• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Bankoa ABANCA e Deusto Bizirik colaboran para reforzar a hostelería e o comercio de proximidade

  • A entidade financeira ofrece á agrupación empresarial un catálogo específico que facilita o acceso ao crédito ao pequeno e mediano comercio
  • O banco e os comerciantes deseñan e crean alternativas para mellorar a competitividade dos negocios

O director de zona de Bankoa ABANCA en Bizkaia, Francisco José Romanillo Gandarillas, a presidenta de Deusto Bizirik, Julia Diéguez Pérez, e o director da oficina de Bankoa ABANCA en Bilbao-Deusto, Julio Álvarez Iglesias, durante a firma.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

13-06-2023
Negocio

Bankoa ABANCA e Deusto Bizirik asinaron un acordo de colaboración que ten como obxectvo principal apoiar á hostelería e comercio de proximidade de Deusto, facilitando o acceso ao crédito ao pequeno e mediano comercio para así mellorar a competitividade dos negocios.

O acordo foi asinado esta mañá en Bilbao polo director de zona de Bankoa ABANCA en Bizkaia, Francisco José Romanillo Gandarillas, e a presidenta de Deusto Bizirik, Julia Diéguez Pérez. Ao acto tamén asistiu o director da oficina de Bankoa ABANCA de Bilbao-Deusto, Julio Álvarez Iglesias. Os representantes aproveitaron a rúbrica do acordo para conversar e compartir impresións sobre a situación económica actual e os retos aos que se enfrontan o comercio e a hostelería local.

Tras a firma deste convenio, os empresarios adheridos terán acceso a unha serie de vantaxes, entre as que destaca un plan de financiamento creado pola entidade e a agrupación empresarial para dar resposta ás necesidades do colectivo. No acordo detállanse unha serie de produtos e servizos específicos para a realización de inversións e o reforzo da competitividade dos negocios adheridos. Deste modo, poderán acceder a produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

Para adaptarse ás necesidades diarias da actividade dos establecemientos locais, o acordo recolle outros produtos e servizos, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. As persoas asociadas tamén poderán beneficiarse de diferentes liñas de financiamiento oficial que Bankoa ABANCA ten subscritas con diversos organismos públicos.

As persoas que forman parte de Deusto BizirikSerás redirixido a outro sitio web poderán aproveitar as condicións melloradas na contratación de dispositivos TPV físicos e virtuais e dun 20% de desconto na creación da tenda online. Tamén poderán acceder ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais e dispoñer de avanzados servizos de banca a distancia, como a Banca Móbil, a Banca Electrónica, o Bróker Online ou solucións como ‘Appúntame’ para a xestión de cobros fixos periódicos.

Deusto Bizirik agrupa a 250 comercios e establecementos de servizos e hostelería do distrito de Deusto, en Bilbao, co obxectivo de promover a súa actividade económica e ofrecer servizo e soporte técnico, de asesoramento e formación ás empresas que conforman a agrupación. Bankoa ABANCA é actualmente referente no sector bancario español pola súa capacidade para adaptarse ás necesidades dos seus clientes. A través da súa ampla rede de oficinas, ofrece solucións innovadoras e personalizadas cunha ampla gama de produtos e servizos financeiros, tanto para empresas como para particulares.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .