• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

NCG Banco cumpre o obxectivo de beneficio tras dedicar 1.309 millóns a dotacións e saneamentos

Resultados 2013

  • O beneficio neto atribuído ascende a 18 millóns
  • Crédito:  6.129 millóns en novos préstamos, o 70% en Galicia
  • O capital principal alcanza o 11,60%  cun excedente de 590 millóns
  • Os gastos de explotación redúcense un 37%

Imaxe 1: Principais magnitudes 2013

Imaxe2: Conta de resultados consolidada 2013 (en millóns de euros)

01-04-2014
Resultados

NCG Banco obtivo un resultado de 871 millóns de euros antes de provisións superando a previsión do plan de recapitalización aprobado en 2012, que prevía un beneficio atribuído de 14,8 millóns de euros para o exercicio 2013. Despois de destinar 1.309 millóns de euros a provisións e saneamentos, o beneficio neto atribuído ao grupo é de 18 millóns de euros.

A entidade optou ao peche do exercicio por non primar a obtención de beneficio e  manter unha política de máxima prudencia dirixida a reforzar o balance. O banco destinou a provisións e saneamentos os resultados extraordinarios e os créditos fiscais activados no ano para cubrir posibles deterioracións futuras nos seus activos inmobiliarios e participacións empresariais, amais doutras continxencias.

A actividade estivo condicionada polas restricións fixadas pola folla de termos, postas de manifesto tanto na redución de oficinas e emprego como nas esixencias de desinvestimento e as limitacións para a operatoria bancaria fóra de Galicia. NCG Banco reduciu en 7.296 millóns de euros o seu balance en 2013.

Ver imaxe 1

Ingresos recorrentes

A marxe de intereses elevouse a 665 millóns de euros, un 8,1% menos con respecto a 2012. A baixada en cifras absolutas da marxe de intereses débese á redución do balance, a eliminación das cláusulas teito (desde maio 2013) e á venda de oficinas. En termos relativos, a marxe respecto dos activos totais medios xestionados pola entidade foi superior ao cociente de 2012 en 9 puntos básicos.

O banco reduciu nun 23% os ingresos por comisións debido á estratexia comercial de eliminar o cobro de comisións administrativas a aqueles clientes con maiores niveis de vinculación e fidelidade. Os ingresos netos por comisións situáronse en 163 millóns de euros.  O cociente de comisións netas sobre volume de negocio mantense estable.

O resultado de operacións financeiras (ROF) alcanzou os 653 millóns de euros, incluído o impacto da xestión de instrumentos híbridos. A marxe bruta incrementouse un 51,7%, ata situarse nos 1.479 millóns de euros.

Redución de gastos

A entidade logrou reducir os gastos de explotación un 36,5%, ata os 608 millóns de euros. A xestión dos gastos e a xeración de ingresos traducíronse nunha mellora do cociente de eficiencia recorrente de 9,45 puntos porcentuais.

NCG Banco conclúe 2013 cunha rede de 592 oficinas: 580 sucursais operativas en España (541 en Galicia) e 12 oficinas no estranxeiro (7 delas de representación).

O cadro de persoal da matriz do banco ao peche do exercicio era de 4.362 profesionais.

Saneamento de balance

O resultado antes de provisións foi de 871 millóns de euros. A boa evolución dos ingresos e os gastos da entidade, unida ao impacto na conta da monetización dos créditos fiscais, permitiu ao banco acelerar a súa política de saneamento. As provisións e saneamentos totalizan 1.309 millóns de euros en 2013. Nos últimos dous anos, NCG Banco destinou a saneamentos 9.533 millóns de euros, superando a deterioración identificada no escenario adverso das probas de estrés realizadas por Oliver Wyman en setembro de 2012.

O banco mantén tamén unha estrita política de cualificación de riscos.  O 88% dos créditos refinanciados están cualificados como dubidosos ou subestándar, un das porcentaxes máis elevadas do sistema financeiro español, e claramente por encima do 60% do conxunto de entidades de referencia.

O saneamento e a aplicación rigorosa dos criterios de clasificación contable repercuten na morosidade do grupo. O saldo de créditos dubidosos situouse en decembro en 5.093 millóns de euros, o que se traduce nunha taxa de morosidade do 17,62%. O cociente de cobertura situouse no 56,4%.

Capacidade para xerar capital

Unha vez realizada a venda de EVO Banco, o cociente de capital principal elevouse en 2013 ao 11,60% o que supón duplicar os niveis cos que finalizou 2012. O capital ascende a 2.636 millóns de euros, cun exceso sobre o mínimo exixible de 590 millóns de euros.

Liquidez

NCG Banco pechou o exercicio de 2013 cuns activos líquidos dispoñibles de 9.831 millóns de euros, volume que permitiría á entidade cubrir 1,36 veces os vencementos de emisións maioristas netas, é dicir, ten unha folgura de 2.602  millóns de euros.

O banco continuou avanzando durante 2013 no reequilibrio do seu balance, reforzando a súa orientación cara ao negocio minorista. A esta estratexia responde a redución da operatoria de emisións maioristas en 8.436 millóns de euros. A porcentaxe de crédito financiado por depósitos minoristas aumentou en 5 puntos porcentuais durante o ano pasado e situouse no 96%.

Crédito minorista en Galicia

NCG Banco concedeu 6.129 millóns de euros en financiamento, fundamentalmente a pemes, autónomos e a familias: 2.846 millóns corresponden a novos préstamos e 3.283 millóns, a financiamento ao tecido empresarial a través de liñas de desconto, factoring, confirming ou comex. NCG Banco concedeu o ano pasado 3.360 hipotecas a familias, por un importe global de 286 millóns de euros.

Máis do 70% do crédito de 2013 (4.355 millóns de euros) concedeuse a través de Novagalicia, marca coa que a entidade opera fundamentalmente en Galicia. O impulso minorista nesta comunidade permitiu ao banco incrementar en 62 puntos básicos a súa cota de mercado de crédito en 2013.

O banco renegociou en 2013 as hipotecas de 4.674 familias en dificultades económicas, para axustar as súas condicións á súa capacidade real de pago.

Depósitos

Os depósitos minoristas descenderon un 4% no ano. A evolución dos depósitos de clientes en 2013 estivo condicionada pola redución da operatoria mariorista, que diminuíu o seu saldo en 5.705 millóns de euros, así como co traspaso de negocio derivado da venda de oficinas. Os depósitos á vista incrementáronse un 2,4%. O saldo total desta carteira de pasivo situouse en 29.357 millóns de euros ao peche do exercicio.

Os recursos xestionados fóra de balance (fondos de investimento, plans de pensións e seguros) presentaron un saldo ao peche de 2013 de 3.285 millóns de euros. O patrimonio xestionado polo banco en fondos de investimento incrementouse nun 6,6% no ano.

Desinvestimentos

En 2013 NCG Banco acelerou a súa política de desinvestimentos:

  • A venda de EVO Banco a Apollo European Principal Finance Fund II (Apolo EPF II), que se adxudicou en setembro de 2013 e realizouse en febreiro de 2014.
  • Venda de 66 oficinas ao Banco Etcheverría.
  • Venda de 29 participacións empresariais, que supuxeron un volume de ingresos para a entidade de 222 millóns de euros.
  • Venda de 3.316 inmobles, incluídos os pertencentes á SAREB (Sociedade de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria) comercializados pola entidade. O importe total das vendas ascendeu a 264 millóns de euros.

Privatización

En decembro de 2013, o FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria), pertencente ao Estado español e accionista maioritario de NCG Banco, acordou en decembro de 2013 a venda a Banco Etcheverría Grupo Banesco das súas accións e as do Fondo de Garantía de Depósitos, representativas do 88,33% do capital da entidade por un importe de 1.003 millóns de euros. As condicións da compravenda non inclúen a concesión dun esquema de protección de activos. A operación está pendente de autorización por parte da Comisión Europea.

Conta de resultados consolidada

Ver imaxe 2

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

RESULTADOS 1T 2025: ABANCA gaña 220 millóns de euros, cunha rendibilidade do 15,2%

28-04-2025
Resultados

A entidade mantén uns robustos niveis de capitalización, cun cociente CET1 do 13,2%, tras crecer catro décimas no trimestre.

Principais cifras Resultados ABANCA 1T 2025

RESULTADOS 4T 2024: ABANCA gaña 1.203 millóns de euros, cunha rendibilidade recorrente do 16,5%

28-01-2025
Resultados

A entidade pecha a súa primeira década transformada nunha das entidades máis fortes e competitivas do sistema bancario ibérico.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .