• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA referenda o seu apoio ao sector primario en Deza-Tabeirós e facilita o financiamento a cooperativas agrogandeiras

  • A entidade financeira renova o convenio de colaboración que mantén con cinco das principais cooperativas da comarca
  • O banco pon a disposición do colectivo a súa oferta sectorial en condicións melloradas, a experiencia dos seus xestores e a especialización da súa unidade ABANCA Agro

Os representantes de ABANCA, de Val do Deza e de Gandeiros do Deza, durante a firma.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Os representantes de ABANCA e do Rodo, durante a firma.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Os representantes de ABANCA e de Campodeza, durante a firma.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Os representantes de ABANCA e de Cobideza, durante a firma.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

11-11-2019
Negocio

ABANCA e as cooperativas dezanas Campodeza, Cobideza, Gandeiros do Deza, O Rodo e Val do Deza veñen de asinar un novo convenio financeiro co obxectivo posto en fortalecer o traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos. Un apoio crediticio que serve como proba do compromiso da entidade financeira co sector primario en Galicia e moi especialmente coas explotacións agrogandeiras da comarca.

Na rúbrica participou, por parte do banco, o director de zona de ABANCA en Deza/Tabeirós, José Antonio Seoane, e o coordinador de ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web en Galicia, Alberto Silva; e por parte das cooperativas o presidente de Campodeza, Manuel Pichel, o presidente de Cobideza, Román Santalla, o presidente de Gandeiros do Deza, Manuel Fernández, o presidente do Rodo, José Luis Camiñas, e o presidente de Val do Deza, José Diéguez.

O acordo facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Poderán afrontar investimentos coa máxima tranquilidade grazas a un préstamo persoal ou leasing para o sector agrogandeiro, cun prazo moi amplo que pode chegar ata os 12 anos no caso de préstamo. Os cooperativistas pertencentes a algunha das cinco cooperativas poderán igualmente beneficiarse dunha póliza de crédito de ata cinco anos, para financiar as necesidades de liquidez do día a día e que supón un aforro importante en gastos de intervención notarial.

A oferta de ABANCA inclúe ademais condicións melloradas na contratación doutras liñas de financiamento, como anticipos da PAC. Neste sentido os cooperativistas dezáns terán a posibilidade de anticipar ata o 90% do importe da axuda, en condicións moi competitivas. Incorpóranse igualmente outras fórmulas de financiamento máis especializadas como liñas de comercio exterior, confirming, avais e liñas de desconto.

ABANCA, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta a estes cooperativistas e dar unha atención máis personalizada ao colectivo, poñerá ao seu dispor persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. Estes poderán beneficiarse de diversos seguros específicos para o sector. Do mesmo xeito, ABANCA manterá o servizo de tramitación de axudas da PAC con persoal especializado, na ampla rede de oficina que mantén na comarca.

Do mesmo xeito, os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques e outros servizos habituais. Ademais, os profesionais pertencentes a estas cinco cooperativas dezanas asociación poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios vixentes que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos.

Este apoio ao sector é posible porque a entidade financeira conta cunha unidade especializada no primario, ABANCA Agro. Un coñecemento das necesidades de autónomos e pemes do mundo agrogandeiro que se complementa coa rede máis extensa de oficinas en Galicia, unha oferta sectorial á medida do colectivo e xestores altamente formados na realidade das actividades gandeiras e agrarias.

Novas mostras do apoio a Deza-Tabeirós

A firma destes convenios cos representantes das principais cooperativas do sector en Deza-Tabeirós é unha extensión doutras actividades que ABANCA desenvolve na comarca e amosan o seu compromiso co mundo rural. O máis recente foi o apoio que a entidade financeira prestou para que o Museo do Campo e da Mecanización Agraria se convertera nunha realidade. Este espazo formativo e divulgativo, que naceu precisamente na Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda, é unha nova mostra dun impulso que se complementa coa celebración das principais feiras do sector como ABANCA Semana Verde, Galiforest ABANCA ou ABANCA Cimag-GandAgro. Foi precisamente neste recinto feiral onde, no ano 2015, o banco presentou a súa unidade especializada ABANCA Agro.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .