• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Catro mil profesionais de ABANCA acoden á IV Convención Anual da entidade

  • Os asistentes proceden de España, Portugal, Alemaña, Suíza, Reino Unido e Francia

De esquerda a dereita: Álvaro García Diéguez, director xeral de ABANCA Seguros, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, e Luis Beraza, director xeral Negocio España de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Vista xeral do Coliseum durante a IV Convención de ABANCA

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

23-02-2018
Corporativo

Máis de 4.000 empregadas e empregados acudiron esta tarde á IV Convención Anual de ABANCA, celebrada no Coliseum da Coruña baixo o título de ‘Xuntos mellor’. O encontro, que contou coas intervencións do presidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, o director xeral de Negocio España, Luis Beraza, e o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, serviu para facer balance do Plan Estratéxico 2014-2017 e dar comezo oficial a unha nova etapa, para a cal ABANCA fixouse como claves estratéxicas a transformación da entidade, a experiencia do cliente e a rendibilidade recorrente.

A IV Convención Anual do Grupo ABANCA reuniu a profesionais da rede comercial, dos servizos centrais e das divisións de crédito ao consumo, seguros e inmobles de España, Portugal, Alemaña, Suíza, Reino Unido e Francia.

Cumprimento do Plan 2014-2017

O presidente Juan Carlos Escotet Rodríguez iniciou as intervencións cun resumo dos avances organizativos e de xestión logrados pola entidade desde o seu nacemento en 2014. "Superamos os obxectivos que nos marcamos no Plan 2014-17 en rendibilidade, crecemento do negocio, capital, calidade da carteira e satisfacción do cliente", resumiu.

Segundo explicou, o éxito no cumprimento destas metas permitiu á entidade ser líder do sistema financeiro español en crecemento da marxe de intereses, así como gañar cota de mercado en crédito (+23 pb), captación particulares (+16 pb), fondos de investimento (+65 pb), seguros de vida (+112 pb) e non vida (+26 pb), e plans de pensións (+15 pb).

Ademais, destacou, ABANCA construíu "un balance san e unha posición de liquidez moi cómoda que nos sitúan entre as entidades con menor risco problemático e con maior porcentaxe de crédito sobre depósitos. Isto significa que estamos a crecer sobre unhas bases sólidas".

Novo escenario

Na súa intervención, o presidente de ABANCA referiuse aos tipos negativos, "que seguirán vixentes previsiblemente ata 2019", á nova regulación, "que vai pór o foco nas necesidades de capital e no poder do cliente", e á presión competitiva dos disruptores, "que modificará o escenario competitivo e impactará en toda a cadea de valor", como os factores que máis van afectar á actividade das entidades financeiras.

Fronte a estes retos, o presidente de ABANCA avogou por traballar nos ámbitos do coñecemento do cliente a través do big data, a experiencia homoxénea do cliente en todas as canles do banco, a apificación tecnolóxica para ofrecer solucións cada vez máis potentes e a cultura de innovación como unha actitude estendida a toda a organización. A entidade espera chegar ao fin do trienio 2018-2020 cun ROTE próximo ao 10%, unha morosidade inferior ao 3%, un capital CET1 superior ao 13% e un volume de negocio por encima dos 75.000 millóns de euros.

Juan Carlos Escotet Rodríguez puxo de manifesto así mesmo a importancia da responsabilidade social corporativa no proxecto de ABANCA. A entidade, que dedicou 30 millóns de euros a investimento social desde 2014, achegará este ano 11 millóns a Afundación.

Prioridades de negocio

Pola súa banda, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, eloxiou a "moi boa evolución" da entidade desde 2014, e debullou as diferentes prioridades de negocio e os proxectos que se desenvolverán para dar cumprimento ás claves estratéxicas definidas ata 2020.

Para mellorar a rendibilidade recorrente, Francisco Botas indicou que os seguros serán un negocio crave durante o próximo trienio: "deben ser parte do ADN do banco", subliñou. Anunciou que a entidade ten previsto, entre outras iniciativas, ampliar a oferta de produtos e servizos, especialmente para empresas; impulsar novas funcionalidades de seguros en banca móbil e establecer "alianzas estratéxicas que garantan unha oferta competitiva e unha mellor experiencia de cliente".

Ademais, o conselleiro delegado de ABANCA apuntou que a entidade seguirá impulsando a concesión de crédito a segmentos ‘micro’ (micropemes, pemes, comercios, autónomos) e o consumo, con especial foco no negocio de tarxetas de crédito e no financiamento no punto de venda.

Transformación e tecnoloxía

Respecto da experiencia de cliente, Francisco Botas asegurou que ABANCA avanzará durante os próximos anos na onmicanalidade para "construír relacións co cliente a través de calquera canle, en calquera momento e lugar" e na xestión e análise de datos "para darlle resposta a todas as súas necesidades financeiras e de servizos de valor".

Por último, o conselleiro delegado referiuse á transformación da entidade como "o reto máis importante que temos por diante para os próximos anos". "Temos que cambiar organizativa e culturalmente e facelo de forma rápida para adaptarnos a todos os cambios dunha contorna cada vez máis complexa e dixital", afirmou. Neste sentido, defendeu unha "dixitalización eficiente para simplificar procesos e mellorar en eficiencia" e avogou por "seguir impulsando a innovación a todos os niveis da organización e de maneira transversal". Para acometer este reto, Francisco Botas asegurou que "a entidade conta co seu principal activo, o equipo humano".

O evento foi conducido polos actores Javier Veiga e Marta Hazas e incluíu a intervención do emprendedor e tecnólogo arxentino Santiago Bilinkis, quen ofreceu aos asistentes unha conferencia sobre o cambio nas organizacións.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .