• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Educa e ABANCA entregan os IX Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de 2025

  • A plataforma educativa e a Obra Social do banco recoñecen a importancia do papel que desempeñan os docentes na sociedade
Foto das persoas premiadas e as autoridades presentes nos IX Premios EDUCA ABANCA

Foto das persoas premiadas e as autoridades presentes nos IX Premios EDUCA ABANCA

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

31-01-2026
RSC

A plataforma educativa Educa e a Obra Social ABANCA celebraron esta tarde na Sede Afundación da Coruña a entrega dos IX Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de 2025. Educa, en colaboración con Afundación, impulsa estes galardóns desde 2017 co propósito de recoñecer e homenaxear o labor dos profesionais da educación, tanto nas distintas etapas do ensino regrado como na educación non formal.

Nesta novena edición, a cerimonia reuniu a preto de 300 asistentes entre premiados, docentes e un nutrido grupo de representantes institucionais entre os que se atopaban o subsecretario de Educación, Formación Profesional e Deportes do Ministerio de Educación, Santiago Roura; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Judith Fernández Novoa; o director xerente de Afundación, Pedro Otero, e o director xeral da plataforma Educa, Víctor Arufe.

Durante a gala, entregáronse os premios aos sete docentes gañadores nas súas respectivas categorías e outorgouse un recoñecemento especial aos finalistas. En total, 61 profesionais de distintos puntos de España foron distinguidos polo seu compromiso e excelencia no ensino.

A gañadora na etapa de Educación Infantil foi Mari Carmen Sáez Moreno, profesora no CEIP Cristo del Valle (Fuentealbilla, Albacete); en Educación Primaria a mellor puntuación obtívoa Ricardo Acosta Alonso, mestre no CEIP La Vega (Icod de los Vinos, Santa Cruz de Tenerife); en Educación Secundaria a docente recoñecida foi Fina Paulos Lareo, profesora do IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas, A Coruña); no apartado de Formación Profesional alzouse co galardón Óscar Manuel Rey Calo, tamén do IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas, A Coruña); na categoría de Educación Non Formal obtivo o primeiro posto Mireia Porteiro Aylagas, docente nos centros Innovación y Desarrollo Docente (Sant Cugat do Vallès, Barcelona); e na categoría de Universidade, a mellor puntuación obtívoa Paula Hernández Dionis, profesora na Universidad de La Laguna (Santa Cruz de Tenerife).

Cada un recibiu unha figura conmemorativa EDUCA, un diploma acreditativo e un premio en metálico.

Como broche final, entregouse a mención honorífica á traxectoria docente a #Jose Luis Marín Carbonell, docente falecido na traxedia da dana do mes de outubro de 2024 e fundador dos Colegios Siglo XXI de Valencia.

Décima edición dos Premios EDUCA ABANCA

O prazo para presentar candidaturas para a décima edición dos premios, que distinguirán aos profesores que destaquen pola súa boa praxe profesional en 2026, está xa aberto. Calquera estudante pode propoñer para o galardón ao docente que admire pola súa entrega á profesión e o traballo que realiza a través do formulario dispoñible na web www.plataformaeduca.org. No caso das categorías de Educación Infantil e Primaria serán as familias as que deban realizar as propostas.

Os Premios EDUCA ABANCA teñen como obxectivo mellorar a visibilidade da boa práctica docente entre a sociedade e dar voz ao alumnado e ás súas familias á hora de recoñecer a aqueles profesores que destaquen polo seu bo facer. A iniciativa permite enxalzar a figura do bo docente, a súa implicación no proceso de ensino e tamén a importancia do papel que desenvolven estes profesionais na sociedade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación entregan a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina 2.340 xoguetes novos para repartir en Reis entre familias desfavorecidas

23-12-2025
RSC

A acción forma parte da campaña solidaria de Nadal ‘Debuxar sorrisos’ impulsada polo banco e a súa Obra Social.

Un dos 14 lotes de xoguetes entregados por ABANCA e Afundación a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina.

ABANCA e Afundación proporcionarán á Xunta de Galicia equipos de vixilancia aérea antiincendios de última xeración

02-12-2025
RSC

ABANCA e a súa Obra Social presentan un prototipo dos sistemas de vixilancia aérea de última xeración que Afundación entregará á Xunta de Galicia, co patrocinio do banco, para complementar os recursos autonómicos de prevención e loita contra incendios forestais.

Presentación dun equipo de vixilancia aérea antiincendios
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .