ABANCA, segunda entidade mundial na súa categoría no rating de sostibilidade de Sustainalytics
- O banco mantense en nivel 'Risco inapreciable' na recente revisión da axencia
- En total, ABANCA está situada na posición 14ª entre 1.003 bancos de todo o mundo
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA mantense no nivel de 'Risco inapreciable' ('Negligible risk'), o mellor posible, na última revisión do seu rating ESG realizada pola axencia de cualificación Sustainalytics, do grupo Morningstar. Sustainalytics sitúa a ABANCA como segunda mellor entidade entre as 587 da súa categoría ("Regional banks") en todo o mundo. No total de bancos analizados, ABANCA está situada no posto 14 entre 1.003 entidades de todo o mundo.
A posición destacada de ABANCA na análise de Sustainalytics recoñece, entre outros aspectos, a forma na que a entidade desenvolve a súa actividade en aspectos como ética empresarial, gobernanza e integración de factores ESG no negocio.
ABANCA é avaliada tamén por MSCI ESG Ratings, que a sitúa na súa categoría AA (líder).
Banca responsable e sostible
Como un dos elementos recollidos no seu Plan Estratéxico 2025-2027, ABANCA sitúa a sostibilidade no centro do seu modelo de toma de decisións e aliñada coa súa estratexia de transformación. A entidade, que pon especial foco no apoio aos seus clientes para a transición cara a un modelo produtivo máis sostible, estrutura as súas actuacións en tres grandes liñas: ambiental, socioeconómica e de bo goberno.
Ao longo do exercicio 2025, o banco desenvolveu diferentes accións que reforzan o seu perfil de sostibilidade e contribución ao desenvolvemento social.
Máis información sobre os ratings de ABANCA: https://www.abancacorporacionbancaria.com/gl/investidores/informacion-financeira/Serás redirixido a outro sitio web
E sobre as características e escalas dos mesmos: https://www.abancacorporacionbancaria.com/files/documents/definicion-ratings-esg-webcorporativa-2026-gl-09c9858d.pdfVer ficheiro PDF
Copyright ©2026 Sustainalytics, unha empresa de Morningstar. Todos os dereitos reservados. A información, os datos, as análises e as opinións aquí expostos: (1) comprenden información propiedade de Sustainalytics e/ou dos seus provedores de contido; (2) non poden ser copiados nin distribuídos sen unha autorización expresa; (3) non supoñen asesoramento en materia de investimento nin ningún respaldo a produtos, proxectos ou estratexias financeiras, nin constitúen unha avaliación de aspectos ambientais, sociais ou de bo goberno integrados nunha estratexia de investimento determinada; (4) facilítanse con fins meramente informativos; e (5) non se garante que sexan completos, precisos ou actuais. A información, metodoloxías, ferramentas, cualificacións, datos e valoracións relativos a criterios ESG aquí contidos non están destinados a clientes ou usuarios radicados na India, quedando prohibida a súa distribución a entidades ou persoas físicas residentes nese país. Nin Morningstar Inc., nin Sustainalytics, nin os seus provedores de contido asumen responsabilidade ningunha polo uso desta información nin polas accións de terceiros en relación coa mesma. Así mesmo, non se fan responsables das decisións en operacións de mercado, danos e prexuízos ou outras perdas derivadas da información ou da súa utilización. O uso destes datos está suxeito ás condicións dispoñibles en https://www.sustainalytics.com/legal-disclaimersSerás redirixido a outro sitio web.