Bankoa ABANCA renova a súa colaboración co Foro Marítimo Vasco para mellorar a competitividade do sector en Euskadi e impulsar a sostibilidade
- O banco repite a súa reunión anual coa organización e presenta o seu catálogo de produtos e servizos para abordar retos estratéxicos como a sostibilidade ou a renovación da frota
- A unidade especializada ABANCA Mar pon a disposición dos armadores, estaleiros e industria auxiliar o seu coñecemento e experiencia no sector
O director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e o presidente do Foro Marítimo Vasco, Aitor Uriarte, durante a firma
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Bankoa ABANCA continúa avanzando no seu compromiso co mundo do mar en Euskadi e acaba de renovar o acordo de colaboración que mantén co Foro Marítimo Vasco. Desta forma, a entidade financeira fixa entre as súas prioridades, un ano máis, o apoio a un sector clave no País Vasco co obxectivo de impulsar os grandes retos aos que se enfronta a través dunha oferta financeira deseñada a medida.
O novo acordo foi asinado esta mañá nunha reunión de traballo que tivo lugar en Bilbao por parte do director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e o presidente do Foro Marítimo Vasco, Aitor Uriarte. Durante a firma, á que tamén acudiu o coordinador de ABANCA Mar, Mikel Eraso, ambas partes conversaron sobre a situación actual do sector e abordaron os grandes retos aos que se enfronta, como a aposta pola sostibilidade e a renovación da frota. A entidade financeira comprometeuse, un ano máis, a ofrecer solucións áxiles ante estes desafíos e a manter un contacto habitual de cara a afrontar novos retos que se presenten para o sector.
O compromiso coa sostibilidade e a eficiencia enerxética canalízase neste acordo a través de procesos como a renovación da frota. A través de ABANCA Mar, os armadores, estaleiros e industria auxiliar poden acceder a produtos como a hipoteca naval, deseñada para substituir as embarcacións actuais por outras máis modernas, eficientes e respectuosas co medio ambiente, á vez que ofrecen mellores condicións de navegación e habitabilidade a bordo.
Financiamiento e outras solucións para o día a día
O financiamento é outro dos puntos clave do convenio, xa que a entidade financeira ofrece unha serie de produtos específicos para iso, como opcións flexibles creadas a medida para financiar as necesidades de liquidez das empresas, para o anticipo de axudas públicas ou para o pagamento de impostos. Ademais, para facer fronte a outro tipo de investimentos, Bankoa ABANCA ofrece tamén préstamos personais, leasing e financiamento oficial a través dos acordos que mantén cos diferentes organismos públicos.
A maiores, o banco pon a disposición dos membros do Foro Marítimo Vasco solucións a medida como a póliza de crédito adaptada para o sector, produtos como os anticipos de axudas, liñas de desconto, confirming ou financiamento de primas de seguros intermediados por Bankoa ABANCA. As empresas e organizacións adheridas terán acceso tamén ao Programa Servizos ABANCA, creado para autónomos e micropemes e que lles permite aforrar no mantemento dos servizos bancarios máis habituais.
O plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’ conforma outro punto importante do acordo. Trátase do primeiro plan de pensións simplificado que Bankoa ABANCA ofrece para persoas traballadoras autónomas: unha solución sinxela, flexible, deseñada para complementar a xubilación e xerar un maior aforro que os plans individuais.
A través da firma deste acordo, que se suma a outros firmados co sector ao longo deste ano, a entidade financeira pon de manifesto o seu compromiso co mar, clave para a economía do País Vasco e do resto de España. Desde 2018, o banco, a través da súa unidade especializada ABANCA Mar, ofrece unha proposta financeira única para as empresas adheridas ao Foro Marítimo Vasco. O seu coñecemento e experiencia no mundo do mar, permítelle ofrecer a través dos seus xestores e xestoras especializadas un catálogo de produtos y servizos deseñados en coordinación con outras unidades do banco.