións e gastos de campaña, ou os anticipos da PAC.
Liña de Financiamento Agro Multidestino
As persoas que forman parte de ambas comunidades de regantes terán acceso tamén á Liña de Financiamento Agro Multidestino, un produto deseñado para responder ás demandas e necesidades de financiamento do sector. A través del, os regantes poderán unificar nun único contrato o financiamento do día a día das súas explotacións agrarias co aforro que supón nos custos.
A través desta liña de financiamento recorrente de ABANCA, as persoas que forman parte das comunidades de regantes poderán agrupar tres destinos: o anticipo das axudas da PAC, os gastos das campañas agrícolas e o financiamiento das primas de seguros agrarios contratados na entidade financeira. Deste modo, dispoñerán dos fondos en función das necesidades que xurdan ao longo do ano contando, ademais, cunha importante redución dos gastos de formalización e os trámites.
Compromiso de ABANCA co sector agrario
A renovación destes acordos súmase a outros firmados polo banco ao longo deste ano con outras comunidades agrarias. A labor da súa unidade especializada ABANCA Agro é un dos puntos clave destes convenios, xa que suma una ampla experiencia e cercanía no sector. E para iso conta cunha rede de xestores propios formados nas necesidades do campo, que fan posible a creación de produtos e servizos a medida para os profesionais.