ABANCA únese aos retos das confrarías do sur de Galicia cunha proposta feita á medida
- O banco repite a súa reunión anual cos representantes dos principais pósitos da ría de Vigo e presenta o seu renovado catálogo de produtos e servizos
- O relevo xeracional, o compromiso coa sostibilidade, a renovación da frota ou o financiamento ante situacións singulares centra a conversa
- O banco fai balance da súa iniciativa PLANCTON, que levou a cabo dúas accións na contorna da ría de Vigo nos últimos meses
O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez (primeiro pola esquerda), e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (terceiro pola dereita), durante o encontro cos representantes das confrarías da ría de Vigo.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
No centro da imaxe, o director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, durante a firma coas confrarías da ría de Vigo.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA avanza no seu apoio ao mundo do mar e renova o seu convenio de colaboración coas principais confrarías do sur de Galicia. A entidade financeira fixa un ano máis entre as súas prioridades o apoio a un colectivo clave na economía de Vigo e a súa área de influencia. Grazas a este novo texto, o banco reimpulsa os grandes retos dos pósitos cunha proposta creada a medida.
Para iso, ABANCA e as confrarías celebraron unha reunión de traballo na sede institucional do banco en Vigo. Neste encontro participaron os representantes dos principais pósitos da área, así como o director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e outros representantes da rede comercial do banco. Tras a firma dos convenios, a reunión deu lugar a un debate construtivo sobre a realidade do sector e os grandes retos aos que se enfronta. Cuestións como a renovación da frota, a falta de relevo xeracional, o compromiso coa sostibilidade e os escenarios imprevistos como a baixa produtividade ou a mortaldade protagonizaron gran parte da sesión.
O financiamiento gaña peso
O encontro serviu para dar a coñecer as novidades da oferta sectorial de ABANCA para o mundo do mar. Un completo catálogo de produtos e servizos que busca ofrecer solucións a todas as necesidades do colectivo.
Como é habitual, o financiamento é a clave do texto. Nel recóllense opcións tanto para as necesidades do día a día como para afrontar con garantías os grandes investimentos. Teñen un especial protagonismo as solucións creadas para mitigar o impacto da caída das vendas debido á baixa produtividade ou ao aumento da mortaldade de peixes nas rías gallegas nos últimos meses, así como para cubrir as necesidades operativas diarias, afrontar o incremento de custos e superar as dificultades derivadas das pesquerías.
Solucións que se suman aos desafíos transversais como a renovación da frota, que mellora a sostibilidade e a eficiencia enerxética no sector. A hipoteca naval emerxe como unha das opcións máis atractivas para afrontar a substitución de embarcacións por outras máis eficientes, respectuosas co medio ambiente e máis seguras para traballar.
Captar talento e ser máis sostibles
Máis alá do financiamento, o encontro tamén serviu para reflexionar sobre un dos principais retos do sector: o relevo xeracional e a captación de talento novo. ABANCA ofreceu a súa experiencia para abordar este reto, que pon en grave perigo a continuidade de moitos negocios.
A entidade financeira tamén aproveitou o encontro para facer balance da iniciativa PLANCTON, desenvolvida pola Obra Social ABANCA. Grazas a este plan multidisciplinar lanzado no ano 2021, o banco avanzou no seu compromiso coa conservación das contornas mariñas e as actividades que se levan a cabo nelas. Nos últimos meses, PLANCTON realizou actividades de retirada de residuos e flora exótica invasora en contornas do sur da provincia como a praia de Cesantes ou o areal da Fontaíña en Vigo, e actualmente está a planificar as súas próximas actividades.