• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Un centenar de persoas voluntarias da UIE protexen chans e acuíferos afectados polos incendios en Cabeza de Manzaneda

  • É a segunda actuación organizada por ABANCA e Afundación no marco do seu Plan de Acción contra os incendios
Persoas voluntarias da UIE participan nunha acción de voluntariado ambiental na cabeza de Manzaneda

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Persoas voluntarias da UIE esparcen palla na cabeza de Manzaneda para protexer o chan afectado polos incendios da erosión

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Persoas voluntarias da UIE esparcen palla na cabeza de Manzaneda para protexer o chan afectado polos incendios da erosión

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-10-2025
RSC

Máis dun centenar de persoas voluntarias da comunidade educativa da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) participaron esta mañá nunha xornada de voluntariado ambiental en Cabeza de Manzaneda. A acción, organizada por ABANCA e Afundación, enmárcase dentro do Plan de Acción deseñado pola entidade bancaria para prestar o seu apoio aos colectivos afectados pola vaga de incendios do pasado verán.

O lugar escollido nesta ocasión foron as beiras do Regueiro do Rial, preto da área recreativa A Corgavela, un lugar que sufriu con severidade os efectos dos lumes.

As persoas participantes, organizadas en grupos, dedicaron os seus esforzos a repartir unha boa cantidade de palla polas beiras que flanquean o curso fluvial, utilizando a técnica coñecida como mulching. Desta forma, protéxese o chan da erosión producida tras a perda da cuberta vexetal que provocou o lume. Trátase dunha das principais actuacións a acometer despois dos incendios forestais, sobre todo en lugares con certa pendente nos que o lume actuou con severidade. Outra parte do equipo de mozos voluntarios e voluntarias traballou na colocación de acumulacións de gran de millo e centeo en lugares visibles destinados á alimentación da fauna do lugar.

Tal e como ocorreu o pasado sábado, na primeira das actuacións de voluntariado deste Plan de Acción contra os incendios impulsado por ABANCA e a súa Obra Social, a actividade contou coa colaboración do Concello de Manzaneda e do persoal técnico da Confederación Hidrográfica Miño-Sil durante os labores de planificación previas á realización da actividade, mentres que a palla e o gran empregados durante a xornada foron subministrados pola Xunta de Galicia.

Medidas Plan de Acción

Máis aló deste tipo de actividades de recuperación ambiental a pé de campo, o Plan de Acción de ABANCA contempla outra serie de medidas como a doazón dun millón de euros para a adquisición de material de vixilancia e prevención, unha liña de financiamento de 150 millóns de euros para axudar ás persoas e empresas afectadas polos lumes, o adianto das axudas da PAC a tipo 0% e a axilización do cobro das indemnizacións de seguros e axudas públicas, ademais da posta en marcha de programas de formación e investigación sobre prevención e xestión forestal.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e a Fundación Bancaja inauguran a exposición ‘Compromiso coa arte’ na Coruña

14-10-2025
RSC

O proxecto mostra 77 obras seleccionadas das coleccións de arte das dúas institucións.

Intervención de Juan Carlos Escotet Rodríguez durante a inauguración da exposición 'Compromiso coa arte'

O voluntariado de ABANCA e Afundación traballa en Manzaneda na protección de acuíferos afectados polos incendios

11-10-2025
RSC

É a primeira actividade de recuperación ambiental do Plan de Acción contra os incendios posto en marcha polo banco.

Grupo de persoas voluntarias que participaron na primeira acción de recuperación ambiental do Plan de Acción contra os incendios de ABANCA en Manzaneda
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .