• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

CECA premia ABANCA e Afundación na súa convocatoria estatal por dous programas educativos sobre sostibilidade e ciberseguridade

  • Educación para a sostibilidade e o programa sobre finanzas dixitais nunha contorna segura «Pon o teu diñeiro a salvo», dirixidos ambos a escolares, son as dúas propostas multidisciplinares premiadas
  • Os galardóns entregáronse hoxe en Madrid no transcurso da gala dos Premios CECA

Miguel Ángel Escotet recolleu os dous premios recibidos.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Foto de familia de todas as entidades recoñecidas nesta edición dos Premios CECA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

19-12-2024
RSC

A Confederación Española de Caixas de Aforro (CECA) recoñeceu a ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, nunha gala de entrega celebrada este mediodía no Real Casino de Madrid. Os premios, que se entregan a nivel nacional, distinguen anualmente o labor daquelas entidades e fundacións que demostraron un alto grao de compromiso coa sociedade e coa contorna. Nesta ocasión, o programa «Educación para a sostibilidade» foi galardoado co primeiro premio na categoría de Medio, e o programa sobre finanzas dixitais e ciberseguridade «Pon o teu diñeiro a salvo» obtivo o primeiro premio na rama de Educación Financeira para nenos e novos.

Con estas distincións recoñécese o compromiso de Afundación e ABANCA coa posta en marcha de proxectos encamiñados a concienciar sobre a importancia das actitudes ambientalmente respectuosas, a formación e a innovación como mecanismos de mellora, e a cohesión e a inclusión como valores esenciais para un progreso social xusto. O director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA, e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, recolleu ambos os galardóns.

Os programas premiados

A partir dunha programación variada, dinámica e innovadora, «Educación para a sostibilidade» proporciona coñecemento para entender os desafíos ambientais e empodera aos máis novos para ser axentes de cambio, reforzando a súa autonomía e responsabilidade no camiño cara a un maior compromiso sostible. A través de moi diversos enfoques, en liña coas diferentes áreas de Afundación, o público escolar ―desde secundaria, ata bacharelato, ciclos formativos e universidade― penetra no coñecemento e na participación activa do coidado do medio.

Así, o programa contempla accións directas de voluntariado na limpeza de areais ou replantación forestal a través do proxecto PLANCTON; actividades didácticas derivadas de exposicións de contido ambiental; iniciativas que combinan prácticas sostibles con expresión artística como «Plantando árbores con pinceis» ou representacións teatrais. Ademais, Afundación conta en Vigo con Naturnova, un centro de educación ambiental, único en Galicia. Todo iso co propósito de concienciar a públicos diversos de toda a xeografía galega sobre a necesidade de manter un firme compromiso sostible. Case 30.000 persoas involucráronse, no que levamos de ano, coa Obra Social ABANCA, na protección das nosas contornas e na formación para seguir avanzando cara a un mundo máis sostible.

O programa de educación financeira «Pon o teu diñeiro a salvo», está dirixido a estudantes de segundo ciclo de ESO, bacharelato e ciclos formativos e ten como obxectivo proporcionarlles formación no ámbito das finanzas dixitais e a ciberseguridade.

Tendo en conta que o último informe PISA revela que un de cada catro adolescentes ten carencias significativas en educación financeira, «Pon o teu diñeiro a salvo» utiliza unha contorna gamificada e inmersiva para que os participantes aprendan divertíndose. Redes sociais, identidade dixital, mensaxes fraudulentas, apps maliciosas, compras en liña e protección do consumidor ou criptomoedas son algunhas das temáticas que se abordan no proxecto no que participaron xa ao redor de 45.000 escolares de 883 centros de toda España.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .