• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O voluntariado de ABANCA e Afundación planta 700 árbores en Larouco para restaurar o epicentro do maior incendio de Galicia

  • É a sétima actuación ambiental organizada por ambas as entidades no marco do seu Plan de Acción contra os incendios
 Grupo de persoas voluntarias que participaron nunha acción de reforestación en Larouco

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Persoas voluntarias plantan árbores nun terreo afectado polo incendio de Larouco

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

21-03-2026
RSC

Un grupo de 46 persoas voluntarias de ABANCA e Afundación, veciños e veciñas de Larouco e membros da comunidade de montes participaron hoxe nunha nova xornada de reforestación dentro do Plan de Acción contra os incendios do banco e a súa Obra Social, tras a realizada a semana pasada en Quiroga.

Os voluntarios e voluntarias traballaron toda a mañá na plantación de 700 exemplares de especies autóctonas, incluíndo castaños, aciñeiras, sobreiras, abruñeiros, érbedos, pereiras e maceiras silvestres.

A elección de Larouco para esta sétima acción de voluntariado é dun alto valor simbólico e ambiental, xa que este municipio foi o epicentro do incendio forestal máis grave rexistrado na historia de Galicia. O lume, iniciado o 13 de agosto de 2025 na parroquia de Seadur, converteuse nun incendio convectivo de extrema violencia que chegou a calcinar máis de 30.000 hectáreas de monte. As chamas estendéronse tamén polo sur de Ourense ata alcanzar a provincia de Lugo.

A intervención de hoxe ten como obxectivo prioritario recuperar parte da masa forestal perdida, así como contribuír á restauración dos hábitats da fauna local, como o corzo, o xabaril e diversas aves rapaces, que se viron gravemente alterados. Ademais da perda ambiental, o incendio supuxo un duro golpe para a economía local, xa que afectou a montes comunais, explotacións agrícolas e á característica paisaxe vitivinícola da comarca de Valdeorras.

Coa intervención de hoxe, ABANCA e Afundación reforzan o seu compromiso coa rexeneración dos ecosistemas máis afectados polos incendios. Esta actuación súmase ás seis xa realizadas ata o momento: a de reforestación en Quiroga e as cinco organizadas entre outubro e novembro co fin de protexer solos e acuíferos para evitar o arrastre das cinzas cara aos mananciais.

Compromiso coas zonas afectadas

O Plan de Acción contra os incendios deseñado polo banco e executado a través da súa Obra Social vai máis aló da recuperación medioambiental das zonas máis castigadas. O programa integra tamén un amplo paquete de medidas sociais e económicas, entre as que destacan a doazón dun millón de euros para material de vixilancia e prevención. Neste marco, o banco e a súa Obra Social presentaron en decembro os equipos tecnoloxicamente avanzados que proporcionarán á Xunta de Galicia para reforzar o sistema de vixilancia antiincendios.

O banco tamén activou desde o primeiro momento liñas de financiamento específicas dotadas con 150 millóns de euros para axudar ás familias e empresas damnificadas e está a traballar no desenvolvemento de programas de formación e investigación orientadas a mellorar a xestión forestal e a prevención de futuros desastres ambientais.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación reforzan as accións para impulsar a saúde financeira da mocidade e colectivos vulnerables na Global Money Week 2026

16-03-2026
RSC

A iniciativa máis destacada é o ‘Maratón de retos financeiros’, unha experiencia de aprendizaxe gamificada na que o alumnado contará co apoio do equipo directivo de ABANCA na súa área xeográfica.

O voluntariado de ABANCA e Afundación planta 700 árbores nunha parcela de Quiroga afectada polos incendios

14-03-2026
RSC

Esta xornada de reforestación é a sexta actuación ambiental organizada por ambas as entidades no marco do seu Plan de Acción contra os incendios.

Grupo de 45 persoas voluntarias que participaron na acción de reforestación en Quiroga
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .