ABANCA y la Deputación de Ourense hacen balance del Plan Activamos, que ya ha concedido casi 90 millones en la provincia
- La línea de impulso crediticio promovida por la entidad financiera y la administración provincial se renueva con productos a medida de familias, autónomos, pymes y administraciones ourensanos
- El banco recoge las peticiones de la Deputación de Ourense e incorpora una opción de crédito para facilitar la internacionalización de las empresas de la provincia
ABANCA y la Deputación de Ourense reeditan o seu programa conxunto de crédito, o Plan Activamos-Transforma Ourense. Esta quinta edición da iniciativa de financiamento incorpora novidades destacables para chegar a máis familias, autónomos, pemes e corporacións locais neste novo exercicio.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa; e o director territorial do banco en Ourense, Rubén Saavedra, expuxeron no Centro Cultural Marcos Valcárcel as principais liñas do plan. Entre os asistentes, destacaba un nutrido grupo de empresarios da provincia, así como representantes de diversos concellos ourensáns.
Despois da presentación, Manuel Baltar e Santiago Novoa rubricaron o novo convenio de colaboración que gaña en capacidade de impulso do desenvolvemento económico e social de Ourense e reforza a colaboración entre as dúas entidades.
Nesta ocasión, o Plan Activamos-Transforma Ourense inclúe unha nova liña dirixida a pemes e autónomos e que está especificamente deseñada para fomentar a internacionalización das empresas.
Case 90 millóns concedidos desde a súa creación
O Plan Activamos-Transforma Ourense mantén o impulso na achega de crédito ás iniciativas que se xeran na provincia. O programa formalizou desde a súa creación un total de 3.159 operacións cun importe global de 89,4 millóns de euros. Máis de nove de cada dez euros concedidos por este programa destináronse a pemes e autónomos, que supuxeron 3.031 formalizacións por un importe global de 83,4 millóns. Desta cantidade, o plan concedeu 50,4 millóns a atender as necesidades de circulante das pemes e autónomos e á creación de emprego, mentres que 33,1 millóns se destinaron a acometer novos investimentos, facilitar o emprendemento ou impulsar a mellora enerxética.
As corporacións locais tamén se beneficiaron do Plan Activamos-Transforma Ourense e formalizaron no período un total de 16 operacións por un importe total de 2,9 millóns de euros. Este financiamento reviste directamente nos veciños destes municipios grazas á posta en marcha de proxectos dirixidos a mellorar os servizos.
As liñas de financiamento para familias do Plan Activamos-Transforma Ourense permitiron a inxección de preto de 1,1 millóns de euros en crédito na provincia. As familias ourensás aproveitaron as boas condicións deste programa de créditos, principalmente, para financiar pequenas obras de mellora enerxética no fogar e actividades de formación. O importe medio destes préstamos foi de case 15.000 euros.
“Esta liña de crédito é un claro exemplo do compromiso de ABANCA coa nosa provincia, un apoio incondicional e transversal que, desde a óptica do crédito, ofrece solucións aos nosos autónomos, pemes e familias”, explicou Rubén Saavedra. “Estamos convencidos de que estes préstamos van fomentar os investimentos e o emprendemento, así como os créditos van ser o osíxeno que moitas veces necesitan as nosas empresas no seu día a día”, concluíu o director territorial de ABANCA en Ourense.
“Ourense es ABANCA y ABANCA es Ourense”, destacó Manuel Baltar en el acto de firma de este acuerdo de cooperación entre la institución provincial y la entidad bancaria, “una cooperación que permite poner este año a disposición de las familias, empresas, emprendedores, autónomos y corporaciones locales de la provincia de Ourense un total de 21 millones de euros, lo cual es un acierto; una alianza estratégica a favor del progreso y de la competitividad de Ourense que seguiremos impulsando”.
Al mismo tiempo, Manuel Baltar se refirió “a las líneas de apoyo que se ponen a disposición de empresas y autónomos para la creación de empleo, así como para la internacionalización, una de las grandes apuestas de este gobierno provincial con las empresas de Ourense, y por supuesto para las corporaciones locales”. “Es un amplio abanico de oportunidades que ABANCA pone a disposición de Ourense y seguramente se agotará esa cantidad inicial, prueba del dinamismo de las empresas y de las corporaciones locales y de la nueva etapa que están viviendo las familias, de ese esfuerzo por mejorar, de esa ambición, y esta alianza estratégica va a seguir siendo uno de los estandartes del gobierno provincial”.
Pola súa parte, Santiago Novoa resaltou o papel do Plan Activamos-Transforma Ourense como “un instrumento clave de sustentabilidade, pero tamén de rexeración do tecido produtivo da provincia”. Novoa agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense nesta liña de financiamento que “permite crear empresas tractrices da economía provincial, capaces de xerar valor engadido e traballo de calidade”.