• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA reafirma o seu compromiso co sector agrario estremeño e renova a súa colaboración coas principais organizacións do sector

  • A entidade financeira aproveita a súa cita na 36ª edición da Feria Internacional Agroexpo para reafirmar a súa presenza en Estremadura e renovar o seu compromiso con axentes relevantes do sector
  • El banco ofrece un catálogo de produtos e servizos a medida, como a Liña de Financiamento Agro Multidestino

O especialista de ABANCA Agro, Roberto Torres (primeiro pola esquerda); o director territorial de ABANCA en Extremadura-Sur, José María Jardón (terceiro pola esquerda); o director sectorial de ABANCA, Jesús Combarro (tercero pola dereita, de pé); e o especialista de ABANCA Agro, Felipe León (primeiro pola dereita, de pé) xunto aos representantes de UPA-UCE Extremadura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita: o director da oficina de ABANCA en Don Benito, Julio Miguel Pérez; o representante de ASAJA Cáceres, Ángel García; e o especialista de ABANCA Agro, Roberto Torres.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Á esquerda, o especialista de ABANCA Agro, Felipe León; á dereita, o especialista de ABANCA Agro, Roberto Torres e no centro Juan Metidieri, representante de ASAJA Badajoz.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-01-2024
Negocio

ABANCA continúa reafirmando o seu compromiso e apoio estratéxico ao sector primario en Estremadura e reforza así, un ano máis, o compromiso que mantén coas principais organizacións de agricultores e explotacións agrarias da rexión. A entidade financeira afianza a súa proposta de valor cun catálogo de produtos e servizos deseñados a medida a través da súa unidade especializada ABANCA Agro para dar resposta aos desafíos actuais do campo.

Os acordos foron renovados durante a 36ª edición da Feria Internacional Agroexpo, que vén de celebrarse en Don Benito, e na que ABANCA estivo presente cun estand propio para dar a coñecer a súa proposta de valor, as solucións específicas para o sector e trazar alianzas cos axentes máis relevantes.

O director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, José María Jardón, foi o encargado de rubricar os distintos acordos financeiros con algúns dos axentes máis representativos do sector. Nestas firmas participaron os representantes de ASAJA Badajoz, ASAJA Cáceres, UPA-UCE Extremadura e La Unión de Agricultores y Ganaderos de Extremadura. Ás firmas tamén asistiron o director de Banca Sectorial de ABANCA, Jesús Combarro, o equipo de ABANCA Agro en Estremadura e outras persoas representantes do banco.

A entidade financeira aproveitou o evento para poñer en valor a súa unidade especializada ABANCA Agro, que conta cunha ampla experiencia e cercanía no sector, e para destacar a súa rede de oficinas en Estremadura, que facilita o acceso aos servizos bancarios e contribúe á inclusión financeira na rexión.

Sostibilidade e Liña de Financiamento Agro Multidestino

Os convenios de colaboración rubricados coas organizacións agrarias ofrecen unha serie de propostas para reforzar un sector clave e esencial na rexión. Para iso, ABANCA deseñou fórmulas específicas de financiamento flexible a longo prazo para impulsar novas inversións e modernizar as actuais, especialmente as vinculadas á sostibilidade e enerxías renovables. Así mesmo, cobran especial relevancia outros aspectos como o leasing mobiliario, préstamos para o pago de impostos, anticipo de subvencións, devolucións de impostos e gastos de campaña ou os anticipos da PAC.

As persoas que forman parte destas organizacións terán acceso á Liña de Financiamento Agro Multidestino, un produto creado para dar resposta ás demandas e necesidades do sector e a través do que poderán unificar nun único contrato o financiamento do día a día das súas explotacións agrarias co conseguinte aforro que supón nos custos e a simplificación de trámites administrativos.

Vías de financiamento para necesidades puntuais

Co obxectivo de facer fronte a necesidades puntuais, os agricultores contarán con vías de financiamento como o anticipo de colleita ou o préstamo de campaña, a póliza de crédito con prazo de ata cinco anos ou a liña específica de financiamento de seguros agrarios.

Os acordos complétanse coas liñas que ABANCA ten subscritas con diferentes SGR nacionais, como Extraval, ou coa Sociedad Anónima Estatal de Caución AGRARIA - SAECA, o Instrumento Financiero de Gestión Centralizada (IFGC) ou o ICO, incluida a liña ICO-MAPA-SAECA con subvención dos gastos de aval de SAECA e subvención que pode chegar ata o 15% do principal. Estas liñas facilitan a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria ao contar con garantías adicionais.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .