ABANCA renova o seu apoio ás cinco principais cooperativas agrogandeiras do Deza
- O banco colabora coas cinco cooperativas para reforzar o seu compromiso co sector primario galego
- A entidade financeira ofrece unha serie de condicións melloradas a través da súa unidade especializada ABANCA Agro
ABANCA acaba de renovar o seu convenio de colaboración coas cooperativas dezanas de Campodeza, Cobideza, Gandeiros do Deza, O Rodo e Val do Deza co obxectivo de fortalecer o traballo conxunto no marco da situación económica e sanitaria derivada da crise da COVID-19. Deste modo, o banco amosa o seu compromiso co sector primario galego e en especial coas explotacións agrogandeiras da comarca pontevedresa.
No acto participaron o director de zona de ABANCA en Deza/Tabeirós, José Antonio Seoane, e por parte das diferentes cooperativas, o presidente de Campodeza, Manuel Pichel, o presidente de Cobideza, Román Santalla, o presidente de Gandeiros do Deza, Orlando González, o presidente de O Rodo, José Luis Camiñas e o presidente de Val do Deza, José Diéguez. A renovación destes convenios tamén contou coa participación do coordinador de ABANCA Agro, Alberto Silva.
No texto especifícase que se facilitará aos asociados o acceso a una ampla oferta financeira cunhas boas condicións. Da mesma maneira, poñerase á súa disposición a posibilidade dun préstamo persoal ou leasing para o sector agrogandeiro e cun prazo moi amplo que lles permitirá afrontar as inversións con total tranquilidade. Ademais, coa póliza de crédito de ata cinco anos da que poderán beneficiarse, poderán financiar as necesidades de liquidez do día a día, co conseguinte aforro nos gastos de formalización.
Cabe destacar que no acordo tambén se inclúen condicións melloradas para a contratación dotro tipo de líneas de financiación, como anticipos da PAC e que lles facilitará anticipar ata o 90% do importe da axuda.
Destaca tamén a liña de financiación específica para seguros agrarios tramitados na entidade con condicións moi competitivas con tipo de interés do 0%, comisión de apertura do 0.50%, amortización/cancelación 0% e con flexibilidade en canto á amortización (dende mensual ata anual).
Tamén se incluirán outras liñas de financiación con carácter máis especializado, como confirming, avais e liñas de desconto.
Os cooperativistas beneficiaranse da xestión doutros produtos e servizos, como seguros adaptados específicamente ao sector sobre os que lles asesorará persoal específico para tramitar aqueles que se adapten mellor ás necesidades dos asociados. A entidade financeira continuará co servizo de tramitación de axudas da PAC con persoal especializado en cada una das oficinas de ABANCA na comarca do Deza.
ABANCA Agro
Todo este apoio e facilidades para o sector son viables grazas á unidade especializada da entidade financeira, ABANCA Agro. Nela traballan xestores altamente formados e especializados nas necesidades dos autónomos e pymes do mundo rural e contan co apoio da rede máis extensa de oficinas de Galicia e con ofertas creadas específicamente para o colectivo.
Así mesmo, os asociados terán acceso aos beneficios que ofrece o programa Cero Comisións de ABANCA, como deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, por transferencias, ingresos de cheques e outros servicios habituales. A mayores, los profesionales de las cooperativas adheridas al convenio, podrán obtener fórmulas de financiación incluidas en los acuerdos que el banco tiene con diferentes organismos públicos, como las líneas ICO.
Este acuerdo se suma al compromiso que la entidad bancaria tiene con el sector primario en Galicia y que se refleja en su colaboración en ferias del ámbito rural, como ABANCA Semana Verde, Galiforest ABANCA o ABANCA Cimag-GandAgro, que este año tuvieron que ser aplazadas debido a la crisis sanitaria de la COVID-19.