• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Bankoa ABANCA e o Foro Marítimo Vasco renovan a súa alianza para impulsar a sostibilidade e a modernización do sector en Euskadi

O director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e a directora xerente do Foro Marítimo Vasco, Sarai Blanc, durante a firma do novo acordo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-11-2023
Negocio

Bankoa ABANCA e o Foro Marítimo Vasco renovaron un ano máis o seu tradicional convenio de colaboración. Ambas as entidades acordaron un novo texto que ofrece distintas alternativas de crédito adaptadas ás necesidades do colectivo, co obxectivo de axudar a acometer algunhas das transformacións clave que debe asumir o sector marítimo.

Grazas a esta renovación, ambas as entidades fortalecen unha alianza que se remonta a 2018, ano no que o banco se incorporou como socio desta agrupación industrial da industria marítima vasca. A nova colaboración abre oportunidades significativas para os 142 asociados, que representan a 234 empresas do sector.

O vixente documento foi rubricado esta mañá en Bilbao, nun acto que contou coa participación do director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e a directora xerente do Foro Marítimo Vasco, Sarai Blanc. No encontro tamén estivo presente Miguel Eraso, coordinador de ABANCA Mar, a unidade de negocio da entidade financeira que está especializada na cadea de valor do mar.

Mediante este novo acordo, Bankoa ABANCA continúa coa súa aposta pola mellora da sostibilidade e a eficiencia enerxética a través de procesos como a renovación da frota, de vital importancia para o sector marítimo. Para que isto sexa posible, ABANCA Mar volve habilitar a armadores, estaleiros e industria auxiliar produtos como a hipoteca naval. Desta forma, poderán contar con embarcacións que sexan máis modernas, eficientes e respectuosas co medio ambiente, pero que tamén ofrezan mellores condicións de habitabilidade a bordo.

O novo documento promove ademais outros produtos específicos para realizar investimentos sostibles e de mellora da eficiencia enerxética, así como opcións flexibles a medida do sector para financiar, da forma máis eficaz, as necesidades de liquidez das empresas ou para anticipar axudas públicas ou o pago de impostos. O convenio complétase paralelamente con outras alternativas como liñas de desconto, confirming ou o financiamento de primas de seguros intermediados pola entidade financeira.

Unha proposta de valor única no sector

“Con este acordo queremos crear unha ponte cara ao futuro, cimentando as bases para un sector marítimo moderno, próspero e comprometido coa sostibilidade”, asegurou o responsable de Bankoa ABANCA tras a firma. “Buscamos mellorar a competitividade das empresas existentes e ofrecemos oportunidades para atraer tamén a novas xeracións a un sector de suma importancia para a economía vasca, outro dos grandes desafíos nos próximos anos”, concluíu.

Un ano máis, o banco —a través da súa unidade especializada ABANCA Mar— ofrece ás empresas asociadas ao Foro Marítimo Vasco unha proposta de valor única, na que conxuga un profundo coñecemento e experiencia no mundo do mar, cunha atención dedicada a través de xestores especializados e un catálogo de produtos deseñados para resolver as necesidades dos profesionais do sector. A entidade financeira, ademais, participará o próximo 30 de novembro nun foro promovido pola agrupación para informar o sector das oportunidades de investimento e financiamento da economía azul.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .