• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

O voluntariado de ABANCA e Afundación traballa na protección dos chans queimados na contorna de Las Médulas

  • A actividade forma parte do Plan de Acción contra os Incendios promovido polo banco e a súa Obra Social para prestar apoio ás zonas e comunidades afectadas polos incendios do pasado verán
Grupo de 55 persoas que participaron nunha acción de voluntariado promovida por ABANCA e Afundación nas Medulas

Grupo de persoas voluntarias que participaron na actividade organizada por ABANCA e Afundación na contorna de Las Médulas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Persoas voluntarias de ABANCA e Afundación transportan palla para realizar tarefas de mulching no chan afectado polos incendios en Las Médulas

Persoas voluntarias de ABANCA e Afundación transportan palla para realizar tarefas de mulching en Las Médulas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Persoas voluntarias realizan tarefas de mulching en zonas afectadas polos incendios en Las Médulas

Persoas voluntarias esparcen palla para protexer os chans afectados polos incendios.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-11-2025
RSC

Máis de 55 persoas convocadas por ABANCA e Afundación participaron este sábado na primeira acción de voluntariado ambiental organizada en León polo banco e a súa Obra Social no marco do seu Plan de Acción contra os incendios. A iniciativa desenvolveuse na contorna de Las Médulas, no municipio leonés de Carucedo.

O continxente de voluntarios e voluntarias dedicou os seus esforzos á protección dos chans queimados, realizando labores de mulching ou acolchado con palla na contorna de varias das pequenas lagoas, como o Lago Sonido ou a Laguna Larga, co obxectivo de evitar que as cinzas cheguen ata elas.

Estes lugares teñen especial interese desde o punto de vista ambiental debido á presenza de especies endémicas de flora e fauna, como o nenúfar branco (Nymphaea alba), que conta neste lugar coa única poboación coñecida a nivel provincial, ou o galápago europeo (Emys orbicularis), unha especie catalogada como “Vulnerable” dentro do Catálogo Español de Especies Ameazadas. As persoas voluntarias tamén realizaron tarefas de alimentación de fauna.

A actividade contou coa colaboración da Junta de Castilla y León a través do persoal do Monumento Natural Las Médulas.

É a cuarta actuación de recuperación ambiental que organiza o banco dentro do seu Plan de Acción contra os incendios, tras as realizadas nas últimas semanas en Galicia, na contorna de Manzaneda e o Parque Natural do Invernadeiro, nas que participaron máis de 200 persoas.

Apoio financeiro e material de prevención

O Plan de Acción contra os incendios de ABANCA inclúe tamén un amplo conxunto de medidas de apoio financeiro. Entre elas, unha liña de financiamento de 150 millóns de euros destinada a familias e empresas afectadas, co obxectivo de rehabilitar vivendas, repoñer maquinaria agrícola e promover a recuperación dos sectores agrícola, o forestal, o gandeiro e o vitivinícola, os máis prexudicados sen dúbida pola catástrofe.

Ademais, o plan contempla o adianto de indemnizacións de seguros e axudas públicas, así como a concesión de anticipos das axudas da PAC cun tipo de interese do 0%.

Paralelamente, destinarase un millón de euros á adquisición de materiais de prevención e atención, como drons de vixilancia e kits de emerxencia destinados aos concellos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

O voluntariado de ABANCA e Afundación protexe os solos queimados nos montes lindeiros ao Parque Natural do Invernadeiro

24-10-2025
RSC

A actividade enmárcase no Plan de Acción contra os incendios deseñado polo banco e a súa Obra Social para apoiar as zonas e comunidades afectadas pola vaga de lumes do pasado mes de agosto.

 Un grupo de 40 persoas voluntarias protexe chans queimados no Parque Natural do Invernadeiro

Un centenar de persoas voluntarias da UIE protexen chans e acuíferos afectados polos incendios en Cabeza de Manzaneda

16-10-2025
RSC

É a segunda actuación organizada por ABANCA e Afundación no marco do seu Plan de Acción contra os incendios.

Persoas voluntarias da UIE participan nunha acción de voluntariado ambiental na cabeza de Manzaneda
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .