• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Educa e ABANCA entregan os VIII Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de 2024

  • A plataforma educativa e a Obra Social do banco recoñecen a importancia do papel que desempeñan os docentes na sociedade

Foto de familia de premiados e representantes institucionais.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Miguel Ángel Escotet con Ingrid Mosquera, profesora galardoada na categoría de Universidade.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-03-2025
RSC

A plataforma educativa Educa e a Obra Social ABANCA celebraron esta tarde en Palexco a entrega dos VIII Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de 2024.

Educa, en colaboración con Afundación, impulsa estes galardóns desde 2017 co propósito de recoñecer e homenaxear o labor dos profesionais da educación, tanto nas distintas etapas do ensino regrado como na educación non formal.

Nesta oitava edición, a cerimonia reuniu a 380 asistentes entre premiados, docentes e un nutrido grupo de representantes institucionais entre os que se atopaban o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; o subsecretario de Educación, Formación Profesional e Deportes do Ministerio de Educación, Santiago Roura; o director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA, reitor da Universidad Intercontinental de la Empresa e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral da plataforma Educa, Víctor Arufe.

Durante a gala, entregáronse os premios aos sete docentes gañadores nas súas respectivas categorías e outorgouse un recoñecemento especial aos finalistas. En total, 61 profesionais de distintos puntos de España foron distinguidos polo seu compromiso e excelencia no ensino. Noelia Salas Román, profesora no CEIP Pérez de Hita de Lorca (Murcia) recolleu o premio na categoría de Educación Infantil. Ana García Pérez, mestra no CEIP Europa de Linares (Andalucía), foi a gañadora na categoría de Educación Primaria. Marc Lloret Parra, profesor no IES Joan Fuster de Sueca (Comunidad Valenciana), recibiu o galardón no apartado de Educación Secundaria. Juan Carlos González Hernández, docente no CPFP Río Duero de Valladolid (Castilla y León), foi recoñecido na categoría de Formación Profesional. Ana María González Herrera, mestra nos centros OposPills na modalidad online (Andalucía), alzouse co premio na categoría de Educación non formal. Por último, Ingrid Mosquera Gende, profesora na Universidad Internacional de La Rioja de Logroño (La Rioja), obtivo o recoñecemento na categoría de Universidade.

Cada un recibiu unha figura conmemorativa EDUCA, un diploma acreditativo e un premio en metálico.

Como broche final, entregouse a mención honorífica á traxectoria docente a Nieves María Montenegro Guzmán, profesora xubilada que impartiu docencia nas Islas Canarias.

Novena edición dos Premios EDUCA ABANCA

O prazo para presentar candidaturas para a novena edición dos premios, que distinguirán aos profesores que destaquen pola súa boa praxe profesional en 2025, está xa aberto.

Calquera estudante pode propoñer para o galardón ao docente que admire pola súa entrega á profesión e o traballo que realiza a través do formulario dispoñible na web www.plataformaeduca.org. No caso das categorías de Educación Infantil e Primaria serán as familias as que deban realizar as propostas.

Os Premios EDUCA ABANCA teñen como obxectivo mellorar a visibilidade da boa práctica docente entre a sociedade e dar voz ao alumnado e ás súas familias á hora de recoñecer a aqueles profesores que destaquen polo seu bo facer. A iniciativa permite enxalzar a figura do bo docente, a súa implicación no proceso de ensino e tamén a importancia do papel que desenvolven estes profesionais na sociedade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación entregan a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina 2.340 xoguetes novos para repartir en Reis entre familias desfavorecidas

23-12-2025
RSC

A acción forma parte da campaña solidaria de Nadal ‘Debuxar sorrisos’ impulsada polo banco e a súa Obra Social.

Un dos 14 lotes de xoguetes entregados por ABANCA e Afundación a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina.

ABANCA e Afundación proporcionarán á Xunta de Galicia equipos de vixilancia aérea antiincendios de última xeración

02-12-2025
RSC

ABANCA e a súa Obra Social presentan un prototipo dos sistemas de vixilancia aérea de última xeración que Afundación entregará á Xunta de Galicia, co patrocinio do banco, para complementar os recursos autonómicos de prevención e loita contra incendios forestais.

Presentación dun equipo de vixilancia aérea antiincendios
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .