• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Os clientes de ABANCA poden realizar todas as súas xestións sen acudir á oficina

  • A entidade financeira permite formalizar os seus produtos e servizos financeiros máis frecuentes a través da súa banca electrónica e banca móbil
  • O novo desenvolvemento incorpora solucións para particulares, autónomos e empresas e inclúe produtos de financiamento como tarxetas, préstamos persoais e hipotecarios e a liña ICO COVID-19
  • A firma a través deste canal emprega a app de ABANCA para impulsar o mellor servizo aos cliente e favorecer a máxima seguridade

Os clientes de ABANCA poden realizar todas as súas xestións sen acudir á oficina

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Firma contratos coa app de ABANCA | Firma ABANCA Firma os contratos dalgúns dos nosos produtos máis habituais sen desprazarte á túa oficina, incluso se sodes varios titulares. Serás redirixido a outro sitio web
07-05-2020
Negocio

ABANCA desenvolveu e implantou nos últimos días distintas solucións tecnolóxicas que permitiron multiplicar o seu catálogo de produtos e servizosSerás redirixido a outro sitio web contratables sen necesidade de acudir a unha oficina. Estas novas funcionalidades facilitan firmar desde casa contratos a través dos canais do banco e así dar unha resposta ás necesidades actuais. Os clientes poderán deste xeito realizar a distancia practicamente todas as súas xestións co banco, incluída a firma dos produtos que precisen sen ter que acudir a unha oficina.

Entre os produtos que xa se poden formalizar de maneira totalmente remota priorizáronse os relacionados co financiamento. Os clientes, tanto particulares como autónomos e empresas, poderán solicitar, aportar documentación, recibir unha resposta e finalmente formalizar tarxetas de crédito (tanto alta como ampliación de límite), préstamos persoais e ¬préstamos hipotecarios (con novacións, subrogacións e ampliacións). Entre as modalidades dispoñibles atópase a liña COVID-19 activada polo ICO nas últimas semanas. Ademais, poderase solicitar tamén a moratoria financeira.

Terán acceso a outros produtos tamén moi demandados como liñas de crédito (con renovacións, ampliacións e reconducións), liñas de desconto (con renovacións), liñas de avais (liñas, renovacións e avais únicos), leasing (con novacións), cedentes e os seguros de responsabilidade civil ou comercios. De maneira adicional, accederán a outros produtos ou servizos como os seguros de vida, fogar, auto, saúde e accidentes, as tarxetas de débito, a Tarifa Plana de ABANCA SegurosSerás redirixido a outro sitio web, a apertura dunha conta e tamén a contratación conxunta de conta, tarxetas e banca electrónica.

Un proceso sinxelo e rápido

A firma da contratación ou renovación de produtos a través desta nova vía que habilitou o banco en tempo récord replica a maneira na que se faría persoalmente. Este novo desenvolvemento enmárcase na vocación transformadora de ABANCA e reforza a súa estratexia dixital.

Esta modalidade de firma non presencial permite que o tratamento e as xestións se realicen coa oficina de referencia de cada cliente e así asegurar que cada cliente conta coa solución adecuada ás súas necesidades. O proceso non reviste complexidade para o cliente, que recibe unha mensaxe no seu teléfono móbil, accede á aplicación de ABANCA onde se poderá descargar a documentación contractual e lela e, cando queira, firmar cun clic. Desde o inicio ata a finalización, a tramitación lévase de maneira áxil e totalmente segura.

Este desenvolvemento afonda na liña de traballo que a entidade puxera en marcha para paliar os efectos da pandemia e da aplicación das restricións do estado de alarma. De maneira conxunta, ABANCA protexe os seus empregados e clientes ao evitar desprazamentos para realizar a súa operativa habitual.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .