• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA transforma o edificio do seu principal centro de datos nun espazo máis funcional, eficiente e sostible

  • O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións, Juan de Dios Lechuga, participaron hoxe na súa inauguración
  • O espazo, que alberga o núcleo da infraestrutura tecnolóxica que posibilita a actividade do banco, é o centro de traballo dos equipos de Operacións TI e Ciberseguridade
  • As obras afectaron a unha superficie de 1.600m2 e desenvolvéronse durante seis meses, sen afectar ao procesamento de datos
De esquerda a dereita na imaxe, Pilar Ceide, da área de Proxectos de ABANCA, Juan de Dios Lechuga, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Juan Carlos Pan, da área de Proxectos de ABANCA.

De esquerda a dereita, Pilar Ceide, da área de Proxectos de ABANCA, Juan de Dios Lechuga, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Juan Carlos Pan, da área de Proxectos de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita na imaxe, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Juan de Dios Lechuga, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, e Carlos Pérez, da área de Seguridade Dixital de ABANCA.

De esquerda a dereita, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Juan de Dios Lechuga, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, e Carlos Pérez, da área de Seguridade Dixital de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

30-04-2026
Corporativo

ABANCA finalizou o proxecto de transformación integral do edificio no que se sitúa o seu principal centro de procesamento de datos (CPD) no polígono de POCOMACO (A Coruña), unha das principais infraestruturas tecnolóxicas da súa clase en Galicia. Ademais de reforzar a súa dotación tecnolóxica, os traballos converteron o edificio orixinal nunha contorna de espazos abertos que maximiza a funcionalidade, a eficiencia e a sostibilidade.

A inauguración oficial das novas instalacións tivo lugar esta mañá nun evento no que participaron o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións, Juan de Dios Lechuga.

“A nosa estratexia como organización é manternos sempre listos para o crecemento a través da evolución tecnolóxica. En todo momento buscamos ampliar as nosas capacidades, para que poidamos facer cada vez máis cousas e con maior calidade. Pero sempre co foco nas persoas, que son o factor que vai seguir marcando a diferenza”, sinalou o presidente Juan Carlos Escotet Rodríguez.

“Con esta reforma conseguimos unhas instalacións dun nivel moi alto, á altura doutras que xa son emblemáticas en ABANCA. A reforma deste edificio é a terceira actuación que o banco realizou sobre os seus CPDs nos últimos anos, co obxectivo de dar resposta ao incremento das necesidades de procesamento de datos derivadas do crecemento de ABANCA e da dixitalización da actividade bancaria”, explicou o conselleiro delegado, Francisco Botas.

O CPD, o corazón tecnolóxico de ABANCA

O edificio acolle o principal centro de procesamento de datos (CPD) de ABANCA, o núcleo dunha infraestrutura tecnolóxica de vangarda composta por servidores, sistemas de almacenamento e redes de comunicacións. A ela conéctase un ecosistema de máis de 250.000 dispositivos de 50 tipos despregados por toda a organización en España, Portugal e outros nove países. Entre eles inclúense, entre outros, os dispositivos de traballo do cadro de persoal do banco, os terminais puntos de venda (TPVs) para o pago en comercios ou a rede de caixeiros automáticos da entidade.

Esta infraestrutura tecnolóxica permite o procesamento e almacenamento de maneira segura, accesible e duradeira dos grandes volumes de datos correspondentes ás operacións realizadas polo banco cos seus clientes, desde unha simple consulta de saldo en conta ata a concesión dun crédito sindicado para unha gran operación corporativa. En total, a actividade de ABANCA deu lugar en 2025 a máis de 17.000 millóns destas transaccións de datos, que se executan en fraccións de segundo, 24 horas ao día os 365 días do ano.

Para asegurar a operativa do banco en todo momento, ABANCA dispón na súa sede na Coruña dun segundo CPD, que nos últimos anos foi potenciado nas súas capacidades para responder ao crecemento da base de clientes do banco e do uso das canles non presenciais. Ambos os dous centros traballan en paralelo, de maneira que cada transacción e dato se garda dobremente. A propiedade destes dous CPDs supón unha característica diferencial de ABANCA fronte á maioría de entidades do sector.

Máis capacidade e eficiencia

A reforma realizada no edificio do CPD de POCOMACO estivo dirixida a maximizar a capacidade do edificio, que aumentou un 20% respecto á situación anterior, ata os 140 postos, grazas á creación de novos espazos máis modernos e funcionais. Neles desenvolverán as súas funcións os equipos do Centro de Operacións TI e Ciberseguridade, encargados de monitorizar e operar a infraestrutura tecnolóxica do banco, así como outros equipos de ABANCA que poidan desprazarse e traballar xunto aos usuarios habituais.

As obras definiron unha nova disposición de espazos que favorece a colaboración e a transferencia de coñecemento, a comodidade das persoas e a sostibilidade. Creáronse novas áreas deseñadas para o encontro, como salas de reunións de diversos formatos, así como outras para a concentración e o illamento. Ademais, levouse a cabo unha renovación completa do auditorio.

En todo momento se prestou especial atención ao confort visual e acústico, maximizando o uso de luz natural e empregando materiais fonoabsorbentes. Tamén se mellorou a accesibilidade. O espazo exterior tratouse como parte do espazo de traballo, primando neste caso a súa función para a relación e o descanso. O equipamento do edificio inclúe sistemas de audio e vídeo de gran formato.

Os traballos afectaron a unha superficie total de 1.600 m² e completáronse en algo máis de seis meses. Neste período non se viu afectada en ningún momento a actividade de procesamento de datos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza a 12ª edición do seu Programa para Startups

08-04-2026
Corporativo

Nesta nova convocatoria, o programa de Venture Client de ABANCA Innova pon o foco en propostas tecnolóxicas que incorporen as últimas tendencias en intelixencia artificial, criptomoedas e procesos de tokenización, con potencial para transformar o sector financeiro.

Portátil en el que se muestra la web de la 12ª edición do Programa para Startups de ABANCA Innova

ABANCA recibe a máxima cualificación en Bo Goberno Corporativo

12-02-2026
Corporativo

ABANCA obtivo a certificación do Índice de Bo Goberno Corporativo (IBGC) de AENOR co nivel G++, a máxima cualificación posible.

ABANCA obtén a máxima cualificación en Bo Goberno Corporativo
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .