• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Último fin de semana para visitar a exposición ‘Bajo el signo de Picasso’ no Museo de León

  • A selección de obras da Colección ABANCA clausúrase este domingo con gran éxito de público tras recibir 22.400 visitantes dende a súa inauguración.
  • É a primeira proposta expositiva organizada por ABANCA na cidade no marco do acordo firmado coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

11-11-2016
RSC

A exposición ‘Bajo el signo de Picasso. Vanguardias e influencias en la Colección ABANCA’ clausúrase este domingo no Museo de León tras dous meses aberta ao público nos que atraeu a 22.400 persoas, unha cifra que confirma a gran acollida que tivo a proposta entre a cidadanía e entre a crítica dende a súa inauguración o 15 de setembro.

Todos os interesados que aínda non puideron gozar desta selección de obras dos fondos artísticos do banco teñen unha última oportunidade para facelo ata o domingo no horario habitual do museo, o sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas e o domingo de 10.00 a 14.00 horas.

Para reforzar a vocación didáctica deste proxecto expositivo, o banco e o servizo didáctico do Museo de LeónSerás redirixido a outro sitio web desenvolveron de forma paralela á exposición un completo programa de actividades dirixidas especificamente a escolares. En total, 2.575 estudantes de 28 centros educativos da provincia tiveron ocasión de acercarse ás vangardas artísticas a través das 38 obras escollidas para a mostra, todas elas creacións de grandes artistas de relevancia internacional presentes na Colección ABANCA, como Picasso, Braque, Juan Gris, Salvador Dalí ou Vassily Kandinsky.

Ademais, 26 colectivos de referencia o ámbito económico, social, cultural e deportivo da cidade, como o ABANCA Ademar, a Universidad de la Experiencia, a CEL ou Asprona, puideron realizar visitas guiadas á mostra que contribuíron ao obxectivo marcado polo banco de achegar o seu patrimonio artístico a todos aqueles interesados en coñecelo e gozalo.

‘Bajo el signo de Picasso’ é a primeira proposta cultural de ABANCA na cidade dentro do convenio de colaboración firmado coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento no mes de xullo que traerá á capital leonesa varias mostras dos fondos artísticos do banco durante os próximos tres anos.

É a primeira vez que o banco presenta fóra de Galicia a súa Colección de Arte nunha exposición desta amplitude e escolleu León para facelo pola relevancia que ten este territorio para o banco. O acordo subscrito e accións como esta mostra contribúen a estreitar lazos coa sociedade e as institucións leonesas e confirman o compromiso e a implicación da entidade financeira con toda a provincia.

A Colección ABANCASerás redirixido a outro sitio web reúne máis de 1.300 obras de máis de 200 artistas de máximo nivel que ofrecen un amplo abanico de posibilidades para deseñar propostas expositivas de gran calidade e temática variada, sempre ca arte moderna e contemporánea como eixo vertebrador.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .