• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Os voluntarios de ABANCA plantan 300 árbores autóctonas nos montes de Coruxo

  • Os traballos de reforestación realizáronse en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e a comunidade de montes veciñais

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-02-2020
RSC

O programa de voluntariado medioambiental de ABANCA ‘Traballando pola mellora do patrimonio natural’ reuniu o pasado sábado en Coruxo (Vigo) a máis de 50 persoas para realizar labores de reforestación nesa zona, que foi unha das máis afectadas pola onda de incendios de outubro de 2017 e que aínda se atopa en proceso de recuperación.

O grupo de voluntarios e voluntarias de ABANCA e Afundación conseguiu plantar en total 300 árbores que contribuirán a mellorar a situación actual deste espazo natural. Para esta acción, organizada polo banco en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e a Comunidade de Montes Veciñais de Coruxo, seleccionáronse exemplares de dez especies autóctonas. En concreto, plantáronse érbedos (Arbutus unedo), carballos (Quercus robur), cerquiños (Quercus pyrenaica), sobreiras (Quercus suber), cerdeiras (Prunus avium), bidueiros (Betula alba), castiñeiros (Castanea sativa), pradairos (Acer pseudoplatanus), ameneiros (Alnus glutinosa) e abelaneiras (Corylus avellana).

É a terceira vez que os voluntarios e voluntarias de ABANCA e Afundación desprázanse aos montes de Coruxo para realizar labores de rehabilitación forestal tras os incendios. En novembro de 2017 colaboraron na colocación dun mulching vexetal para reter a humidade e evitar a escorredura e perda de chan arrasado polo lume, e no primeiro trimestre de 2018 axudaron á recuperación do monte coa plantación de 600 árbores autóctonas.

As actividades incluídas no programa de voluntariado ambiental de ABANCA para o primeiro trimestre de 2020 continuarán o próximo 29 de febreiro cunha nova xornada de reforestación no Monte Xalo (Culleredo).

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, o banco quere conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)Serás redirixido a outro sitio web: ODS 10 ‘Redución das desigualdades’, ODS 13 ‘Acción polo clima’, ODS 14 ‘Vida submarina’e ODS 15 ‘Vida de ecosistemas terrestres’.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Fundación Bancaja inauguran a exposición ‘Compromiso coa arte. De Miró a Barceló’ en Valencia

24-04-2026
RSC

A mostra ofrece un percorrido pola arte do século XX e XXI desde as vangardas históricas ata a actualidade a través de 86 obras das coleccións de ABANCA e Fundación Bancaja de 59 artistas nacionais e internacionais.

Persoas que participaron na inauguración da exposición 'Compromiso pola arte. De Miró a Barceló' na Fundación Bancaja

ABANCA e Afundación presentan en Santiago a exposición interactiva ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’

08-04-2026
RSC

Poderá visitarse no Centro ABANCA Obra Social ata o 15 de setembro e contará cun amplo programa de visitas guiadas para público xeneral e outro específico para escolares.

Inauguración exposición ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .