• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O Consello de Administración ratifica en Ourense o Plan contra os incendios posto en marcha por ABANCA en agosto

  • As accións foron definidas tras unha escoita directa aos afectados para coñecer as súas necesidades, proceso no que foi fundamental a capilaridade da rede comercial da entidade
  • O banco doou un millón de euros en material e prevención e abriu unha liña de apoio financeiro por 150 millóns, ademais de axilizar as indemnizacións de seguros e anticipar axudas públicas
Consello de Administración de ABANCA

Integrantes do Consello de Administración de ABANCA (acompañados polo director territorial en Ourense, Rubén Saavedra, quinto pola esquerda na imaxe).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-09-2025
Corporativo

O Consello de Administración de ABANCA ratificou hoxe o Plan de Acción da entidade para apoiar aos colectivos afectados polos incendios en Galicia, León e Estremadura. Con este Plan, posto en marcha en agosto, o banco mostra a súa solidariedade e apoio efectivo aos colectivos afectados e reforza o seu compromiso coas persoas.

A sesión tivo lugar en Ourense, a provincia máis afectada polos incendios. Foi presidida polo presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e contou coa presenza do conselleiro delegado, Francisco Botas, e o resto de integrantes do máximo órgano de goberno.

Escoita e colaboración

Este Plan de Acción, que o banco desenvolve en colaboración con Afundación, ten como obxectivos a recuperación económica, social e ambiental das áreas danadas e o incremento do seu nivel de protección e capacidade de resposta fronte a situacións futuras.

Tras o anuncio en agosto da doazón dun millón de euros e a apertura dunha liña de apoio de 150 millóns de euros, o Plan definiuse en detalle unha vez finalizado o proceso de escoita activa aos grupos de interese implicados: administracións públicas (locais, provinciais e autonómicas), asociacións veciñais e cidadáns, empresarios e organizacións profesionais, asociacións e sindicatos agrarios, equipos e organismos implicados na extinción de incendios, e mancomunidades e comunidades de montes.

Esta política de máxima proximidade permitiu a ABANCA garantir o coñecemento das necesidades dos colectivos afectados e a correcta definición das prioridades. Como resultado, ABANCA elaborou un diagnóstico da situación e deseñou un paquete de accións, baixo o principio de complementariedade coas axudas públicas, dirixido a catro obxectivos prioritarios: recuperación, prevención, formación e concienciación.

O proceso apoiouse na capilaridade da rede comercial da entidade. Nas localidades afectadas sen oficina física, ABANCA puxo ao dispor dos afectados o seu servizo de oficina móbil.

Apoio financeiro

A liña de financiamento de 150 millóns de euros aberta por ABANCA para a recuperación do tecido social e da actividade económica vai dirixida tanto a familias como a empresas. A tramitación realizarase con axilidade e flexibilidade, priorizando a resolución das necesidades máis urxentes.

No caso das familias, o seu destino é a rehabilitación de vivendas e a substitución ou reparación de vehículos e maquinaria agrícola. O apoio a titulares de actividades económicas, que se canaliza a través da división especializada ABANCA Agro, comprende financiamento a curto, medio e longo prazo para restablecer canto antes a actividade dos sectores forestal, vitivinícola, agrícola e gandeiro.

Tanto as familias como as empresas afectadas terán ademais acceso a anticipos de indemnizacións de seguros e outras axudas públicas. ABANCA puxo en marcha un protocolo de emerxencias en materia de seguros para axilizar o abono das indemnizacións aos seus clientes. O banco anticipará ademais axudas PAC a tipo 0% e aplicará preautorizados nos casos que proceda, o que permitirá axilizar o proceso.

En Portugal habilitáronse liñas de financiamento específicas de apoio aos afectados.

Dotación material

A segunda parte deste Plan de Acción está dotada con un millón de euros en material e outros recursos. Para a prevención de futuros incendios nas zonas afectadas ou declaradas de alto risco, ABANCA proporcionará tecnoloxía de vixilancia (drons) en coordinación coa Xunta de Galicia. Ademais achegará kits de emerxencia con material de resposta rápida tanto para os concellos afectados como para os declarados de alto risco.

Outro obxectivo do Plan é a recuperación ambiental dos territorios queimados e a recuperación económica do tecido empresarial e social afectado. Para contribuír a iso deseñáronse accións de voluntariado sobre o territorio e un paquete de axudas económicas directas a asociacións veciñais e agrupacións empresariais e sectoriais.

En terceiro lugar, ABANCA promoverá a formación e concienciación da poboación en materia de prevención e resposta rápida fronte a incendios, achegará axudas económicas para a formación de colectivos profesionais, e implicarase, a través da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), na investigación sobre a loita contra os incendios e a xestión do territorio.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza a 11ª edición do seu Programa para Startups

23-09-2025
Corporativo

As candidaturas deben presentarse entre hoxe e o 07 de novembre a través da web de ABANCA Innova.

11ª edición Programa para Startups ABANCA Innova

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .