ABANCA e a Deputación de Ourense fan balance do Plan Activamos, que xa concedeu case 90 millóns na provincia
- A liña de impulso crediticio promovida pola entidade financeira e a administración provincial renóvase con produtos á medida das familias, autónomos, pemes e administracións ourensáns
- O banco recolle as peticións da Deputación de Ourense e incorpora unha opción de crédito para facilitar a internacionalización das empresas da provincia
ABANCA e a Deputación de Ourense reeditan o seu programa conxunto de crédito, o Plan Activamos-Transforma Ourense. Esta quinta edición da iniciativa de financiamento incorpora novidades destacables para chegar a máis familias, autónomos, pemes e corporacións locais neste novo exercicio.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa; e o director territorial do banco en Ourense, Rubén Saavedra, expuxeran no Centro Cultural Marcos Valcárcel as principais liñas do plan. Entre os asistentes, destacaba un nutrido grupo de empresarios de la provincia, así como representantes de diversos concellos ourensáns.
Despois da presentación, Manuel Baltar e Santiago Novoa rubricaron o novo convenio de colaboración que gaña en capacidade de impulso do desenvolvemento económico e social de Ourense e reforza a colaboración entre as dúas entidades.
Nesta ocasión, o Plan Activamos-Transforma Ourense inclúe unha nova liña dirixida a pemes e autónomos e que está especificamente deseñada para fomentar a internacionalización das empresas.
Case 90 millóns concedidos desde a súa creación
O Plan Activamos-Transforma Ourense mantén o impulso na aportación de crédito ás iniciativas que se xeran na provincia. O programa formalizou desde a súa creación un total de 3.159 operacións cun importe global de 89,4 millóns de euros. Máis de nove de cada dez euros concedidos por este programa destináronse a pemes e autónomos, que supuxeron 3.031 formalizacións por un importe global de 83,4 millóns. Desta cantidade, o plan concedeu 50,4 millóns a atender as necesidades de circulante das pemes e autónomos e á creación de emprego, mentres que 33,1 millóns en acometer novos investimentos, facilitar o emprendemento ou impulsar a mellora enerxética.
As corporacións locais tamén beneficiáronse do Plan Activamos-Transforma Ourense e formalizaron no período un total de 16 operacións por un importe total de 2,9 millóns de euros. Este financiamento reviste directamente nos veciños destes municipios grazas á posta en marcha de proxectos dirixidos a mellorar os servizos.
As liñas de financiamento para familias do Plan Activamos-Transforma Ourense permitiron a inxección de preto de 1,1 millóns de euros en crédito na provincia. As familias ourensás aproveitaron as boas condicións deste programa de créditos, principalmente, para financiar pequenas obras de mellora enerxética no fogar e actividades de formación. O importe medio destes préstamos foi de case 15.000 euros.
“Esta liña de crédito é un claro exemplo do compromiso de ABANCA coa nosa provincia, un apoio incondicional e transversal que, desde a óptica do crédito, ofrece solucións aos nosos autónomos, pemes e familias”, explicou Rubén Saavedra. “Estamos convencidos de que estes préstamos van fomentar os investimentos e o emprendemento, así como os créditos van ser o osíxeno que moitas veces necesitan as nosas empresas no seu día a día”, concluíu o director territorial de ABANCA en Ourense.
“Ourense é ABANCA e ABANCA é Ourense”, destacou Manuel Baltar no acto de sinatura deste acordo de cooperación entre a institución provincial e a entidade bancaria, “unha cooperación que permite poñer este ano a disposición das familias, empresas, emprendedores, autónomos e corporacións locais da provincia de Ourense un total de 21 millóns de euros, o cal é un acerto; unha alianza estratéxica a prol do progreso e da competitividade de Ourense que seguiremos impulsando”.
Asemade, Manuel Baltar se referiu “ás liñas de apoio que se poñen a disposición de empresas e autónomos para a creación de emprego, así como para a internacionalización, unha das grandes apostas deste goberno provincial coas empresas de Ourense, e por suposto para as corporacións locais”. “É un amplo abano de oportunidades que ABANCA pon a disposición de Ourense e seguramente esgotarase esa cantidade inicial, proba do dinamismo das empresas e das corporacións locais e da nova etapa que están a vivir as familias, dese esforzo por mellorar, desa ambición, e esta alianza estratéxica vai seguir sendo un dos estandartes do goberno provincial”.
Pola súa parte, Santiago Novoa resaltou o papel do Plan Activamos-Transforma Ourense como “un instrumento clave de sostibilidade, pero tamén de rexeración do tecido produtivo da provincia”. Novoa agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense nesta liña de financiamento que “permite crear empresas tractrices da economía provincial, capaces de xerar valor engadido e traballo de calidade”.