• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA renova o seu modelo de oficina para facelo máis tecnolóxico e eficaz no servizo

  • As oficinas disporán dun dispositivo xestor de benvida e de zonas diferenciadas en función do servizo
  • Eficiencia, sostibilidade, innovación e modernidade definen o novo modelo de relación co cliente da entidade galega

Imaxe do novo modelo de oficina de ABANCA

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Detalle do xestor de benvida que permite ao cliente seleccionar a operación e persoa pola que desexa ser atendido

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Infografía do novo modelo de oficina de ABANCA

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-11-2015
Corporativo

ABANCA implantará na súa rede comercial, formada por cerca de 700 centros en toda España, un novo modelo de oficina, deseñado para mellorar a atención ao cliente e dotado coas solucións tecnolóxicas máis innovadoras do mercado.

A nova oficina ABANCA foi presentada esta mañá na Coruña nun acto que contou coa presenza de Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente do banco; Francisco Botas, conselleiro delegado da entidade galega, e o director xeral de Negocio España, Luis Beraza. “Para ABANCA trátase dun proxecto estratéxico á altura das grandes transformacións que experimentou o banco dende a súa creación”, sinalou Juan Carlos Escotet Rodríguez tras presentar a oficina piloto. Pola súa parte, Francisco Botas resaltou que “o novo modelo de oficina está en liña coa nova sistemática comercial que implantamos no banco, na que o cliente é o auténtico protagonista”.

A nova organización das oficinas ABANCA, que se estenderá progresivamente a toda a rede comercial, está orientada a mellorar a calidade de servizo ao cliente a través de solucións, información e unha xestión eficiente, áxil e responsable. Caracterízase polos seus espazos abertos e sen barreiras, cun forte compoñente tecnolóxico e de imaxe. Dispón de dúas grandes zonas diferenciadas en función do servizo que se preste ao cliente: a zona transaccional –dedicada a benvida e realización de xestións de efectivo- e a zona de asesoramento –con postos de atención personalizada e salas de reunións-.

Xestor de benvida

Ao entrar na oficina accédese a un prelobby onde están situados os caixeiros, con servizo as 24 horas. Dende ese punto accédese á zona transaccional da oficina, cun xestor de benvida, dispositivo que acolle e informa ao cliente para que poida seleccionar a operación e persoa pola que desexa ser atendido, ao tempo que racionaliza os tempos de espera. Na zona de benvida e acollida a clientes, deseñada como un espazo confortable e cómodo, o cliente pode recargar o móbil ou consultar as súas contas en pantallas interactivas. Nesta zona sitúanse tamén as caixas, que deixan de ser mostradores e convértense en espazos máis amigables tanto para o cliente como para o empregado, cun equipamento e tecnoloxía que facilita e reduce tempos e procesos.

A zona de atención personalizada, pensada para dar servizo a aqueles clientes que requiren recibir información, conta con postos de atención personalizada e salas de reunións. A nova oficina dispón tamén dunha zona diferenciada de traballo para os xestores do banco.

Tecnoloxía de última xeración

A nova oficina ABANCA está dotada con equipamento e funcionalidades tecnolóxicas de última xeración. Ademais do xestor de benvida, outro dos elementos tecnolóxicos diferenciais do novo modelo de oficina son as tabletas Microsoft Surface, dispositivos de traballo con funcionalidade de PC que permiten atender o cliente en calquera zona da sucursal. O espazo dispón tamén de infraestrutura wifi, que facilita a mobilidade dos empregados e ofrece ao cliente a posibilidade de conectarse a internet gratuitamente mentres está na oficina, así como de pantallas interactivas.

Os elementos de vídeo tamén teñen un papel relevante no novo modelo de oficina ABANCA. As novas sucursais estarán dotadas cun videowall e cubos transparentes, unhas pantallas innovadoras que permiten combinar unha proxección de vídeo cun obxecto real.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .