ABANCA reforza o papel estratéxico da Responsabilidade Social Corporativa
- O coñecemento, a educación, a cultura e o desenvolvemento social, principais eixos de actuación
- O informe, que no seu segundo ano é máis interactivo e dixital, segue o modelo GRI, estandar de representación de información internacionalmente recoñecido
- A contribución fiscal de ABANCA é de 2.708,6 millóns de euros en impostos directos e indirectos, contribucións á Seguridade Social e apoio á recadación da Facenda Pública
ABANCA publicou a súa Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social 2016, documento no que a entidade recolle as actividades que desenvolveu no último ano para materializar o seu compromiso coa súa contorna. O banco con sede en Galicia reforzou en 2016 o papel estratéxico da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) a través de ABANCA Obra Social e de Afundación. A entidade financeira galega é o único mecenas de Afundación Obra Social ABANCA e sostén as actividades do seu plan estratéxico en educación superior e formación profesional, en envellecemento activo e no desenvolvemento sociocultural a través da educación en valores. ABANCA achegou non menos de 5 millóns de euros en cada exercicio desde 2015 e, a partir de 2017 e durante os próximos 25 anos, ABANCA destinará a Afundación un importe equivalente ao 3% dos seus beneficios netos.
“A nosa Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social recolle de maneira detallada as diferentes actuacións que no último ano puxemos en marcha para trasladar ao terreo dos feitos a nosa vocación como entidade financeira, que é contribuír positivamente e de maneira decisiva ao desenvolvemento da sociedade”, sinala o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.
As actuacións de ABANCA recollidas nesta Memoria parten dun diálogo permanente cos diferentes grupos de interese do banco: accionistas, clientes, empregados, provedores e sociedade en xeral. A partir del, desde a dirección xeral de Responsabilidade Social Corporativa, situada ao máximo nivel dentro da organigrama da entidade, planifícanse e executan diferentes programas centrados na formación e o coñecemento, a cultura, o medioambiente, a igualdade e outras prioridades sociais. A Memoria tamén recolle as principais actividades de Afundación en 2016.
Máis dixital e multimedia
Este é o segundo ano en que ABANCA publica a súa Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social. No seu proceso de redacción seguíronse as directrices establecidas na Guía para a Elaboración de Informes de Sustentabilidade do Global Reporting Initiative (GRI), unha forma de presentar a actividade do banco atendendo a un estándar internacionalmente recoñecido. A Memoria de RSC de ABANCA obtivo o Content Index do Global Reporting Initiative na súa opción de conformidade exhaustiva da guía G4. KPMG revisou a información non financeira contida na Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social ABANCA 2016 de conformidade coa Norma ISAE 3000.
O deseño e maquetación do documento foron realizados por Trébore, grupo de empresas de economía social vinculado á Fundación Paideia Galiza. Ademais dunha versión impresa en papel 100% reciclado, da que se distribuirán máis de 1.000 copias entre numerosas empresas, entidades e organismos públicos de Galicia, a memoria conta cunha versión PDF navegable que se pode consultar en liña en www.abancacorporacionbancaria.com/gl/rsc/.
Como novidade, na súa versión deste ano a Memoria Corporativa e de Responsabilidade Social reforzou o seu carácter dixital e multimedia coa inclusión de códigos QR que permiten acceder a contidos adicionais a través de dispositivos móbiles.
Educación e coñecemento, prioridades sociais
No ámbito da educación destacan o lanzamento do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), creado co obxectivo de reforzar a conexión entre o mundo académico e o empresarial, así como a posta en marcha do programa de Educación Financeira, dirixido a divulgar entre os diferentes grupos de idade da sociedade as nocións económicas fundamentais para a xestión das finanzas persoais. O programa púxose en marcha no último trimestre de 2015 e desde entón participaron nas diferentes iniciativas máis de 13.000 persoas, das cales a metade son nenos e nenas que tiveron un primeiro contacto cos conceptos financeiros e puideron empezar a tomar conciencia da importancia dunha correcta xestión do diñeiro.
En 2016 ABANCA foi recoñecida no II Edición dos Premios Excelentia na categoría de empresa comprometida coa cultura polo proxecto ABANCA ReSuena, iniciativa desenvolvida en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia. ABANCA ReSuena é un proxecto social baseado nun modelo ético, ocupacional e artístico no que a música é o nexo de unión e integración entre nenos e nenas de todos os estratos sociais, económicos e culturais.
Outras iniciativas reseñables son a celebración dos Premios San Clemente-Rosalía ABANCA, certame impulsado pola Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, que contará co mecenado de ABANCA durante cinco anos prorrogables, ou as desenvolvidas por Afundación nos terreos da formación profesional e o intercambio intergeneracional.
A promoción da xestión empresarial é outra das prioridades da estratexia de RSC de ABANCA. Neste terreo a entidade mantén unha alianza coa Asociacion Española de Contabilidad y Administración de Empresas (AECA) para o desenvolvemento de diferentes accións centradas na difusión do coñecemento económico e de xestión. Co obxectivo de promover modelos de xestión empresarial responsable, en 2016 naceu o Foro ABANCA Responsable, evento que na súa primeira edición contou coa presenza de 40 compañías galegas que tiveron a oportunidade de coñecer a experiencia da activista social en defensa dos dereitos da muller Aminetou Mint Ely. ABANCA mantén unha activa política de apoio ao deporte como ferramenta de educación en valores. O acordo de mecenado subscrito coa Fundación Deporte Galego, que supón a achega de 5 millóns de euros en tres anos, alcanzou en 2016 a un total de 121 equipos galegos de categoría absoluta e 17.556 deportistas de 21 modalidades deportivas diferentes, 13.501 deles nenos e nenas pertencentes á canteira dos clubs.
A cultura como ben social común
Xunto á educación e o coñecemento, a cultura e a súa difusión entre todas as capas sociais ocupa un papel destacado na estratexia de RSC do banco con sede en Galicia.
Ao redor da Colección de Arte ABANCA, que atesoura un total de 1.350 obras de arte de 239 artistas e constitúe, como Ben de Interese Cultural (BIC) desde 2015, a iniciativa artística corporativa máis importante de Galicia, ABANCA Obra Social levou a cabo en 2016 un total de 10 exposicións, algunhas delas itinerantes, en Galicia e León. Nesta última cidade, que acolleu a exposición ‘Baixo o signo de Picasso. Vangardas e influencias’, ABANCA colabora coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento de León para dotar dunha programación estable ao Museo da devandita cidade durante o próximos tres anos.
Co obxectivo de recuperar o seu valor artístico e salvagardala para o futuro, en 2016 ABANCA levou tamén a cabo o proxecto de restauración da pintura mural de Urbano Lugrís titulada ‘Vista da Coruña 1669’. O proxecto de ABANCA, que puido ser seguido polo público, incluíu, tras a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, a extracción e traslado do mural desde a súa localización anterior ata a actual nas instalacións da sede corporativa de ABANCA na Coruña.
A entidade pon a disposición da sociedade outro fondo artístico de gran valor, a Colección Bibliográfica. Este fondo está composto por 3.632 volumes (69 incunables, 10 facsímiles, 487 obras de economía e outras disciplinas, 247 autógrafos e 2.350 obras históricas dos séculos XVI ao XX) e desde novembro de 2013 enriquece o catálogo de publicacións da Biblioteca de Galicia.
Os empregados, parte activa da estratexia
Na esfera corporativa, o banco, que está adherido a iniciativas institucionais como a Red Española del Pacto Mundial ou a Asociación para la Autorregulación de la Comunicación Comercial (Autocontrol), dotouse dun código ético, unha canle de denuncias e un regulamento interno de conduta. Con este tres ferramentas ABANCA persegue garantir que as súas actuacións se axustan en todo momento aos máis elevados estándares éticos.
Estas actuacións se ven complementadas pola aplicación dunha estratexia de abastecemento que regula a elección de provedores por criterios económicos, organizativos e sociais.
Doutra banda, os empregados da entidade participan activamente no Programa de Voluntariado, a través do cal se poñen en marcha, entre outras, actividades de tipo social e ambiental. No terreo do medio ambiente, ABANCA ten como prioridades o fomento do respecto á contorna, a redución do consumo de recursos, a eliminación do papel, a eficiencia enerxética e o apoio á economía verde.
Compromiso cos clientes
De cara aos clientes, o banco conta cun modelo de excelencia certificada que acredita por por parte de terceiros independentes as súas vantaxes diferenciais.
Para minimizar os efectos negativos de situacións de insolvencia, os clientes nesas circunstancias son beneficiarios dunha estratexia de protección de debedores hipotecarios vertebrada ao redor de tres eixos de actuación: o Código de Boas Prácticas (CBP), o Fondo Social de Vivendas (FSV) e o Comité de Situacións de Especial Vulnerabilidade (CSEV). Por iniciativa propia en 2016 ABANCA reestruturou ou refinanciou máis de 16.000 contratos de persoas físicas con garantía hipotecaria plena, por importe de case 1.600 millóns de euros, evitando desta maneira posibles execucións hipotecarias e desafiuzamentos. En 2016 ABANCA renovou a súa participación no Fondo Social de Vivendas, ao que achega 200 vivendas destinadas a acoller, en réxime de aluguer social, a persoas en situación de vulnerabilidade social. O banco mantén, ademais, a súa achega de 100 inmobles ao Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia para persoas afectadas por execucións hipotecarias.
Colaboración con outras organizacións
Además, la entidad colaboró a través de diferentes acciones con organizaciones de acción social como Cruz Roja Española, UNICEF (ayuda a las víctimas del terremoto de Ecuador, vacunación de niños), Asociación para la Atención de las Personas Afectadas de Parálisis Cerebral y Encefalopatías Afines ASPACE-León (donación de mobiliario), y diferentes bancos de alimentos.
Outras accións sociais nas que ABANCA involucrouse ao longo de 2016 son o ‘Día Internacional Contra a Violencia de Xénero’, a campaña de recollida de xoguetes ‘A ilusión crece cando se comparte’, o evento sobre responsabilidade social empresarial III RSEncuentro, a 89ª Xornada Corresponsables, a 14ª edición do Festival Intercentros da Coruña, a Gala Solidaria Contra o Parkinson, a Gala Benéfica ILUSIÓN, a Gala XX Aniversario da liga Reumatolóxica Galega e a Gala Solidaria de Terra de Homes.
Ademais, a entidade colaborou a través de diferentes accións con organizacións de acción social como Cruz Roja Española, UNICEF (axuda ás vítimas do terremoto de Ecuador, vacinación de nenos), Asociación para la Atención de las Personas Afectadas de Parálisis Cerebral y Encefalopatías Afines ASPACE-León (doazón de mobiliario), e diferentes bancos de alimentos
Impacto económico
Ademais de dar conta de toda a actividade social, a memoria de ABANCA tamén se ocupa do impacto económico que a actividade da entidade xera na súa contorna. Este ano, como novidade, inclúe a contribución fiscal de ABANCA, que supón un total de 2.708,6 millóns de euros en pago de impostos directos e indirectos, contribucións á Seguridade Social e apoio á recadación da Facenda Pública de impostos e taxas que corresponden a terceiros derivados da súa relación económica con ABANCA.
O informe recolle tamén as conclusións do estudo realizado polo Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME) adscrito ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). O financiamento a empresas e autónomos concedida pola entidade tradúcese no 11,82% do emprego e o 11,13% do PIB de Galicia. Adicionalmente, a súa actividade corporativa supón o 1,43% do emprego e o 1,42% do PIB de Galicia.