• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O voluntariado de ABANCA e Afundación protexe os solos queimados nos montes lindeiros ao Parque Natural do Invernadeiro

  • A actividade enmárcase no Plan de Acción contra os incendios deseñado polo banco e a súa Obra Social para apoiar as zonas e comunidades afectadas pola vaga de lumes do pasado mes de agosto
  • É a terceira actuación deste tipo tralas dúas realizadas recentemente no Concello de Manzaneda nas que participaron máis de 150 persoas
 Un grupo de 40 persoas voluntarias protexe chans queimados no Parque Natural do Invernadeiro

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Persoas voluntarias de ABANCA e Afundación realizan tarefas de mulching en zonas queimadas próximas ao Parque Natural do Invernadeiro

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Persoas voluntarias de ABANCA e Afundación realizan tarefas de mulching en zonas queimadas próximas ao Parque Natural do Invernadoiro

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Persoas voluntarias de ABANCA e Afundación constrúen e colocan casetas para aves en zonas afectadas polos incendios

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-10-2025
RSC

Preto de corenta persoas voluntarias convocadas por ABANCA e Afundación participaron este sábado nunha xornada de voluntariado ambiental no Parque Natural do Invernadeiro e as súas zonas lindeiras, estas últimas fortemente castigadas polos lumes do verán. A acción forma parte do Plan de Acción contra os incendios posto en marcha polo banco e a súa Obra Social en agosto.

Os voluntarios e voluntarias, divididos en varios grupos, traballaron ao longo de toda a mañá nas proximidades do Centro de Recepción de visitantes do Parque Natural, así como noutros lugares de difícil acceso e maior altitude. Parte do colectivo dedicou os seus esforzos á recollida de sementes que serán empregadas nos próximos meses en actuacións de repoboación en lugares próximos ao parque afectados polo lume. En concreto, traballaron na colleita de grans de serbal de cazadores, unha especie que abunda en Galicia, sobre todo nas montañas orientais.

Outro grupo desprazouse ata as zonas máis elevadas e pendentes da parte oriental do parque para realizar traballos de mulching ou acolchamiento do chan con palla, co fin de protexelo da erosión e favorecer a xerminación de novos brotes de vexetación no lugar.

Ademais, e como complemento a estas dúas actividades, instaláronse casetas refuxio de madeira destinadas a aves e morcegos, e realizáronse acúmulos de cereal e pedras de sal destinados á alimentación da fauna silvestre, elixindo para iso localizacións ben visibles, como grandes rocas e outros elementos do relevo que destacan sobre a paisaxe.

A deste sábado foi a terceira actuación en apenas dúas semanas do voluntariado de ABANCA e a súa Obra Social dentro do seu Plan de Acción contra os incendios, tras as realizadas hai tan só uns días no Concello de Manzaneda, nas contornas do Rego da Mourela en Placín e o Regueiro do Rial en Cabeza de Manzaneda, nas que participaron máis de 150 persoas chegadas de diferentes lugares de Galicia.

A Xunta de Galicia prestou a súa colaboración no desempeño dos traballos realizados durante a xornada coa achega do gran destinado á alimentación dos animais e da palla empregada no acolchamento dos chans queimados.

O Plan de Acción contra os incendios de ABANCA e Afundación inclúe tamén outra serie de medidas como a implementación dunha liña de financiamento de 150 millóns de euros, destinada ás familias e empresas afectadas, para a rehabilitación de vivendas, reposición de maquinaria agrícola e outros, apostando firmemente pola recuperación dos sectores directamente afectados, como son o forestal, o vitivinícola, o agrícola e o gandeiro. Ademais, este plan contempla tamén o adianto de indemnizacións de seguros e axudas públicas, e o anticipo de axudas da PAC a tipo 0%. Noutro campo, destinarase un millón de euros á adquisición de material de prevención e atención, como drons de vixilancia e kits de emerxencia destinados aos concellos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación entregan a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina 2.340 xoguetes novos para repartir en Reis entre familias desfavorecidas

23-12-2025
RSC

A acción forma parte da campaña solidaria de Nadal ‘Debuxar sorrisos’ impulsada polo banco e a súa Obra Social.

Un dos 14 lotes de xoguetes entregados por ABANCA e Afundación a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina.

ABANCA e Afundación proporcionarán á Xunta de Galicia equipos de vixilancia aérea antiincendios de última xeración

02-12-2025
RSC

ABANCA e a súa Obra Social presentan un prototipo dos sistemas de vixilancia aérea de última xeración que Afundación entregará á Xunta de Galicia, co patrocinio do banco, para complementar os recursos autonómicos de prevención e loita contra incendios forestais.

Presentación dun equipo de vixilancia aérea antiincendios
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .