• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O futuro da función financeira, a debate no II Foro Financeiro do sector bancario español

  • O evento, organizado por True North Partners LLP coa colaboración de ABANCA, reuniu a 13 entidades financeiras españolas e varios bancos portugueses no Porto
Presentación do II Foro Financeiro da banca española

De esquerda a dereita, Alberto de Francisco, director xeral de Finanzas de ABANCA; Francisco Botas, CEO de ABANCA; Lutz Baumgarten, chairman e socio de True North Partners; e Borja Sánchez, director xeral de True North Partners en España.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Asistentes ao II Foro Financeiro da banca española

Asistentes ao II Foro Financeiro da banca española.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-06-2025
Corporativo Financiero

ABANCA foi o anfitrión do II Foro Financeiro da banca española, encontro do sector financeiro español celebrado hoxe no Porto. A xornada, organizada por True North Partners LLP, reuniu a expertos e directivos de 13 entidades financeiras españolas e de varios bancos portugueses para debater sobre o futuro da función financeira, os novos riscos da actual contorna e a xestión do binomio rendibilidade/risco das operacións.

Francisco Botas, CEO de ABANCA, e Lutz Baumgarten, chairman e socio de True North Partners LLP, inauguraron o evento, destacando a importancia para o sector de contar con espazos onde as entidades poidan compartir a súa visión sobre desafíos tan relevantes como a dixitalización, a xeopolítica ou a ciberseguridade.

"Afrontamos un escenario complexo que afecta á nosa actividade e a todas as funcións da nosa xestión. En especial á figura do CFO, unha figura clave nas nosas organizacións e que o será aínda máis nos próximos anos por efecto da transformación tecnolóxica, a regulación e a necesidade de impulsar a cultura da rendibilidade", destacou o CEO de ABANCA, Francisco Botas.

A xornada abriuse coa intervención de Margarita Delgado, anterior subgobernadora do Banco de España, cuxa experiencia e visión achegaron unha perspectiva transversal sobre aspectos relacionados cos modelos de negocio das entidades financeiras europeas.

Mesas de debate

A programación do evento incluíu ademais tres mesas de debate, moderadas por Borja Sánchez, director xeral de True North Partners en España, nas que participaron representantes de diferentes entidades financeiras. As temáticas tratadas foron, respectivamente, a integración de riscos emerxentes, a evolución dos esquemas de medición de rendibilidade, e os retos da transformación da dirección financeira.

"Este ano o debate foi especialmente enriquecedor e innovador con respecto á edición anterior, ao contar cunha contorna tamén distinta, onde o impacto da xeopolítica na xestión de riscos e prezos foi o protagonista, seguido polo impacto da intelixencia artificial aplicada á función financeira", asegurou o director xeral de True North Partners.

Un dos eixos centrais das discusións foi o futuro da función financeira nas entidades. Os participantes analizaron como a dixitalización, a regulación en constante evolución e as novas expectativas dos clientes están a transformar o rol tradicional desta área.

Ademais, debateuse sobre a necesidade de que a función financeira evolucione dun papel meramente transaccional a un máis estratéxico e analítico, impulsando a toma de decisións baseada en datos, a optimización do capital e a xestión proactiva de riscos. A axilidade, a eficiencia e a capacidade de adaptación a contornas cambiantes identificáronse como piares fundamentais para o éxito nos próximos anos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .