AECA, ABANCA e IESIDE organizan en Santiago o XIX Congreso Internacional AECA
- O evento terá lugar do 27 ao 29 de setembro baixo o título de ‘Información corporativa. Claves para un crecemento sostido nun entorno dixital’
- A cita reunirá a máis de trescentos profesionais de ata dez países de Iberoamérica
- O programa de actividades tratará diferentes materias relacionadas coa contabilidade, a auditoría e a información corporativa
A Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas (AECA) celebrará en Santiago de Compostela do 27 ao 29 de setembro o seu XIX Congreso Internacional AECA, organizado conxuntamente con ABANCA e o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) baixo o título de ‘Información corporativa. Claves para un crecemento sostido nunha contorna dixital’.
O Congreso, que se desenvolverá no Centro ABANCA Obra Social (Cervantes, 17) e no Auditorio ABANCA (Preguntoiro, 23), espera reunir a máis de trescentos profesionais de ata dez países de Iberoamérica. Nel trataranse importantes temas, como as novidades na normativa española e internacional sobre contabilidade e auditoría, ou as novas formas de presentación da información corporativa na era da economía dixital, todo iso da man de cualificados relatores procedentes de diversos ámbitos e países.
Gran apoio institucional
A súa Maxestade O Rei Felipe V aceptou a Presidencia de Honra do Congreso, que contará tamén co apoio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, coa representación de ambos na apertura de evento.
O XIX Congreso Internacional AECA foi presentado esta mañá no Centro Social ABANCA de Santiago de Compostela nun acto no que interviñeron Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA e rector presidente de IESIDE, José Luis Lizcano, director xerente de AECA, e Manuel Rodríguez, xerente de Cobros e Pagos de ABANCA e director da Cátedra AECA-ABANCA.
‘O apoio de ABANCA e IESIDE a este evento enmárcase na liña de colaboración estable que dentro da nosa estratexia de responsabilidade social corporativa mantemos con AECA para promover o desenvolvemento científico e a difusión de coñecemento sobre economía, finanzas e administración de empresas’, explicou Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA e rector presidente de IESIDE.
‘Coa participación de expertos procedentes de doce países, representantes de entidades públicas e privadas de distintos sectores de actividade, o XIX Congreso AECA en Santiago será unha magnífica oportunidade para contrastar enfoques e opinións sobre temas empresariais e económicos da maior relevancia e actualidade. A trasparencia e información corporativa e a súa repercusión no crecemento sostido nunha contorna dixital centrarán os debates e conclusións do Congreso’, indicou José Luis Lizcano, director xerente de AECA.
Completo programa de sesións
A conferencia inaugural correrá a cargo do subsecretario de Economía, Industria e Competitividade, Alfredo González-Panizo, que dará paso á xornada profesional dedicada ás ‘Novidades na normativa española e internacional sobre contabilidade e auditoría’, onde o regulador, as corporacións profesionais, firmas e académicos de primeiro nivel tratarán as principais novidades contables aprobadas polo RD 602/2016, de 2 de decembro, polo que se modifican o PGC, o PGC de Pemes, as NOFCAC e as normas de adaptación do PGC de ESFL, ademais das próximas normas internacionais a ter en conta: NIIF-UE 9; NIIF-UE 15 e NIIF 16.
Nesta completa xornada desenvolvida o primeiro día do Congreso haberá tamén sesións e seminarios sobre práctica profesional en auditoría e aplicación da nova lei do sector, impartidos polos subdirectores do regulador e outros axentes implicados ademais de expertos contables acreditados (ECA®).
O segundo día do Congreso dedicarase ao encontro ‘Información corporativa e economía dixital’, onde a través de dous workshops específicos, unha conferencia-coloquio e un simposio internacional, desenvolveranse diversos temas sobre a gran importancia da economía dixital para o sector financeiro, o financiamento empresarial e das pemes, así como a transparencia da información corporativa. Haberá relatores de importantes organismos internacionais, ademais de conselleiros e directivos de importantes entidades financeiras.
O último día do evento dedicarase a un workshop sobre responsabilidade social corporativa, ademais das sesións paralelas de exposición de comunicacións dos propios congresistas e unha sesión onde se presentarán os últimos documentos AECA e as súas novas opinións emitidas polas súas comisións de estudo, ademais da nova revista AECA-FAEDPYME, e as novidades de experto contable acreditado (ECA®), acreditación de referencia para o profesional da contabilidade. A entrega do Premio Enrique Fernández Peña de Historia da Contabilidade 2017, e dos diplomas REFC e certificados CDCC, darán paso ao anuncio do próximos Congreso e Encontro AECA, tras o cal, procederase a dar clausura a este importante e completo Congreso Internacional que convida o académico e profesional a compartir e debater temas de interese en xestión empresarial.
Programa social e cultural
Os congresistas gozarán ademais dun completo programa social, con visitas á cidade de Santiago e o seu casco antigo, ademais de ceas no Pazo do Faramello e o Hotel Monumento San Francisco.
Evento internacional
Contarase coa participación de relatoras de trece países: España, Portugal, Reino Unido, Bélxica, Colombia, México, Brasil, Arxentina, Costa Rica, Chile, Perú, Panamá e Xapón. O evento constitúe un dos principais foros convocados en España sobre coñecemento e intercambio de ideas entre os ámbitos profesional, empresarial, académico e institucional, cunha previsión de trescentos asistentes que estreitarán lazos persoais, establecendo colaboracións e creando sinerxías nas súas actividades.
Académico e profesional
Outro importante activo do Congreso será o programa de sesións paralelas e workshops para a presentación das comunicacións que superen o proceso de avaliación de calidade científica. Tamén estarán presentes profesionais e directivos de empresas nacionais e internacionais, así como estudantes de último curso de grao e de posgrao, que poderán presentar os seus traballos nas sesións e pósteres que se habilitarán para tal fin.
Homologación ICAC e ECA
O Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC), organismo regulador de área en España, e o Experto Contable Acreditado-ECA®, certificación de experto da Asociación, homologan como formación continuada o Congreso AECA de acordo ao seguinte detalle: - Xornada ‘Novidades na normativa española e internacional sobre contabilidade e auditoría’: 7,5 horas - Encuentro ‘Información corporativa e economía dixital’: 7,5 horas - Congreso completo (Xornada + Encuentro): 15 horas en Portugal.
Máis información:
- Web Congreso: http://xixcongreso.aeca.es/aeca2017/
- Programa Congreso completo: http://aeca.es/old/new/2017/xix_congreso_aeca.pdf
- Programa Xornada 27 sept:http://aeca.es/old/new/2017/jornada_cya_27sep17.pdf